O líder do PPdeG en Santiago de Compostela, deu unha mostra de imperdoábel torpeza este xoves diante dos micrófonos.
Poden escoitar na Cadena Ser as súas afirmacións durante unha entrevista.
Se cadra no diario oculto revelado polo Galpón podemos investigar que lle pasou pola cabeciña a este político.
Como darlle máis visibilidade á actividade xerada polas ONGs? O pasado venres fomos convidados pola Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento para reflexionar sobre o asunto. Na Facultade de C.C. da Comunicación compartimos reflexións cos asistentes e tamén con Arturo Larena, delegado da axencia EFE en Galicia. Por certo, Larena defínese a si mesmo como "xornalista ambiental" e é un dos grandes expertos a nivel estatal neste eido. Podedes saber del tamén na web Infoecologia.com. Agardamos que algún día tamén poida haber xornalistas especializados nesa área que nos bautizamos Altermundo.
Contamos hai tempo da lea xudicial que está sufrindo o Cineclube Compostela
Recomendámosvos a reflexión de Mario no Porto dos Escravos:
"Resúltame moi difícil de asumir que trinta persoas reunidas diante dun proxector, asistindo a unha copia facilitada polo propio director e sen ningún ánimo de lucro incurran nun delito que os obrigue a pagar unha multa de non escasa cuantía".
Por certo, lembrade que na rede está Un pirata para libre descarga.
Xorde unha nova edición na GZ Exterior: a xornalista María Golpe achegará desde esta semana a mirada galega sobre a actualidade da Illa Verde.
Na súa primeira crónica cóntanos da complicada formación de goberno logo dos recentes comicios lexislativos.
A pé do post anterior un lector di que Vieiros publicou poucas cousas sobre o conflito con Reganosa. Ao respecto, nós non podemos estar de acordo, xa que pensamos que fixemos un esforzo grande, considerando que os nosos recursos son moito máis cativos que os doutros medios. Estivemos en estreito contacto coa xente do Comité Cidadán e cremos que demos conta do que ía pasando con bastante rapidez.
Na hemeroteca podedes remexer e ler toda a información relacionada co tema.
Alén diso, pensamos que non só é importante mencionar o tema, senón o punto de vista desde o que se trata. E aí tamén, cando menos nós estamos satisfeitos do posicionamento de Vieiros diante do conflito.
Por certo, xa cando o primeiro gaseiro tentou a entrada, estivemos alí, a pé de lancha, coa cámara na man. Aquí podedes ver o vídeo:
Imaxe tirada da bitácora Artritis, "visión Mugardoscéntrica do universo".
Estes días unha histórica publicación humorística, El Jueves, "a revista que sae os mércores", celebra trinta anos de vida.
E falando de humor, a pé de redacción e despois da lectura nunha publicación con menos anos de historia pero con perlas cómicas impagábeis, escoitáronse algunhas gargalladas polo artigo A cría do alevín de nazi. Non perdan as alertas da autora respecto do presuntamente acubillo filoviolento que promove o Correlingua. Miramos a data, pero non, non coincidía co 1 de abril. Seica hai xente que pensa estas cousas.
A redacción de Vieiros recibiu este martes unha visita moi especial. O alumnado de sexto curso de primaria do colexio Raíña Fabiola, de Compostela, e mais o profesorado, achegouse á nosa sede da rúa do Pombal para coñecer como facemos este xornal dixital. Algúns rapaces mesmo recoñeceron a súa vocación xornalística. Non sabemos se, despois de descubrir como funciona isto, esa vocación se reforzaría ou non.
Podedes ver o vídeo aquí.
A través da bitácora O Mañanceiro reparamos nun significativo exemplo do que aconteceu en Euscadi este domingo. Lizarza: 504 persoas con dereito a voto, abstivéronse 154, 157 votaron en branco e 186 persoas meteron a papeleta de ANV, candidatura ilegalizada nesta localidade. Con só 7 votos o PP gañou os sete concelleiros.
"Aínda que todos os focos na histórica noite do 26 de maio apuntaban a Vicente , o palanador da EkipA SaFaRi viuse eclipsado pola auténtica hecatombe mediática que supuxo que o grande Ismael da Billarda perdera o título xusto no último golpexo da tempada".
Xa vos falamos da Superbowl galaica desta fin de semana, non esquezades repasar os mellores momentos en Tele-Varal.
"Outro deporte é posíbel!"