Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: ibarretxe

27/Xuño/2008 /

"A democracia é consultar e non impedirlle a unha sociedade que opine"

"Non divide quen pregunta, senón quen prohibe preguntar", dixo o lehendakari este venres na Cámara vasca, onde se votará a convocatoria de referendo.


26/Xuño/2008 /

EHAK racha o empate e facilitará a aprobación parlamentaria da consulta en Euskadi

Unha das deputadas votará a favor e as outras oito absteranse. A formación di querer escenificar así que "será España quen impida" a convocatoria de referendo.


9/Xuño/2008 /

Se non leron o plan: pregunten

O presidente do goberno vasco responderá en internet a cuestións relacionadas coa consulta fixada para o próximo mes de outubro.


28/Maio/2008 /

Ibarretxe presenta as preguntas da consulta e o goberno español ameaza con ir ao Tribunal Constitucional

A ministra de Administracións Públicas asegura se o parlamento vasco aproba o vindeiro mes a consulta acudirá á xustiza.


25/Maio/2008 /

O goberno vasco ultima unha lei que lle dea seguridade xurídica á consulta de Ibarretxe

Pouco despois de que a voceira do executivo, Miren Azkarate, anunciase a iniciativa, PSE e PP mostraron a súa oposición total.


20/Maio/2008 /

Ibarretxe mantén a data da consulta logo de fracasar a xuntanza con Zapatero

O presidente vasco acusa ao español de pensar só nas eleccións anticipadas. Zapatero vincula calquera acordo ao consenso entre todos os partidos.


18/Marzo/2008 /

O PNV muda a estratexia de Ibarretxe en favor do pacto a curto prazo co PSOE

O actual presidente do PNV, Iñigo Urkullu, falou de "dous planos diferentes" ao referirse ás posicións do lehendakari e do propio partido.


7/Febreiro/2008 /

Recollen sinaturas en favor da conferencia de Ibarretxe en Stanford

Colectivos conservadores e o propio goberno de UPN en Nafarroa fan presión para que a Universidade de Stanford lle retire o convite ao lehendakari.


13/Xaneiro/2008 /

Quintana descarta unha consulta coma a de Ibarretxe porque "o BNG non é independentista"

Reafirmou o obxectivo de acadar a transferencia de Salvamento Marítimo.


21/Decembro/2007 /

"O presidente español fala con ETA e non pasa nada, pero o lehendakari fala con Batasuna e comete delito"

O lehendakari Juan José Ibarretxe (Laudio, Álava, 1957) recibe a TEMPOS Novos no seu despacho do Parlamento vasco, en pleno centro de Vitoria/Gasteiz, unha mañá de pleno e votacións. Unha entrevista de Daniel Álvarez con fotografías de Asier Bastida.


20/Decembro/2007 /

Ibarretxe di que non hai "principios xurídicos" para o xuízo a EKIN, KAS e XAKI

O 'lehendakari' reitera a súa oposición á aplicación da Lei de Partidos, mentres confesa non pensar a súa defensa para o xuízo do Tribunal Superior.


3/Decembro/2007 /

Ibarretxe e o nacionalismo español

Que o goberno español rexeite unha iniciativa autonómica que, como a de Ibarretxe, cae fóra do ordenamento legal, non debería estimular mecanicamente, segundo Damián Villalaín, acusacións de "nacionalismo español".


5/Novembro/2007 /

A acusación pública non apreza que as reunións de Ibarretxe con Batasuna contitúan un delito

Ao tempo que a propia Fiscalía pide a súa absolución, en Galiza o Encontro Irmandiño acusa de motivacións políticas aos xuíces que abriron o proceso.


30/Outubro/2007 /

Teiman no proceso xudicial contra Ibarretxe e López por falaren con Batasuna

A sala do penal insiste contra a aposta polo diálogo do lehendakari Ibarretxe e dos socialistas Patxi López e Rodolfo Ares, por mor das súas xuntanzas con membros de Batasuna.


25/Outubro/2007 /

Unha sondaxe do goberno vasco estima que o 59% dos cidadáns apoia a convocatoria do referendo

O 89% dos vascos coidan que para superar o conflito é preciso un diálogo continuo entre o goberno vasco e o español.


22/Outubro/2007 /

Editorial de Tempos Novos: Debate de estados

A sección editorial da publicación valora o que deu de si o debate sobre o estado da autonomía e aborda a polémica sobre a redefinición xurídico/política para Euskadi proposta por Ibarretxe.


16/Outubro/2007 /

Ibarretxe confía no diálogo e o "respecto" á "lexitimidade" da súa proposta

O lehendakari adía a convocatoria de referendo a 2010, pero antes prevé facer unha "consulta popular".


13/Outubro/2007 /

Día da Hispanidade da queima de fotos

Queiman retratos dos dez reis Borbóns nunha manifestación independentista en Lleida e en Barcelona arde a imaxe de Carod-Rovira nun acto da Hispanidade.


28/Setembro/2007 /

Ibarretxe fixa a consulta para o 25 de outubro de 2008

O lehendakari defende o dereito a abrir un proceso propio para superar o conflito político e decidir o futuro


20/Xuño/2007 /

Ibarretxe ofrece apoio na loita contra ETA pero rexeita a Lei de Partidos

Sinala que "non estamos de acordo coa política de exclusión"






Locais:
GZ-Sete