Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


10:30 25/07/2008 /

A Galiza bizarra xúntase na praia de Razo

Os concertos serán o sábado e actuarán John Marvellous, Novedades Carminha, Jimenez Los Santos, Schizophrenic Housewives, Telephones Rouges, Franc3s e X-Wife.


10:00 25/07/2008 /

Acusan a varios matadoiros de coordinárense para rebentar o prezo do coello

Desde o Sindicato Labrego din que tres matadoiros negocian consigo mesmo os prezos desde hai semanas. Creouse unha "situación insostíbel" para os produtores, denuncia Unións Agrarias.


10:00 25/07/2008 /

O CCG pecha tempada salientando o éxito de público das súas actividades

Case sete mil persoas asistiron ás representacións do 'Kiosko das Almas Perdidas', do Centro Coreográfico Galego.


10:00 25/07/2008 /

Eganet suma 42 empresas e afirma a súa representatividade no sector TIC galego

Está constituída case na súa totalidade por microempresas que facturaron en total 18 millóns de euros.


09:30 25/07/2008 /

O PSdeG destaca a idea da "España plural" que non se esgota "na reivindicación da pluralidade lingüística e cultural

"Galiza conmemora hoxe a súa forma de estar no mundo", comeza o manifesto dos socialistas para esta xornada, un día onde " os galegos recoñecémonos e reafirmamos a nosa dimensión de pobo singular e diferenciado, dentro da España plural e da Europa unida".


09:30 25/07/2008 /

Galiza Nova celebra vinte anos de historia convidando ao esforzo de "sermos galegos"

A secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, defendeu a homenaxe a Castelao e Rosalía fronte a "outras ofrendas dos que renegan do idioma e do país".


09:30 25/07/2008 /

O BNG convoca a unha mobilización "masiva" baixo o lema "cremos no noso país"

O Bloque estimulara xa á súa militancia e simpatizantes nas últimas semanas, con ducias de actos por todo o país. Ás 12h polas rúas de Compostela discorrerá a habitual manifestación, co discurso do voceiro nacional, Anxo Quintana, ao remate do acto.


09:30 25/07/2008 /

No Día de Galiza, inventario de galeguismos preelectorais

Cunha longa precampaña xa lanzada, as principais formacións políticas aproveitan a xornada para insinuaren faragullas estratéxicas. Galeguismo "aberto", din defender desde o PP. Galeguismo "rigoroso e construtivo", apuntan desde o PSdeG. Desde o BNG chaman a "crer no noso país e nas nosas potencialidades".


09:30 25/07/2008 /

O PPdeG cita a Brañas e Castelao para dicir que Galiza "xa ten ampla autonomía"

"Trátase de poñer en marcha os instrumentos estatutarios e constitucionais", leu Alebrto Núñez Feijoo no manifesto oficial do PPdeG para este día, "de exercitalos con competencia e eficacia".