Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Denuncian a existencia de "mans negras"

O conflito interno en Terra Galega terá que resolverse no xulgado

No caso de que a lea se prolongue na vía xudicial, o grupo liderado por Xoán Gato podería impulsar un novo partido.

Redacción - 09:30 24/07/2008

O anterior coordinador xeral de Terra Galega, e tamén alcalde de Narón, Xoan Gato, informou este mércores da presentación dunha iniciativa xudicial na que representantes do partido de Narón, Valdoviño, Cabanas e Neda, reclaman que se "impugnen" os acordos "adoptados ilegalmente baseándose en ilegais convocatorias" no recente congreso da formación.

Acusan a un grupo "de non máis de 10 persoas" de poñer en perigo a continuidade da que insisten en que podería ser "a cuarta vía" da política galega. Xoán Gato teimou ademais en denunciar a existencia de "mans negras" por tras do acontecido coa fin de parar o obxectivo de que TeGa acudise ás próximas eleccións galegas, logo de saír das municipais con 36 mil votos, 66 concelleiros e cinco alcaldes.

No entanto, a chegada do conflito á vía xudicial podería estender no tempo a liorta interna, polo que Gato insinuou a posibilidade de iniciar de inmediato contactos con outras forzas "para crear unha grande coalición galega" coa que acudir aos vindeiros comicios autonómicos. Con todo, o rexedor naronés confía en que os xulgados lle dean a razón e asegura que a impugnación chega avalada polo 90% dos membros de Terra Galega, "a maioría social" da formación.


5/5 (3 votos)

Comentarios (6)

Dogma #1 24/Xullo/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lastima... Sempre pasa o mesmo e a visperas das eleccións... "MAN NEGRA" pois claro, dos que son infiltrados do PP de sempre e que buscan ter poder para pactar co PP e seguir pillando o maximo posible, eu de feito pasaría deles, non os queren nen no PP e será por algo.

Outro #2 24/Xullo/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A verdade é que é unha magoa pero non debemos buscar só infiltrados resentidos do PP. Non nos enganemos, a calquera dos tres partidos lles interesa que Terra Galega se desfaga. Ao PP porque lle pode roubar votos dos galeguistas, ao PSOE porque lle pode roubar votos descontentos do goberno do Estado e da Xunta e ao Bloque porque quere ter a exclusiva do nacionalismo galego para facer del o que máis lle conveña non aos intereses do país senón aos dos seus dirixentes, ben acomodados nos seus coches oficiais. Por todo isto, é máis necesario c nunca que TEGA saia adiante, ¿Quen senón vai reivindicar os dereitos do noso pobo diante do poder Estatal? O BNG que se vendeu no caso Magdalena Álvarez por unhas migallas para a Consellería do Vicepresidente?
Un consello á xente seria de TEGA, se non sodes quen de vos desfacer de impresentables coma Padín, Tobía e outras malas herbas, mellor seguide adiante pola vosa conta e deixádeos continuar coa súa conspiración dos resentidos xunto a Corcoba ou Carlos Marcos, exemplos claros de fracasados políticos aos que xa ninguén quere.

roixordo #3 24/Xullo/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Señor Gato, o que se deita con nenos...mexado se ergue

Enterran_semente #4 24/Xullo/2008 Enterran_semente
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#2 hai 5 horas e 21 minutos Outro

Supoño que sera de coña o de que se falta TeGa, "¿Quen senón vai reivindicar os dereitos do noso pobo diante do poder Estatal?",
porque a min custame creelo... e o de que o BNG se vendeu pareceme todo o contrario demostrou que tiña poder para decidir e aprobeitarse dos problemas do estado para carrexar para Galiza...

LANS #5 24/Xullo/2008 LANS
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu, na vida votaría a TeGa pois son de esquerdas, mais coido interesantísimo e necesario a existencia dun partido nacionalista de centro-direita sen as ataduras ideolóxicas do PP e en confrontación con toda esa morralla bilingüe.

Outro #6 28/Xullo/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A verdade é que o de defender os deretos dos galegos fronte ó poder estatal ía moi en serio. Eu, votante do Bloque nas autonómicas e incluso co nariz tapado nas últimas xerais, síntome estafado por uns señoritos que nada máis chegaren ao poder esqueceron todo o que predicaban con anterioridade para aburguesarse nos seus coches oficiais aos que xa non pensan renunciar ainda que pra iso teñan que vender a súa alma ao mesmo diaño, é dicir, a un PSOE galego sumiso a Madrid que arrastrou consigo aos antes exaltados bestidos de pana e agora mansiños encorbatados do BNG. Galiza non merecía que a traizoasen unha vez máis e menos quen se erixía no seu máximo defensor. Agardo sinceramente que TEGA saia fortalecída desta crise e que soltado o lastre dos trepas (Tobío) e dos caciques (Padín) se converta nunha verdadeira alternativa para o noso país, senón a ver a quen habemos votar os nacionalistas decentes que ainda quedamos neste país? a un BNG sumiso e cacique, ou ao españolismo rancio de "peperos" e "socilistas"? Non me resigno a tal, nin a un nin a outros, Galiza non o merece.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete