O alcalde de Narón presentará unha denuncia nos tribunais ao entender que hai graves irregularidades na convocatoria do congreso.
Tres anos despois da súa fundación, o autodenominado 'centro galeguista' vive unha guerra civil interna que ameaza con facer desaparecer as siglas de Terra Galega, a cuarta forza nas eleccións locais do ano pasado. O coordenador xeral da formación, Xoán Gato, protagonizou este mércores unha conferencia de prensa en Santiago na que acusou ao presidente, Pablo Padín, de preparar para este vindeiro sábado un congreso “á medida”.
O alcalde de Narón asegura que Padín oculta os datos de afiliación, o estado das finanzas e que infla o censo de militantes. Logo de denunciar que Padín ten “secuestrada” a formación, e que el conta coa gran maioría dos concelleiros de Terra Galega, subliñou que acudirá aos tribunais para impugnar o vindeiro congreso e os cambios na dirección que do mesmo poidan saír.
Gato, que estivo acompañado na conferencia de prensa da rexedora de Valdoviño, Isabel Álvarez, dixo que Padín leva dende maio sen convocar á Dirección Nacional. Os fortes enfrontamentos internos tiraron por terra un congreso que en principio estaba previsto para mediados de xuño e que agora se adiou para esta fin de semana.
Novas agrupacións en Pontevedra “dun día para o outro”
Gato subliñou que é moi sospeitoso que aparecesen 16 novas agrupacións na provincia de Pontevedra, de onde é Pablo Padín. Tamén denunciou que nas últimas semanas agrupacións como a de Vigo pasaron de 3 a 134 militantes.
O alcalde de Narón considera que Padín quere dar un golpe de man interno porque non ten apoio social: “No seu momento nin se atreveu a presentarse á alcaldía de Vigo”. Por se isto fose pouco, dixo que tiña sospeitas de que o sector de Padín pretendía "vender" a formación logo da cita congresual.
Padín: “Está desquiciado porque o partido non é Narón”
O presidente de Terra Galega, Pablo Padín, sinaloulle a Vieiros que descoñecía a convocatoria dunha conferencia de prensa pero advertiu que o congreso vai seguir adiante.
Padín considera que o alcalde de Narón está “desquiciado porque o partido non é Narón”. Ademais denunciou que moitos dos concelleiros do sector que apoia a Gato non están afiliados á organización.
Suspensión de conversas do PG
A grave crise interna de Terra Galega pon en serio perigo a converxencia electoral que negocia dende hai meses co Partido Galeguista. Representantes das dúas formacións aseguráronlle a Vieiros o pasado mes de maio que as conversas estaban moi avanzadas e daban por feito a unión de siglas de cara os comicios galegos. Fontes do PG consultadas por Vieiros recoñeceron este mércores que é moi probábel que a división interna de Terra Galega obrigue a suspender as conversas.
Arrincan ben estas xentes. Acostuma haber disputas de poder en todas as formacións políticas, pero que as haxa xa case antes de nacer...
Peró....estes non ían saír coas siglas de Converxencia por Galicia ou algo semellante co PG....
Comezan ben...unha das novas agrupacións de TG é de Cangas...e todos os militantes son dunha escisión do PP: UPAC hehehe....
O independentismo tiña que aprender desta xente. Pelexanse despois de unirse nun partido, non antes.
#3 que cabrom! Mais canta razom tés.
O independentismo ten que conseguir primeiro a conciencia nacional, e logo iremos a Independencia. Os Terra galega, son galeguiños como dixo Castelao e os do Partido Galeguista falan castelán, e os independetistas pelexando ou en guettos. Así nos vai.
#5 O Padín também fala castelhano.
Vaiche boa, menudo país... Como non haxa outro partido nacionalista de dereitas, aínda que que sexa nominalmente o de nacionalista, isto pinta moi mal non é por nada.
Esta nova evidencia que non hai democrácoia interna nin nas organizacións máis pequenas e autodenominadas alternativas. Non hai que meter a todos no mesmo saco, pero cantas organizacións democráticas existen.
Por outra parte apoio a todolos militantes que decidan levar a súa organización ó xulgado pois vai ser a única maneira que se cumpra a democrácia interna nas organizacións políticas.
Non estou dacordo co titular de vieiros: "As liortas entre Pablo Padín e Xoán Gato esgazan Terra Galega". Se eu fose o redactor de vieiros que cubriu esa noticia o meu titular sería: “TEGA solta lastre e desfaise por fin de Pablo Padín”
O partido estaría esgazado se se partira en dous anacos de tamaño semellante ou houbese unha desbandada, cousa que non aconteceu nin acontece, xa que Gato nesa rolda de prensa non falou só no seu nome senón que falou no nome dos cinco alcaldes de Terra Galega, no nome de oito dos dez tenentes de alcalde, das tres agrupacións comarcais existentes no partido: Trasancos, A Coruña e Bergantiños-Fisterra, das dúas agrupacións provinciais que TEGA ten constituídas a día de hoxe: Ourense e Lugo, das Mocidades de Terra Galega e tamén no nome de 64 dos 69 concelleiros que actualmente posúe TEGA; os cales lle amosaron todos o seu apoio POR ESCRITO.
Qué é o que aconteceu??
Pois que durante o último ano e medio o Sr. Padín non parou de corretear polas alcantarillas políticas reuníndose ás agachadas con xente como Cacharro, Manuel Soto, Corcoba e Carlos Marcos (de feito a estes dous últimos afiliounos ao partido el soiño, de motu proprio, e sen permiso da dirección nin do consello nacional do partido).
O Sr. Padín agora dirá que el pretendía crear unha gran coalición co Partido Galeguista (Converxencia por Galicia), pero o que non di é que a súa estratexia era que ese novo partido presentase como cabezas de lista para as vindeiras eleccións autonómicas a Carlos Marcos pola Coruña e a Soto por Pontevedra (o que estes lle terían dado como contrapartida saberao el).
Tampouco vai dicir que pretendeu cambiar a definición ideolóxica do partido para borrar dos seus principios ideolóxicos o termo "nacionalista".
Nin vai admitir que, cando deu de alta no anos 2005 a TEGA no rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior, fixo figurar como representantes legais do partido a el e a dous familiares seus, incluíndo ademais como enderezo oficial do partido o seu propio domicilio particular. Todo isto, por suposto, ás costas do resto dos líderes do partido e coa clara intención de facerse coa propiedade das siglas.(quen teña interese que investigue: http://www.mir.es/DGPI/Partido...
Nin vai admitir que filtrou noticias falsas aos medios de comunicación (anunciando falsas conversas de Terra Galega co Partido Galeguista, xa que TEGA nunca autorizou ditas xuntanzas; outra cousa é que el, soamente el, o fixese ás escuras).
Nin tampouco vai recoñecer que despois das súas escandalosas declaracións a este mesmo medio en contra da selección galega e do deporte feminino("Non me parece ben que se xogue contra seleccións estranxeiras" ou "non me gusta que as mulleres xoguen o fútbol porque lles estraga as pernas" http://www.vieiros.com/nova/63..., nunha xuntanza na que un militante lle pediu explicacións por tales palabras este lle espetou: "Eso es lo que pienso y a quien no le gusta que se joda" (por certo, qué pensará este homiño de que as nosas rapazas de fut-sal sexan as primeiras en representar a Galiza nunha competición oficial?? seguro que tal noticia lle producirá urticaria). Ante estas vergoñentas declaracións, os rapaces de TEGA tiveron que dar a cara polo partido facendo público un comunicado no que expresaban o que sentían (e senten) a inmensa maioría dos militantes de Terra Galega sobre os nosos combinados nacionais: http://www.mocidadestega.org/2...
Non vai recoñecer tampouco que incumpriu a súa palabra de liderar unha candidatura “gañadora” polo concello de Vigo nas municipais do 2007 (http://www.lavozdegalicia.es/h..., nin que mentiu cando na primeira convención do partido (a tan só dous meses dos comicios locais) afirmou que na provincia de Pontevedra (o territorio xestionado por el) TEGA ía presentar ata 16 candidaturas (http://www.terragalega.es/nova..., cando logo realmente só presentou tres (http://www.terragalega.es/nova...">http://www.terragalega.es/nova....
Pola contra, o resto de líderes do partido si cumpriron coa súa palabra e presentaron o número de listas que anunciaran (A Coruña 29, Lugo 19 e Ourense 12). (http://www.terragalega.es/nova..., http://www.terragalega.es/nova...,
http://www.terragalega.es/nova...
Tampouco vai admitir que, como a xente estaba FARTA del pola súa chulería e incompetencia ademais de polas súas novas amizades (cacharros e corcobas engadidos) e, consciente de que, por todos estes feitos comentados anteriormente, no vindeiro congreso lle ían dar unha patada no traseiro, non tivo nin os máis mínimos escrúpulos en falsear e inchar o censo de afiliados do partido, aproveitando que este se encontra no seu poder:
O 31 de maio, o día no que se pechaba o prazo para dar de alta as novas afiliacións de cara o II congreso, Terra Galega pasou de 400 afiliados a máis de 1.000. (Máis de 600 novos afiliados nun só día!! Como pode ser posible iso??)
Eses novos "afiliados" concentrábanse todos, curiosamente, na provincia de Pontevedra, territorio xestionado por Padín, un territorio que representa a menos do 5% dos votos de TEGA e a só 2 dos 69 concelleiros do partido e onde TEGA presentou só 3 listas das 63 candidaturas presentadas nas municipais do 2007 (grazas ao “magnifico” traballo realizado polo propio Padín nos dous anos anteriores as eleccións municipais). É dicir, que nese congreso que se ía celebrar a provincia de Pontevedra ía ter a máis da metade da representación do partido, cando o peso real deste territorio no partido é simbólico.
Cando en TEGA nos enteramos de semellante "milagre" multiplicador de afiliados o primeiro que nos preguntamos foi ¿de onde saíron esas 600 persoas? ¿realmente existen? E, se existen, de onde veñen?? será unha OPA encuberta realizada por rebotados do PP?? ou do Partido Galeguista?? Ou se tratará dunha mera operación submarina para destruírnos internamente porque hai moita xente poderosa á que non lle interesa que este proxecto saia adiante?? Ou se tratará simplemente dun farol máis do Sr. Padín??
O caso é que Xoán Gato, como Coordinador Xeral e representante legal de TEGA, ten dereito, por lei, a que lle sexan presentadas todas as fichas de afiliación e, despois de mes e medio de solicitalo varias veces, o Sr. Padín negouse a facilitarllas porque seguramente boa parte desas 600 novas fichas de afiliación non existan máis que na súa imaxinación, polo que é probable que nos atopemos unha vez máis ante a enésima mentira deste home, aínda que, para ser honestos, non o sabemos nin o podemos demostrar porque o censo de afiliados teno secuestrado.
Tampouco vai admitir o Sr Padín que a noite do venres 13 de xuño viuse obrigado a suspender o simulacro de congreso que tiña preparado celebrar para o domingo 15 dese mesmo mes, ante o desplante da inmensa maioría dos afiliados que lle comunicaron a súa negativa a asistir á semellante pantomima, pese a andar este “varrendo” durante toda a semana telefonicamente todas as agrupacións locais para intentar convencelas, mesmo chegando a mentir dicíndolles a estas que a agrupación local de Narón ía a asistir ao congreso (algo que era falso) para que así estas tamén acudisen.
Pero a xogada saíulle mal e, malia non ter nin o máis mínimo sentido do ridículo, desta vez o Sr. Padín tivo que recuar e suspender o congreso porque viu que a tal cita só ían asistir el, os seus familiares, os seus amigos e, con algo de sorte, algún afiliado despistado que se deixase caer por alí.
Agora volveu a carga de novo e non vai ter nin a máis mínima vergoña en presidir un congreso ILEGAL e sen militantes de verdade -outra cousa é que acudan 600 figurantes ou extras-(eu, persoalmente, teño verdadeiras gañas de verlles a cara a eses 600 novos afiliados, primeiro para comprobar se realmente existen e, se existen, descubrir de onde veñen. Saber, en definitiva, a quen lle abriu o Sr Padín a porta traseira do partido para que nos fixesen unha OPA encuberta).
De todas maneiras ao Sr. Padín si que haberá que agradecerlle unha cousa: conseguiu unir a este partido máis que nunca. Logrou cohesionar, implicar e activar a ese 90% de Terra Galega representado por Terra Galega nesa rolda de prensa, como nunca antes o estivo nos seus tres anos de vida.
(Coa mesma sinceridade coa que escribín esta mensaxe afirmo que, aínda que de portas para fora comprendo que TEGA poida dar a sensación de estar vivindo os seus últimos días, tamén digo que nunca estiven tan convencido de que este proxecto vai saír adiante –lle pese a quen lle pese- e que internamente esta formación nunca estivo tan forte, nunca eses 400 afiliados de Terra Galega -os de verdade- estiveron tan implicados e animados con este proxecto. Porque neste partido hai moita xente traballadora, nacionalista e que quere e sinte este país. Nas eleccións autonómicas de marzo de 2009 teremos a oportunidade de comprobar se me equivoco ou non).
Un afiliado de Terra Galega
Asterix contra, hahaha xa sabía eu que eras afiliado, es o que mais interven no foro de ciberirmandade no tema das mocidades de terra galegaXD.
Non vou votar por Terra Galega, pero espero que o que digas sexa certo porque compre termos as dúas patas do nacionalismo, esquerda e dereita. O que é certo e que había cousas que non arrecendían na formación precisamente, certas declaracións de Padín, a posible incorporación de Carlos Marcos, o de Diz Guedes... etc etc etc.
Xan Gato no seu día saíu do BNG, ou equivalente, e en teoría era a persoa que lle daba o carácter nacionalista ao partido. Últimamente andan a chamarlle cacique e cousas varias, pero eu non podo dicir nin que sí nin que non porque non coñezo o asunto. O único que desexo e que vos vaia ben, e que axudedes a conseguir o Estatuto de Nación, porque co PSdeG o bloque ten o asunto moi fodido.
*non arrecendían precisamente
#9 Amigo Astérix, gusto da xente convencida e que milita por ideas nos partidos políticos, e gustei da túa longa parrafada.
Non obstante, debo dicir que se de verdade queredes construír un partido nacionalista, tedes que soltar bastante máis lastre que Padín.
Carballo, por exemplo, é unha boa mostra. O líder local foi candidato até por sete formacións políticas distintas, dende UCD ao PP, pasando por varias independentes. Ten pouco ou nada de nacionalista, e de feito nas anteriores municipais (nestas non, que había que ir de nacionalista) fixo toda a súa propoganda en castelán, e incluso nestas cargou contra o nacionalismo representado na figura do actual alcalde e anterior socio de goberno.
Por demais, coñezo xente de Terra Galega de Carballo, que descoñezo se militan ou non, pero que cando menos o apoiaron electoralmente, e o nacionalismo sóalles a chino, e recoñecen claramente que TeGa é unha marca electoral e punto, e máis nada.
Aínda máis, se os nacionalistas que apoian a Gato son os concelleiros e demais, buf... Ollade as súas candidaturas nas últimas municipais, polo menos as de por aquí: A Laracha, escindidos e cabreados do PP (un ex-concelleiro encabezando a lista); Arteixo, outra escisión do PP local; Coristanco, un paisano do Opus (si, bastante máis á dereita do PP); Laxe, unha candidata ex-PP e máis do PP que o propio PP...
En fin, se isto vai ser o nacioalismo que nos ofrece TeGa, que nos pillen confesados...
Partido nacionalista desde a construção da língua galega em castelhano????
Mais um FPG? Homem, não! Parece que não aprendemos. Andamos à procura de voto fácil sem construir país. Mais bem, destruindo. Pois isso é o que provoca o uso prejudicial da língua. É-che como o tabaco.
O personalismo e o minifundismo estragao todo...
Señor Asterix, os que aparecen na mesa á dereita e esquerda do señor Gato ( o empresario e a alcaldesa) non creo que abracen os ideais nacionalistas, ou? Terra Galega non pode existir porque non cren nin no galeguismo. A xente que eu coñezo deste partido exprésase (cando menos en privado) en castelán.
Se xa pelexan e aínda non teñen nada, cando manden algo vai ser un caos!!!
Para PP´s e PSOE´s non é preciso porque son exclusivamente partidos de poder mais para montar calqueira organización que sexa minimamente transformadora ten que haber xenerosidade e un chisco de altruismo, senon non hai nada que funcione e permaneza.
Senon acaban comestos pola cobiza caciquil, o personalismo,....
Enfim, não vou ser eu quem dê o meu suporte a um projecto como o de TeGa (entre outros motivos, porque não me é ideologicamente afim), mas ainda que seja somente pola amizade que me une a algumas das pessoas que se apresentaram por esta formação nas últimas municipais, direi que a falta de verniz ideológico em candidatos de muitos lugares não é só carência de TeGa, mas também do BNG de muitos concelhos do rural, que falam da Espanha em plural ("nós", "somos") ou seguem os partidos da selecção espanhola, por dar só alguns exemplos.
'Como non haxa outro partido nacionalista de dereitas, aínda que que sexa nominalmente o de nacionalista, isto pinta moi mal non é por nada'
Outro? Co bloque actual como partido nacionalista de dereitas xa hai dabondo, oh...
#19 O Bloco não é nem de direitas nem de esquerdas :p
E as mocidades de TeGa dizem no seu blogue que não renunciam à autodeterminação da Galiza. Vaites, é o mesmo que defendem as mocidades do BNG (Galiza Nova), mas vê-se que a sua direcção pensa bastante diferente disso :D