Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Blog


Redacción - 14:14 26/05/2007

Música contra a depresión

Desde Irlanda, Edilberto Alonso fainos saber da entrevista que, como "modesto trovador", lle acaban de facer. Podedes lela aquí.
 
Entre outras cousas, define o seu estilo como "pop antidepresivo", anuncia a inminente publicación dun disco e avisa da súa intención de converter un dos seus últimos catro temas gravados en "canción do verán".

0 comentarios


Redacción - 22:00 25/05/2007

Até logo Gael!

Este venres despedímonos de Gael, entre outras cousas: xornalista, músico e vigués. Marcha pra terras tropicais a enredar noutros desafíos.

Snif, sorte en todo compañeiro, e carpe diem!

Podedes ver unhas fotos no flickr de Vieiros.

0 comentarios


Redacción - 17:32 25/05/2007

A violencia cos animais e a tv

Recibido na caixa de correo:

"Os medios publicos de comunicación mófanse da tortura animal

O pasado 23 de maio poidemos ver no programa Son de Estrelas da TVG, televisión pública pagada por todos os galegos e galegas, como un menor de idade utilizaba unha escopeta de balíns para disparar a un gato, baixo a mirada compracente e entre as bromas dun grupo de xente que alí se atopaba. O feito non ten nada de inxenuo, pois alguén advertía que non se gravasen as imaxes e que se tivese coidado co SEPRONA. Boa educación á que lle están transmitindo a un neno!

De pouco vale o traballo das asociacións de protección animal se os medios públicos difunden estas imaxes sen nengún tipo de crítica nen censura, e mesmo bromeando sobre a situación.

Por todo isto, a Asociación pola protección animal Abeiro vai denunciar ante o SEPRONA e ante a consellaría de Medio ambiente aos autores de acto tan detestábel, e estudará a posibilidade de facer o mesmo co programa SON DE ESTRELAS e a súa presentadora.

Inicialmente esiximos unha rectificación pública da TVG, e o cese inmediato da presentadora polo seu comportamento inadecuado, bromeando ante o feito dunha agresión tan salvaxe a un animal indefenso. Feitos tan detestábeis non poden quedar impunes, nen moito menos ser difundidos sen crítica polos medios de comunicación, moito máis grave ainda se son de titularidade pública.

Susana Romero
Asociación Abeiro"

1 comentarios


Redacción - 14:30 24/05/2007

O Gran Irmán Google?

Está Google mirando pra ti.

0 comentarios


Redacción - 12:30 24/05/2007

Algo terá que acabar pasando en Ferrol

O martes pasado contámosvos disto: en California vetan unha gaseira, malia que estará varios quilómetros lonxe da costa. Consideran que aínda así non cumpre cos requerimentos. Mentres, en Ferrol segue a loita contra a gaseira que lle meteron aos veciños a pé da casa. Do asunto fala tamén Perfecto Conde no seu blog: Croques.

"Ferrol non é California, nin San Felipe é Malibú. E moito menos o delegado gobernativo Manuel Ameixeiras é Arnold Schwarzenegger. Pero algo terá que acabar pasando en Ferrol"

0 comentarios


Redacción - 18:00 23/05/2007

Camiño de espiñas a Raxoi

O Roamobil descarrilou en días pasados.

Recomendámoslles ler no Galpón de Breogán o diario de Roa.

0 comentarios


Redacción - 12:41 18/05/2007

Sobre a "oitava cidade"

Recibido na caixa de correo:


"Hoxe lim no bemquerido Vieiros um artigo relacionado co que vos chamades oitava cidade galega, Vilagarcia de Arousa. 

 Pois é umha expressom trabucada, a oitava cidade galega e Ponferrada, e o Bierzo e umha provincia galega. Que passe nos xornais espanholistas e ultraespanholistas e normal, pero nom no nosso Vieiros, onde se debe saber moi bem que umha persoa do Bierzo e tam galega coma mim, que som de Vigo, e que Ponferrada e a oitava cidade galega. E a Ponferradina a unica equipa galega em Segunda Divissom na Liga do Estado espanhol. Um saudo patriotico"
 
                                                                                                                                                                                                                              

0 comentarios


Redacción - 17:00 15/05/2007

Xeración web: outro reforzo para o xornalismo dixital galego

Desde o ámbito da prensa tradicional, o Grupo Progreso segue o ronsel de novidades, e despois de poñer na rúa o primeiro gratuíto en galego, alumean unha interesante proposta no ámbito dixital. Xeración web está na rede desde hai uns días, integramente na nosa lingua, e con varios coñecidos do blogomillo na redacción. Parabéns e benvidos!

1 comentarios


Redacción - 21:00 10/05/2007

Open.Vieiros: que nos contas?

Aló a comezos de marzo explicabámosvos algunhas das novidades do novo Vieiros. Varias delas foron chegando nestes meses. E unha das promesas está activa desde este mesmo xoves: velaí a versión beta do Open.Vieiros.

1 comentarios


Redacción - 11:00 08/05/2007

María Mariño

Non perdan esta brincadeira ... masalládeltiempo.

0 comentarios



Flickr

Mustafa Abdülcemil, líder do tártaros de Crimea Igrexa en Foros, ao sur de Crimea / Autor: HungryForester Koktobel, ao sur de Crimea / Autor: Ruslik Kefe / Autor: dlia_4erez_v Crimea / Autor: sergey.ring Crimea / Autor: sergey.ring2 Haspra / Autor: Argenberg Antiga cidade de Chersonesos, en Akyar/Sevastopol / Autor: Argenberg Balaklava / Autor: Lyncis

Del.icio.us