Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRÓNICA DUNHA HISTORIA DE DESAVINZAS

Pero, houbo algunha vez unha 'man negra' no centro nacionalista?

En 1987 Coalición Galega sufría unha escisión que acabaría co soño de Franqueira, 21 anos despois estoura a crise en Terra Galega.

Ramón Vilar - 12:40 10/07/2008

Os amigos das cábalas políticas poderían buscar estrañas coincidencias no chamado “centro nacionalista”. Como se dunha maldición se tratase, os intentos de manter no tempo unha alternativa destas características sempre fracasaron. Ao igual que ocorreu en Coalición Galega (CG), tres anos despois da súa fundación comeza unha auténtica guerra civil no seo de Terra Galega, unha formación que foi quen de xuntar coma nun crebacabezas o que quedaba da vella CG, do Centro Democrático Independente (CDI) e de diversas agrupacións independentes espalladas polo país.

Máis aló de que antigos dirixentes “coagas” como Pablo Padín e Xosé Posada sexan tamén protagonistas desta batalla (cada un en distinto bando), a crise de Terra Galega ten diferenzas claras con respecto á que viviu CG a finais de 1986. Daquela a organización ficou esgazada en dúas partes: un sector de centrodereita autonomista que quedou coas siglas e onde estaban militantes como Padín ou Posada e outro de corte máis nacionalista e partidario de pactar co PSdeG de González Laxe. Estes últimos, encabezados por Pablo González Mariñas e Xosé Henrique Rodríguez Peña, fundan o Partido Nacionalista Galego en xaneiro de 1987. Dous anos despois, tanto CG como o PNG sufrirán un desastre electoral. Mentres os primeiros comezaban unha travesía no deserto da que xa non serían quen de saír, os últimos optaron por integrarse no BNG.

Este martes o alcalde de Narón, Xoán Gato, volvía falar de contubernios que impedían a saída adiante do centro nacionalista. Logo de acusar ao presidente do partido, Pablo Padín, de ter “secuestrada” a formación deixou caer que existía unha “man negra” interesada en que non prosperase o proxecto. Iso mesmo pensaron moitos cando Coalición Galega se esfarelaba pouco despois de emborracharse cos resultados de 1985, que a converteron na terceira forza galega.

Unha formación desunida e sen un “corpus ideolóxico”
Xoán Gato e Pablo Padín fundaron en 2005 Terra Galega. A organización era a casa refuxio do denominado “sindicato de cabreados”. Moitos ex dirixentes locais do PPdeG abrazaron as siglas de TeGa ao ver como eran relegados ou directamente excluídos das listas 'populares'.

Seguindo o ronsel de Coalición Galega, a idea era apuntalar a organización nas municipais e posteriormente aspirar a entrar no Parlamento para converterse nunha forza chave para o Goberno. Pero TeGa era un proxecto excesivamente localista e cunha liña ideolóxica máis que difusa. Algún militante, con experiencia neste tipo de aventuras, comentaba en privado que era un milagre crear un partido nacionalista sen unha base nacionalista. En TeGa confluían uns poucos con vontade de crear unha organización forte e uns moitos que precisaban dun simple paraugas electoral para presentarse á alcaldía do seu concello.

Un exemplo dos diferentes periplos ideolóxicos eran os dous principais líderes. O presidente, o adegueiro Pablo Padín, é un dos homes escollidos por Euloxio Franqueira en 1983 para erguer o proxecto de Coalición Galega en Pontevedra. Padín, ao igual que moitos “coagas”, procedía da dereita estatal que representaba a UCD. Pola súa parte, Gato, antigo traballador de Astano, abrazara xa na década dos setenta as ideas da esquerda nacionalista. Da man do PSG-EG, chegou a alcaldía de Narón en 1985. Aínda que moitos dos seus compañeiros optaron por entrar no BNG, Gato preferiu a aventura política en clave exclusivamente local e fundou Unidade por Narón.

Vocación nacional ou provincial?
Pero as contas tamén eran en principio outras. Veteranos da política municipal como Manuel Andrade (Carballo) ou Roberto González (Ordes), que nos anos 80 e 90 tiveran destacados papeis no PP coruñés, sabían que a unión das numerosas e heterodoxas organizacións independentes podía dar un pase para a Deputación da Coruña. Este era un dos obxectivos prioritarios de Terra Galega ao nacer hai tres anos: entrar en 2007 na institución provincial. Os cálculos estaban botados, Andrade traballou a eito a Costa da Morte para organizar listas de TeGa, González a comarca de Ordes e Xoán Gato intentou facer un bastión electoral en Ferrolterra. A pesar de que as eleccións deron alcaldes en Narón, Neda e Valdoviño e 46 concelleiros por toda a circunscrición provincial a arelada representación provincial non chegou.

