Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil



Soache Galicia
AFesta da nación

No Día de Galiza, inventario de galeguismos preelectorais

09:30 - Cunha longa precampaña xa lanzada, as principais formacións políticas aproveitan a xornada para insinuaren faragullas estratéxicas. Galeguismo "aberto", din defender desde o PP. Galeguismo "rigoroso e construtivo", apuntan desde o PSdeG. Desde o BNG chaman a "crer no noso país e nas nosas potencialidades".

SECTOR PESQUEIRO

A UE supedita as axudas ao desmantelamento e reestruturación da frota

19:00 24/07/2008 - Aprobáronse de xeito definitivo as axudas económicas de urxencia destinadas aos armadores para afrontar o encarecemento do gasóleo.

Milleiros de compradores afectados

Malia negalo Martinsa-Fadesa "si vendeu vivendas sen licenza"

19:00 24/07/2008 - Así o aseguran desde a Asociación de Usuarios de Bancos e Caixas, desde onde pedirán a administracións e Banco de España que obriguen as entidades financeiras a informar sobre os avais subscritos pola inmobiliaria.

LOGOTIPO

Pelegrín ás olimpíadas de Londres

17:30 24/07/2008 - Unha proposta de imaxe alternativa para os xogos olímpicos de 2012 de inconfundíbel aspecto xacobeo está a ser a máis votada nunha web.

Na XVI Edición do certame poético

"Açougue", do poeta portugués Amadeu Baptista leva o Premio Espiral Maior

19:00 24/07/2008 - O xurado valorou un traballo "de base autobiográfica" que ao tempo "ilumina un xeito de crónica colectiva, histórica, do pobo portugués e da cultura portuguesa"....

Á porta do congreso

Sectores do PSdeG renegan dos socialistas sen carné

17:15 24/07/2008 - Militantes vigueses organizan a queixa interna fronte ao crecente poder no partido dos considerados "independentes".

Crónicas desde a India (7)

Actividades altamente perigosas

11:30 24/07/2008 - O seu home quería obrigala a deixar de traballar, dado que o seu traballo implica estar todo o día nas aldeas practicando unha actividade altamente perigosa: falar coa xente. Escribe María Reimóndez,...

Cunha homenaxe a Castelao e Rosalía

Galiza Nova celebra vinte anos de historia convidando ao esforzo de "sermos galegos"

09:30 - A secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, defendeu a homenaxe a Castelao e Rosalía fronte a "outras ofrendas dos que renegan do idioma e do país".

Xogos Olímpicos

Maniféstese aquí, aquí e aquí

19:00 24/07/2008 - Beixín escolle tres parques públicos aos que se han limitar as protestas que se produzan durante as Olimpíadas.

Denuncian a existencia de "mans negras"

O conflito interno en Terra Galega terá que resolverse no xulgado

5

09:30 24/07/2008 - No caso de que a lea se prolongue na vía xudicial, o grupo liderado por Xoán Gato podería impulsar un novo partido.

A 2 semanas de comezar

O COI prohíbelle a Irak participar nas Olimpíadas

19:00 24/07/2008 - Había sete atletas preparándose para participar. O organismo internacional ratificou esta semana unha primeira prohibición que emitira o pasado mes.





Máster en lingua


BNG - Día da Patria
UIMP - Becas e Matrículas



Outros canais


PuntoGal xornal pontevedra