01:09 07/04/2008 CULTURA
Despois dos estériles intentos de eliminar el topónimo histórico de Ría de Ribadeo por parte dos sectores da Academia da Lingua Asturiana, presidida por Ana Cano, e as súas asociaciois satélites no Eo-Navia e axudados mediaticamente polas continuas campañas del xornal provinciano de La Nueva España de Uviéu, el Consello Superior Xeográfico, despois de analizar e estudiar os diversos informes presentados chegou á conclusión que el topónimo oficial será Ría de Ribadeo. A Plataforma de Defensa da Ría celebrou este feito, que lle dá completamente a razón sobre esta cuestión, despois da publicación por parte da anterior Oficina de Política Lingüística del Principado dun suposto informe, chen de inexactitudes e falto de todo rigor científico e tratando de impoer outro topónimo unilateralmente.