Mais a crise interna chega á hora de dar o salto á política galega, para o que tamén se quere contar cos restos do Partido Galeguista. A atmosfera interna comeza a facerse irrespirábel dende a primavera, cando comezan as negociacións co Partido Galeguista. Quen pilota a aventura? Gato, como candidato municipal máis votado da formación, quere liderar TeGa nas eleccións ao Parlamento, pero Padín tamén quere ser o home forte de TeGa, para iso afortala a militancia (infla, segundo os seus rivais) no seu territorio. Pontevedra, que só ten dous dos 69 concelleiros da organización, convértese polo aumento de militancia nunha provincia decisiva de cara o congreso deste sábado.

Agora os tribunais deberán decidir se hai irregularidades na convocatoria do congreso, tal e como denuncia Gato. Mentres tanto, as navallas voan. Gato acusa a Padín de querer “vender” o partido e este retrúcalle que o seu problema é pensar que Galiza é un Narón en grande. Nin rastro de discusión ideolóxica. Ese non é o problema. E é que á marxe de 'mans negras' e de teorías da conspiración, o centro nacionalista demostrou no último cuarto de século que é imposíbel que dure no tempo unha doutrina con moitos bispos pero con pouca fe nas propias ideas.


4,32/5 (19 votos)

Comentarios (27)

xoanp #1 10/Xullo/2008 xoanp
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Penso que as aspas no titular estarían mellor colocadas en "centro nacionalista"

Tino #2 10/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O q mal comeza pior acaba.

Anti_Lusista #3 10/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É de risa, pensar que é o BNG o que mais medo lle ten a formación doutro partido nacionalista, aínda que sexa nominalmente, é de traca. Vieiros levades instigando contra TEGA dende fai tempo, e en certas cousas estou dacordo, pero noutras pareceme de risa. Moitas das vosas informacións, o de Cacharro por exemplo, amosáronse logo falsas.

Ollade o que pasa en Cataluña, hai nacionalismo de esquerdas e dereitas, así se constrúe un país, coido que soamente co BNG o choio non é nada doado.

Carbalho #4 10/Xullo/2008 Carbalho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#3 Aínda que eu sexa de esquerdas, non vería mal unha formación política nacionalista de centro-dereita. A mágoa é que a xente que está aí, a maioría, cando menos a que eu coñezo na miña bisbarra de Bergantiños, ten de nacionalista o que eu de cura. Ese é o problema.

Roi_Batti #5 10/Xullo/2008 Roi_Batti
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver se vos enterades (isto vai para os esquerdistas baratos que soñan con enfrontarse a un PNV ou CiU á galega):
NON VAI HABER UN PARTIDO NACIONALISTA DE (CENTRO) DEREITA

E PORQUE?

porque un partido de (centro)dereita representa aos intereses dunha burguesía galega, PERO non hai burguesía galega.

E porque non hai burguesía galega?

Porque a burguesía galega só pode nacer da acumulación do capital produto da plusvalía xerada pola clase traballadora, PERO as principais empresas en Galiza son estranxeiras e a plusvalía que xera vai fóra (por iso somos unha colonia) polo que non vai aparecer unha burguesía como clase social en moito tempo. Polo tanto, tampouco vai haber un partido de (centro) dereita.
O resto son delirios.

martin32 #6 10/Xullo/2008 martin32
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

TEDES UN ARTICULISTA EN VIEIROS QUE DEBERIA SER PARTE DO FUTURO SERIO DESTO E DEIXAR O PP

Anti_Lusista #7 10/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Roi eses argumentos teóricos do comunismo non convencen nada, por certo argumentos que case que xa nin sequera utilizan eles. Home se os Jove, Amancio Ortega, Perez Rumbao e demais non son burguesía... coido que mortos de fame non son. Outra cousa e que non haxa tanta coma en Cataluña ou o País Vasco.

edicions #8 10/Xullo/2008 edicions
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#5, roi... a ver hombre, os que non nos enteramos somos moi burros... claro... CIU e PNV que son os partidos maioritarios e casi hexemonicos no rural de Catalunya e Euskadi, tenhen a sua base de votantes na burguesia autoctona.
Eu estou delirando seguido cando vexo que a maioria social neste pais ten ideas de centro dereita e unha notabel conciencia de pais... por iso creo que um partido de centro nacionalista ten un grande futuro, pero claro... son un esquerdista barato...
a ver se temos um pouco de sentido ho

bainha #9 10/Xullo/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non fai falta crear un partido de centro nacionalista, porque o BNG camiña cara iso. Senon vede as alianzas estratéxicas que se están a montar co tema do concurso das eólicas controlado polo conselleiro de industria do BNG. Aí ésta Jacinto Rey (Construcciones San José) aliado de Jove (FADESA,...). Pois ese Jacinto Rey xa entrou pola parte de atrás do semanario nacionalista A NOSA TERRA hai un ano e pasou a controlar máis do 50% das accións. E os accionistas-militantes desde o 78 con cara de parvos quedaron. Por certo un tal Victorino Núñez (acórdadevos del) entrou no Consello de administración dese semanario.
Pois agora co tema das eólicas, o multimillonario concurso de 2000 autoxeradores, e outras alianzas que se están a montar desde a Consellería de marras, tamén con ENCE para montar a papeleira,... estase a formar unha pelota capitalista "autóctona" que debe servir de base ao proxecto Quin-UPG de "centrar" ao BNG.
De todas maneiras, teñen dous factores en contra:
1º/ A estabilidade/fiabilidade/lealtade dos aliados capitalistas sin contraprestacións que manden po carallo todo o invento.
2º/ A reacción da militancia do BNG, neste momento calada e desinformada totalmente do que está pasando, a non ser pola prensa, pois todo o que se está a montar non pasa nin pola executiva nin pola Dirección Nacional; todo se decíde en petit-comité.
E como di Francisco Rodríguez: Xa está ben de lerias, agora todos a traballar para o 25 de Xullo. Punto.

Anti_Lusista #10 10/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

bainha, de verdade que Victorino Nuñez está no choio ise? Mi ma eu tamén quedaría con cara de parvo.

GalizaEmGalego #11 10/Xullo/2008 GalizaEmGalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

para que crear um partido assim se ja temos o BNG.

Gaviotero #12 10/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lo que no tiene el centro nacionalista es votantes. Por eso desaparece...por más que algunos intenten resucitarlo para ver si así se cargan al PP. Pero va a ser que no...

pedrochosco #13 10/Xullo/2008 pedrochosco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se ese centro se consagra, polo menos vaille cortar unha ala a gaivota,e xa estan a tremar¡¡

teixugo #14 10/Xullo/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dizer que não há burguesia galega, parv... qualquer pequeno lavrego, com dous ferrados de terra é um empresario. É a sua mentalidDADE. E ainda VO-LO DOU mais masticado, o voto vale igual tenha, coma E. Aguirre MILES DE milhões DE € ou quatro patacos.

COalição Galega ao poder.

E PARA O MOINANTE #12: NINHADA DE RATOS, O DIA QUE O POVO PERCEVA O QUE ESTOU A DIZER: CASTELHANOS WILL GO HOME.

Anti_Lusista #15 10/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Amancio Ortega mendigo supoño...

ANGR #16 10/Xullo/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mas, a sério, ainda pode alguém pensar que o Amancio Ortega é realmente burguesia galega?
De seres assim, gostaria muito de uma explicação. Obrigado.

Anti_Lusista #17 10/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home en Uzbekistan parece que non vive.

ANGR #18 11/Xullo/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na minha opinião o Amancio Ortega é burguês e vive na Galiza. Isto é uma cousa. Outra diferente seria dizer que o tal dono de Inditex faz parte de um projecto burguês autóctone, com visão de PAIS e compromisso com o desenvolvimento duma economia burguesa como tal na Galiza -isto é, lutando pela criação duma economia central, não dependente, nem muito menos periférica-.
De não concordar com isto, poderíamos dizer também que Amancio Ortega é burguesia marroquina, mexicana, chinesa ou de qualquer outro lugar onde o monstro têxtil possua fábricas ou subcontratas.

Alberto #19 11/Xullo/2008 Alberto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#9 ben falado Bainha!

Anti_Lusista #20 11/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ANGR en primeiro lugar hai que ter en conta unha cousa, o capital non ten país, se nos guiamos por ise razonamento non existe burguesía en ningures. Xente coma os Perez Rumbao, Amancio Ortega, ou a familia que hoxe controla a cooperativa Coren, non lembro o nome concreto, están a dar moitos postos de traballo no país, do mesmo xeito que sociedades como Cabreiroá, ou bancos coma Caixanova ou Caixa Galicia. Outra cousa e que non sexan precisamente nacionalistas, un empresario case que nunca vai ser de esquerda, agás Polanco e porque eralle beneficioso.

De tódolos xeitos algunhas veces o empresariado galego xunta forzas, lembremos como lle deron nos fuciños a Cortefiel para que non collera a Adolfo Domínguez, os casteláns case que lles chamaron nacionalistas por fracar a operación. Non pasa a cotío, pero as veces pasa.

Por certo isto foi o que atopei na páxina de TEGA, http://www.terragalega.eu/nova..., incluso publicaron o comentario de Asterix, parece que el segue a liña oficial marcada por Xan Gato.

galeguzo #21 11/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A única alternativa política séria neste país é o absentismo :-D

Sr_J #22 11/Xullo/2008 Sr_J
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

(antes de nada, desculpade a acentuazom e a mala ortografia, estou a escrever com um teclado raro e nom atopo nos simbolos)

Primeiro, que eu saiva Amancio Ortega nom e galego, portanto malamente podera ser um burgues galego.

Em segundo lugar, o Ortega da moitos postos de trabalho no pais, si, mas nom tantos como noutros paises. Portanto, antes que burgues galego sera de outro sitio.

Terceiro, Citroen tamem da moito choio na GZ... hai que considera-la umha empresa galega? Sente como proprios os interesses galegos, ou mais bem os da Franza? Acho que isto se contesta so.

Quarto, os interesses da burguesia galega esta a defende-los o BNG. Que essa burguesia nom seja quem de ve-lo, por ignorancia e prejuizos, e outro cantar. As persoas nom votam segundo o que lhes convem.

Enfim... aqui nom vai haver em moito tempo um partido nacionalista confesamente de direita ou de centro (pode que o seja o BNG, mas nom o admitira polo de agora... claro que se lhe damos tempo ao Quin, todo pode ser). Mas nom porque nom represente os interesses da burguesia galega, senom porque esta burguesia nom tem nem umha miga de confianza no pais, por isso votara sempre partidos espanholeiros. O seu comportamento eleitoral pouco tem a ver com os seus interesses objectivos. A menos que haja um gigantesco cambio de mentalidade... e isso leva tempo.

ANGR #23 11/Xullo/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Anti_Lusista, dizer que o capital não tem pais é, quando menos, arriscado. Eu argumento que capital e pais foram e são inseparáveis:

1º/ Na formação primeira do capitalismo industrial, do que a Inglaterra é exemplo paradigmático, tornou-se imprescindível uma visão de pais que permitira articular os diversos avanços e esforços técnico-industriais numa única direcção: A conformação dum estado capitalista moderno. Para isto exige-se um estado a agir como para chuvas da sua burguesia, beneficiando-a, articulando-a etc. Prova disto são as diversas medidas proteccionistas adoptadas pelos diversos estados na fase de formação do capitalismo.

2º/ É evidente que a evolução do capitalismo nos últimos 200 anos acabou por conduzir à uma fase de mundialização que, a propósito, já fora prevista por Marx. Isto só significa que os estados ficam pequenos para o capital a partires da década dos 60 do século XX. Mas -e isto é o importante- continuam a existir pactos e alianças entre a burguesia dum dado pais para se ajudar reciprocamente em maus tempos e, sobre tudo, continua a haver forte intervenção estatal para ajudar às empresas nacionais em maus tempos. Em fim, mercado livre quando tudo vai bem e ganhamos seguro mas, quando em Etiópia montam uma cooperativa de polos a ameaçar o domínio ianque no sector, então o conto do mercado livre melhor esquecê-lo.


Assim funciona o capitalismo. Acontece isto na Galiza? Contribui o Amancio Ortega para que na Galiza ocorra algo semelhante?

Anti_Lusista #24 11/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A verdade e que non estou dacordo, pero cando dicia co capital non ten país referíame sobre todo a que o capital procura ir por onde mellor lle vai, a vaquiña polo que vale como se dicía antigamente. Exemplo as fabricas de automoviles, estan a pechar todas na Europa occidental e marchan todas cara o leste, inclusive nos propios países de onde son orixinariasesas fábricas, Francia ou Alemaña por exemplo.

Que sería desexabel que as empresas galegas contribuíran mais no desenvolvemento do pais, pois sí é unha verdade coma un templo, pero non por iso deixan de ser galegas. Pero e que isto non soamente pasa na Galiza ho, pasa en moiotos outros sitios.

O problema e que non temos tanta empresa coma teñen Valencia ou Cataluña, pero ise é un problema secular. Na miña cidade, Ourense, o único que hai case é funcionariado, e pequeno comercio, mais nada, outra cousa e Vigo ou A Coruña.

ANGR #25 11/Xullo/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sinto-o, mas continuo a não concordar Anti_Lusista:

1º/ Que a muitas empresas lhes interesse aproveitar-se da mão de obra barata que podem explorar em países do sudeste asiático é uma cousa, mas eu não vejo que Microsoft deixe de ser uma empresa dos EUA por isso em tanto que as operações financeiras que ela pode desenvolver nestes países amiúde se caracterizam pela sua volatilidade: Hoje estou aqui, amanhã não me compensa. No sector concreto da indústria do auto móbil há que dizer que se deu uma diversificação enorme da produção, produzindo as diversas peças dos autos nos países em que menor custe precisem inverter. Agora, quando a Citröen tenha problemas, de onde vai marchar primeiro? Da França ou de Vigo?

2º/ Há três tipos de empresa na Galiza:
a) Indústrias de enclave (Ence, antiga Alúmina-Alumnio de São Cibrão, etc.): São empresas que estão no território, mas não na economia. Chegam, roubam os recursos e marcham. A pasta de papel que produz a Ence, como é sabido, não se trata na Galiza. Que produzem? Trabalho? Eu diria que é um trabalho sujeito às flutuações do mercado, mais bem chamaria-lhe exploração. Em definitiva: Não lhes interessa o desenvolvimento do pais.

b) Empresas espanholas. Também de enclave, diferenciadas das anteriores por contribuírem activamente à espoliação da Galiza, já que não só roubam os recursos (de jeito especialmente criminal e deplorável, como é mostra a exploração da fervença do Jalhas por parte de uma das empresas do presidente do Real Madrid), senão que os seus benefícios vão parar ao estado espanhol (se elas nos roubam os recursos, o estado espanhol rouba-nos o dinheiro).

c) Empresas de raiz galega. A maioria passam a ser empresas espanholas enquanto podem (veja-se a FENOSA), a minoria ficam aqui e constituem uma mínima burguesia galega (veja-se a COREN) e podem desembocar num projecto político de direitas galego (veja-se Coalición Galega e o papel jogado por Franqueira). Qual é o sucesso da direita espanhola na Galiza e nomeadamente de Fraga? Engolir à mínima mas existente burguesia galega dentro da direita espanhola.

Onde metemos logo à Inditex de Amancio Ortega? Eu diria que se trata de uma empresa que poderia ser galega e lutar por uma burguesia galega forte, mas à que não lhe interessa. Por que? Porque, que ajuda pode obter Inditex da diminuta burguesia galega? Nenhuma. Que pactos com ela lhe podem beneficiar? Nenhum. A Inditex não precisa dos Franqueira e demais e quando semelhava que se podia aliar com grandes empresas tipo FADESA já vistes o que passou, fracasso absoluto desmontado pelo capital puramente espanhol.

Anti_Lusista #26 11/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Precisamente, a burguesía galega vota polo PP porque é o único partido de dereitas que hai. Insisto as empresas invirten onde mais beneficios sacan, sonche asi sempre foron así e sempre serán así.

Se houbera un partido nacionalista de dereitas habería outra opción, a xente pensaría certas cousas, e contribuiría a fomentar o galeguismo nunha area que se españoliza a un ritmo vertixinoso cada día mais.

Porque neste país é o BNG o partido maioritario no nacionalismo? Pois eu penso que isto ven da "doma y castracion del Reyno de Galicia", e dicir cando desapareceu a nobleza galega, e os corpos dirixentes de Galiza pasaron a ser alleos, e se castelanizaron as elites galegas. Por tanto o galeguismo nacería da esquerda maioritariamente.

Por certo o de FADESA foi unha xogada do Jove, o sector inmobiliario vai o carallo, ben pois vendo e monto outra empresa. O capital non ten corazón.

rockandroll #27 13/Xullo/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A questom, o verdadeiro problema é se realmente há bímbios para constroir o que Gato pretende constroir. Xoán Gato tem um projecto político na cabeça, é um animal político, ex-militante do PSG (o de verdade, nom a sucursal do PSOE) mas tem umha de merdalhada em Terra Galega, que tira pa atrás. Padín é umha prova clara, já conhecemos do seu pensamento reaccionário ("nom me parece bem que se jogue contra selecçons extrangeiras", etc.)e, vamos, se realmente as suas intençons vam por onde suspeita o Gato, ou seja, achegar-se ao novo partido de Corcoba e Carlos Marcos, o próximo passo é a disoluçom.

As boas intençons estám bem, mas a burguesia galega, que a há, tem um problema ideológico com a questom nacional; é certo que os seus interesses podem entrar em contradicçom com os da oligarquia espanhola, mas de aí a traduzir isso em termos de identidade nacional...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete