Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Promete "diálogo" e "flexibilidade"

Touriño chama ao sector inmobiliario a non crear "falsas alarmas" coa escusa das Normas do Hábitat

O presidente da Xunta advertiu contra a tentación "alarmista" do sector nun momento de axuste "imposto pola economía internacional".

Redacción - 14:00 16/04/2008

Emilio Pérez Touriño asegurou que o Goberno permanecerá firme na defensa da "decisión de mellorar os estándares de calidade da vivenda". Fronte ás críticas ao proxecto, negou que o decreto deseñado pola Consellaría de Vivenda vaia a causar o encarecemento dos prezos dos inmobles.

Na opinión do presidente da Xunta, os prezos das vivendas xa non estaban gardando relación cos "custos reais" e advertiu da necesidade de que o sector asuma a necesidade dun "axuste" no marco da "situación de desaceleración económica global". "Non resguemos as vestiduras", comentou ao respecto Pérez Touriño, recordando o punto de inflexión producido arredor da "burbulla inmobiliaria".

Na mesma liña, recordou que o executivo prometeu facer "o posíbel" para reducir o impacto dese axuste e destacou os proxectos de construción de catro milleiros de vivendas de protección oficial e os programas de rehabilitación que se financiarán. Salientou ademais a vontade de Vivenda de manter "unha vía de diálogo permanente", pero sinalou que combinará "flexibilidade" con "firmeza de criterio". "Ofrecerémoslle ao sector unha saída, pero tamén é necesaria prudencia e non crear alarmismo", explicou Touriño.


3/5 (2 votos)


Comentarios (3)

Sabrexo #1 16/Abril/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A alarma crearana el e o seu partido, que recorreron as normas desde a Fegamp. Éche o que ten ser político e promotor ao mesmo tempo, a existencia desa figura aínda legal crea esta clase de situacións insólitas.

Carbalho #2 17/Abril/2008 Carbalho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Algún día a cidadanía analizará o comportamento da clase política?? Hai que ser hipócrita, dicir que non creemos alarmas e ter feito o que fixeron...

GALICIEN #3 20/Abril/2008 GALICIEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Espinoxa dixo hoxe, que lle faria ilusion governar na Galiza sos. Mensaxe pro BNG.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: