Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Contribúen á sustentabilidade"

Amparo ecoloxista ás Normas do Hábitat

Feijoo pide que se "modifiquen". Rego avoga por aplicalas con "prudencia" e defende a autonomía da Fegamp. Quintana di que "a xente humilde está farta de pagar moito por mala calidade".

Redacción - 18:22 15/04/2008

A asociación ecoloxista Verdegaia manifestou o seu apoio ás Normas do Hábitat Galego impulsadas pola Consellaría de Vivenda porque promoven a eficiencia no uso dos recursos naturais ao tempo que mellorar a calidade de vida e contribúen á sustentabilidade no sector residencial.

Na súa opinión, a aplicación destas normas avanzadas fomentará o aforro enerxético, o uso eficiente da auga, a reciclaxe e a conservación da paisaxe, e critican a falta de interese polos dereitos dos cidadáns que amosan o PPdeG, os promotores inmobiliarios e a Fegamp, neste eido.

Neste senso, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este martes que o decreto está mal desenvolvido, e considerou necesario modificalo. Ademais, criticou a división que segundo el hai no Goberno: "Mentres o que tería que facer o bipartito é estabilidade, o que está a producir é incerteza tanto na Xunta como nos concellos".

Pola súa banda, o voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, apostou por unha aplicación "prudente" do decreto das normas do hábitat, e defendeu a autonomía da Fegamp -presidida polos socialistas-, que presentou un recurso contra o texto impulsado por Vivenda -dirixida pola nacionalista Teresa Táboas.

Precisamente, o líder do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, saíu en defensa da lei, aprobada o pasado 20 de decembro polo Goberno. "Os galegos e as galegas, sobre todo a xente máis humilde, están xa fartos de pagar moitos cartos por vivendas de moi baixa calidade", dixo.


5/5 (16 votos)


Comentarios (6)

Sabrexo #1 15/Abril/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero a que se refiren estes cando falan de aplicar "con prudencia", "con mesura", tanto estas normas de calidade MÍNIMA das vivendas como a lexilación lingüítica? É un eufemismo para dicir que non hai que aplicalas!

mceleiro #2 15/Abril/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aplicação "prudente" do decreto? Podo eu pagar de forma "prudente" os meus impostos?

PD: Por prudente entenda-se a "prudência" do decreto do ensino.

Dogma #3 15/Abril/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os PSOEs andan cun medo de carallo, sobretodo porque se non remonta a economía de seguro caian en picado nos votos, e por elo tapan os ollos e tiran para adiante sen ver riticas nen criticos, coma se o "TODO VALE", e xa que a construcción vai de capa caida non lles importa que teña un resuxir anque sexa a base de hipotecarse mais e mais e mais....

Asi soltan aos especuladores coma os de Marbella, asi queren deixar que se poida seguir especulando e finiqueteando o patrimonio paixasistico e do chan....

POIS TOURIÑO.... espabilame..... voute a decir a palabra clave....

CRECEMENTO SOSTIBLE

Se ti mais os anteriores o fixechedes como "o fixechedes", non se ten volta atras, pero tense que parar esta bola de neve antes de que estoupe peor do que xa o está facendo agora....

xosse #4 15/Abril/2008 xosse
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero que pretende o PSOE? Que sigamos pagando ao comprar unha vivenda as comisións que os constructores lles dan os políticos de turno? Será iso o que temen? Claro, con iso da crise inmobiliaria, agora engadimoslle que hai que facer vivendas de mais calidade, etc. etc. aos constructores non lles queda marxe para subornar a ninguén. Será iso o que lles preocupa.

Menos mal que non gobernaba o PSOE deica agora porque de haber sido así isto non habería por onde collelo !!

mceleiro #5 15/Abril/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este decreto é de mínimos, pouco ambicioso, excesivamente permisivo, e nem isso!!!

Temos um cancro no parlamento, ainda que alguns pensem é é uma simples gripe.

Tarelo #6 15/Abril/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ainda que eu nunca chegarei a ter en propiedade ningúnha desas vivendas, nin é o meu obxetivo, suscribo as declarcións de Verdegaia, e de ter vivenda ainda que sexa prestada, en alugueiro, ou pública, gustaríame, que fose sostible, ecolóxica e digna. De meterse nun buraco, hai tempo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: