Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva

18:00 23/07/2008 Nova oportunidade para a integración

Vela adaptada para todas e todos

A Dirección Xeral para o Deporte e COGAMI inician xuntas unha colaboración para achegar as persoas con discapacidade aos deportes náuticos.


Para Bruno García e Estefanía Hernández

Dúas pratas galegas no Mundial Universitario de Taekwondo

En Galiza hai unha estraña forza nas artes marciais que fai que en cada competición internacional os deportistas do país gañen un metal.

A pesar da crise pola que pasa

Mouriño asegura que o Celta non vai desaparecer

Este mesma semana presentaron a súa oitava fichaxe, o dianteiro David Rodríguez, que chega cedido polo Almería.


Após o seu cuarto adestramento colectivo

O Karpin Galicia comeza a escoller na canteira

O equipo ciclista vai "probar" ao Sub 23 Marcos García na 'Vuelta a Burgos'. Ademais, o líder Mosquera vai reaparecer esta sexta feira en Ordizia.

Esta fin de semana

Sanxenxo acolle o I Torneo Internacional de Waterpolo-Praia

Perto de 300 deportistas de 20 equipos de waterpolo chegados de parte do Estado e de Portugal hanse xuntar, o 26 e 27 de xullo, na praia de Silgar.


Novidades do equipo olímpico galego

Aínda hai posibilidades para Gustavo Dacal e David Gómez

Os dous atletas lograron a marca mínima no galego para poder participar, a vindeira fin de semana, no Campionato Estatal, en Tenerife, onde podería chegar o pasaporte para Beixín.

Por primeira vez na historia

Un equipo galego chega á máxima categoría do béisbol estatal

O Coinasa Halcones de Vigo conseguiu, a pasada fin de semana, o ascenso a División de Honra logo de vencer, nos dous encontros da eliminatoria directa, ao Sevilla Red Sox.