Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Coiteladas no PP

10:00 14/05/2008

Non vexo a razón pola que deba ocultalo: sigo con interese e cun certo sorriso a fraticida guerra aberta no Partido Popular. Non é que lle desexe o mal a ninguén, pero unha cura de humildade non lle vai mal a una formación que se adicou durante anos e anos a aldraxar a aqueles que discrepaban politicamente do seu proxecto. Disque todo se paga e debe de ser certo. Non hei de tirar de lista agravios porque non é o caso, pero si quixera facer algunas consideracións ante a xogada de acoso conformada ao redor de Rajoy por aqueles que hai mes e medio compartían tribuna, sorrisos e discursos con el.

A coitelada que lle acaba de dar María San Gil parece que será letal para o seu pretendido liderazgo no vindeiro congreso de Xuño. A líder vasca é un referente no PP polo seu papel en Euskadi baixo a ameaza de ETA, ela mesma se declara “filla política de Mayor Oreja” e tiña de padriño a Aznar – o único xeito de medrar no PP-. Con Oreja comparte algúns principios ideolóxicos: a loita contra ETA e contra o nacionalismo, e unha traxectoria semellante porque ningún dos dous gañou xamais unhas eleccións. Cando eran candidatos á alcaldía de Donostia volteounos Odón Elorza (PSE), e como candidatos a lehendakari só viron de lonxe a estela de Ibarretxe. Pero o PP é así: conta máis ser antinacionalista que acadar votos. E así lles vai.

No movemento de San Gil hai cousas que non encaixan: vai de valente pero aínda non deu a cara; fala o seu contorno de “diferenzas ideolóxicas” pero a ponencia é básicamente leña contra os nacionalistas e, nomeadamente, contra o PNV, do cal se deduce que hai varias frases súas; e logo faino nun momento no que saíran Acebes e Zaplana, e cando Esperanza Aguirre semellaba non ter apoios para relevar a Rajoy. Pero San Gil representa a liña máis dura da dereita. O PP vasco é o máis rancio de toda a Península, moito máis integrista que o catalán ou o galego, e iso explica a boa relación de San Gil cunha Esperanza Aguirre que agarda na sombra, co beneplácito dun Aznar que toleou políticamente e do seu vasalo Mayor Oreja.

A dereita española tivo una grande virtude no último decenio: logrou articularse policamente nunha soa opción que era o PP, mentres a esquerda tiña varias opcións (PSOE e IU), e o nacionalismo, excepto en Galicia, contaba con varias alternativas en Euskadi e Catalunya. Pero Rajoy sabe que en solitario e enfrontado aos nacionalistas ten moi complicado chegar á Moncloa, e agora quere mover o rumbo dun barco que conta con dez millóns de votos (que, por outra parte, xamais saíran tan caros). A cousa é que non toda a dereita está disposta a iso.

Manter unido ao Partido Popular vai ser moi difícil a partir de agora. Uns pretenden persistir no erro, e outros queren ciaboga. Como cura de humildade non lles vén nada mal andar a paus. Só hai unha cousa desconcertante: mentres estean así o PSOE deste novo Zapatero non ten oposición. E iso si é malo para todos.

4,46/5 (28 votos)


Comentarios (19)

casdeiro #1 14/Maio/2008 casdeiro

Moi bo, Daniel :-) Sobre todo o de que "no último decenio (...) a esquerda tiña varias opcións (PSOE e IU)". O Partido Supostamente Obreiro pero moi Español coido que hai bastante máis dun decenio que deixou de ser de esquerdas ;-D

semoncho #2 14/Maio/2008 semoncho

Vejo que nom som o único que me divirto com as leas do PP.

outrolector #3 14/Maio/2008 outrolector

>>> Só hai una cousa desconcertante: mentres estean así o PSOE deste novo Zapatero non ten oposición. E iso si é malo para todos.

Desconcertante?

Abofé que eso é malo, pero desconcertante...?

>>> vai de *balente ...

http://www.mancomun.org/
raquo-descargas/ferramentas-ling-isticas/
corrector-ortografico-e-dicionario-
separacion-por-silabas-para-openoffice.org.html

Os correctores ortográficos sonvos unha marabilla.

Carl #4 14/Maio/2008 Carl

A guerra é total, consideran a Mariano amortizado. Detrás de todo está Aznar non o dubides. Con este tema e como ex militante son optimista con información: é decir, pesimista, como contaban hoxe no El País.

outrolector #5 14/Maio/2008 outrolector

>>> andar a *paos
>>> tivo *una grande virtude
>>> (...) Marchou para Euskadi estudar Xornalismo. Logo de licenciarse...

A fomación continua évos moi necesaria.

Boas! A redacción de Vieiros é aquí non? Ola? Hai alguén por ai?

Dani-Alvarez #6 14/Maio/2008 Dani-Alvarez

Saúdos a todos/as,

desculpas polos erros ortográficos. Non teñen xustificación no meu caso.

Procurarei afinar máis a próxima vez.

Desculpas de novo,
Dani

BonKarallan #7 14/Maio/2008 BonKarallan

Parabéns Dani. Concordo. Unha proba de que San Gil é de Aznar, foi a defensa que fixo dela Ana Botella (A Hillary Clinton de España)

En nome de Vieiros e de todos os que erramos, grazas ás correccións de outrolector, que é como o Risto destas páxinas, pero sempre moi edificante.

vonMises #8 14/Maio/2008 vonMises

Parabéns Dani.

ranciadas #9 14/Maio/2008 ranciadas

Moi ben Dani, interesante artigo. Só teño unha dúbida "ciavoga" e con "v" ou con "b"?

E que pasou co militante do PP que foi nas listas de Lasarte que colleron en Donostia facendo pintadas contra Odón Elorza e o PNV? Os popularras están un pouquiño saídiños do guión da democracia.

ecoe #10 14/Maio/2008 ecoe

Pois tranquilidade: habendo PRISOE, sempre quedará dereita!

E outros poñan ollo!

Ghaviotero #11 14/Maio/2008 Ghaviotero

Gosto de ler os teus artigos, Dani, porque eu tamén vivo no País Basco. A verdade e que coincido totalmente contigo en que "o PP vasco é o máis rancio de toda a Península, moito máis integrista que o catalán ou o galego", aínda que hoxe en día, dende a marcha de Piqué, o PPC de Sirera vai nesa dirección.

O bon disto: que o PP non vai gobernar nunca en Euskadi ou Cataluña. Tamén é bon porque se seguen así UPyD (mesmas ideas pero máis listos que o PP) caerá.

O malo: que o PP concentra toda a dereita dereitosa de Ejpaña, que é moita, e o nacionalismo español (que non "non-nacionalismo") é o que vertebra ao partido.

Un saúdo

Barcelos #12 14/Maio/2008 Barcelos

Non sei a que espera Rajoy para dimitir, porque esta marcha aparente dos fascistas do partido: Areces, Zaplana, San Gil é unha manobra para dar un golpe de estado interno e situarse na dereita extrema, con Aznar manexando os fíos desde a sombra.

E ollo a Ana Botella, que vai de caladiña pero a vai a armar nese partido tan partido.

Paraben Dani e grazas por sacar este tema.

sophia #13 15/Maio/2008 sophia

Xa lle gustaría á fatxa da Botella ser coma Hillary...

BonKarallan #14 15/Maio/2008 BonKarallan

http://www.vieiros.com/nova/66...

Logo destas declaracións, non sei quen será máis fatxa

sophia #15 15/Maio/2008 sophia

que forte, non coñecía esas declaracións, quería dicir que Hillary Rodham non se pode comparar con Ana Botella porque era unha muller moito máis intelixente que o propio Clinton e que, segundo dicían gañaba moita máis pasta ca el antes de ser el presidente, non comparable con Anita Botella que vai de muller de, é a típica muller de político de dereitas. Ana Botella nunca foi de caladiña, polo demáis non me interesa o máis mínimo, as mullers de dereitas son un lastre para o avance do feminismo, xa sexa San Gil ou Botella ou o foro da familia.

sophia #16 15/Maio/2008 sophia

Aínda que supoño que, dentro das súas limitacións, Ana Botella é moito máis intelixente que Aznar, pero claro, iso non é moi difícil.

Chardella #17 16/Maio/2008 Chardella

Moi bo Sophia. Aínda lembro abraiado aquel mítico discurso de Aznar dicindo aquilo de canto lle gustaban os nenos. Veño de buscalo polo youtube pero non o hai. Mágoa. Exemplo brillante do que era Aznar sen un discurso escrito. Polo menos a Botella con aquilo das mazás e as peras fixo un tropos absolutamente orixinal e arriscado. De nobres é recoñecelo.

Chardella #18 16/Maio/2008 Chardella

Atopeino! Marabillosa mente a que está detrás de tanta coherencia na sintaxe. Déixovos xa co xenio:

http://www.losgenoveses.net/az...

Me gustan mucho los niños, me gustaría haber tenido más y me gusta que la gente tenga niños; es muy importante saber que en España nacen muy pocos niños ahora, tienen que nacer más. No podemos seguir con una demografía tan baja, cada vez con menos niños, cada vez con menos escuelas porque no hay niños que vayan a las escuelas. Antes teníamos problemas para que los niños fueran a las escuelas, porque no teníamos suficientes escuelas y ahora tenemos demasiadas escuelas y nos faltan niños". ( Reunión con representantes de ONG. Palacio de la Moncloa 4.5.98)

Barcelos #19 19/Maio/2008 Barcelos

Pensei que Aznar secuestrara esta páxina, porque desapareceu durante uns días sen ningunha explicación. Alégrome de que volva e con todos os seus comentarios.

Teño curiosidade por saber o que pensa Gaviotero.

A quen quere máis ao pepé ou a papá? A Rajoy ou a Aznar? A Aguirre ou a Gallardón?

Ser do PP ou non ser. This is the question.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dani Álvarez

Dani Álvarez

Naceu nas Pontes en 1977. Marchou para Euskadi estudar Xornalismo. Logo de licenciarse, comezou a traballar en Radio Euskadi. Na actualidade dirixe o programa radiofónico "Ganbara", de información xeral e debate. Canda Xabier Lapitz coordinou o libro "Proceso de paz en Euskadi. 20 voces por la normalización".