Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


¿E os cartos?

14:03 10/10/2007

Plano bucodental para que os nenos e nenas poidan recibir atención gratuita dos dentistas no Sergas. Resposta do PP: ¿De onde van saír os cartos? Plano de vivenda para que se constrúan máis pisos de protección oficial e así a xente nova poida optar a unha vivenda en propiedade ou aluguer lonxe dun mercado libre letal e depredador para unha (quen sabe se máis) xeración de xentes, quizáis as mellor preparadas da nosa historia, prisioneiras da especulación durante trinta ou corenta anos. Resposta do PP: ¿De onde van saír os cartos?

Mil soldados do exército español máis para Afganistán. Resposta do PP: Digan vostedes que están nunha misión de guerra e non humanitaria. Un valado de seis metros nas fronteiras de Ceuta e Melilla para que os parias do século XXI non poidan traballar na España dos dereitos constitucionais. Resposta do PP: fan falla outros tres metros. Escáneres e rádares de alta definición e visión nocturna, ademáis de embarcacións último modelo para interceptar a chegada de inmigrantes vía marítima ás costas andaluzas ou canarias. Resposta do PP: iso é o efecto chamada.

A esquerda ten un problema de comunicación en Galicia e en España: sempre van a rebufo dos debates que propón a dereita. Hoxe son o Rei e as bandeiras, mañá xa terán outro xoguete. Nunca BNG e PSOE son capaces de liderar os debates. Aquí ninguén cuestiona que os centos de millóns que se gastan en deter a inmigración “ilegal” ou en mercar armamento último modelo precisan cartos dos fondos públicos. Amigo, pero se se trata de ofertar dereitos para máis persoas, entón está en perigo o equilibrio presupostario, o superávit e corremos o risco de pagar máis impostos.

A debilidade argumental da esquerda contrasta coa súa capacidade de efectuar reformas. Outro exemplo: la Lei contra a Violencia de Xénero foi a primeira que aprobou Zapatero, con unanimidade a pesar de que ao PP non lle gostaba votar xunto co PSOE. Pois ben, a dereita encargouse de propagar que esa lei é ineficaz porque seguen morrendo mulleres asasinadas polos seus compañeiros. Ben, a ningún dirixente do Goberno español se lle ocorre replicar que xa hai unha lei que prohibe os roubos e aínda así hai quen segue roubando. Falla a lei? Non.

O Conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal (BNG), sinala que a campaña antiincendios deste ano sáldase cunha reducción de hectáreas queimadas do 90% se o comparamos co periodo 1997-2005. ¿Alguén o sabía? Pois iso.

4,38/5 (13 votos)


Comentarios (5)

ecoe #1 10/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os cartos poden tirarse das bulsas axeitadamente mantidas ocultas a/por/desde a Facenda Pública.

Tamén de incrementar os impostos (tipo) do patrimonio de mercancía e máis de cartos, porteñan ou non a sociedades, tras de quen sempre están as persoas PROPIETARIAS OU ACCIONISTAS.

E desde logo dos ouros, 350€, que pomos cada ano para un exército colonialista, imperialista e golpista contra a propia población.

Tamén de tódalas SUBVENCIÓNS a EMPRESAS ( por tanto a EMPRESARIOS), que supón un contínuo TRANSVASE de cartos de

Mais pode seguir o listado de embolsamentos convenentemente ocultos

ecoe #2 10/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Disimulen.

Tamén de tódalas SUBVENCIÓNS a EMPRESAS ( por tanto a EMPRESARIOS), que supón un contínuo TRANSVASE de cartos de QUENES MENOS TEMOS NA SOCIEDADE (Traballadores) HACIA QUENES MÁIS TEÑEN (EMPRESARIADO).

sozinho #3 10/Outubro/2007 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei, eu interprétoo distinto. O PP fai labor de oposición, sen máis. Incluso nalgún exemplo que pós é oposición construtiva (guerra en Afganistán, efecto chamada, muro de Ceuta e Melilla...). Un PSOE sen críticas (incluídas algunhas do PP), sería atroz. Hai que asumi-las críticas, iso non implica cambio de goberno ou demisión automática. Niso Suárez Canal pode dar exemplo.
Por certo, co tema dos incendios saía unha nova neste mesmo medio dicindo que en Portugal se dera a cifra máis baixa dende que hai rexistro. Igual que en Galicia. Fai ben en non ser triunfalista, Suárez Canal. E fixéronse mellor algunhas cousas, pero sobre todo no ámbito xudicial. Non obstante o fundamental foi a chuvia, como o propio conselleiro recoñece. Con todo, o problema é tan grave que o aplaudo, pero que non nos falle!
Saúdos

deLis #4 10/Outubro/2007 deLis
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo com o Sozinho, mas há muitos modos de fazer oposiçom. Em qualquer caso, existem multidom de fórmulas para orçamentar programas sempre que exista umha vontade política de integrar algo que os próprios políticos teimam em ocultar ou ignorar: a auto-gestom e os pulos criativos/produtivos das sociedades avançadas (aquelas que minimamente conseguiram cobrir as necessidades mínimas). Em troques, parece que os políticos têm umha especial necessidade de dotar qualquer iniciativa de dinheiro público mediante o qual vam exercer umha espécie de controle polo económico que, ao fim, faz dependente esse pulo da vontade administrativa, em último termo. E assim nos vai

leituga #5 17/Outubro/2007 leituga
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Directamente eu diría que o PP non fai oposición, o seu é a negativa por sistema, sen comparar a actualidade co que fixeron eles (xa sabemos que o da memoria histórica non é o seu forte).

Cambiando de tema, alédome de que tamén andes por estes lares. Es multimedia!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dani Álvarez

Dani Álvarez

Naceu nas Pontes en 1977. Marchou para Euskadi estudar Xornalismo. Logo de licenciarse, comezou a traballar en Radio Euskadi. Na actualidade dirixe o programa radiofónico "Ganbara", de información xeral e debate. Canda Xabier Lapitz coordinou o libro "Proceso de paz en Euskadi. 20 voces por la normalización".