Dependían do que fixese Rusia fronte a Ucraína. Finalmente, as rusas axudaron. As irmandiñas enfrontaranse agora á perigosa selección arxentina.
A selección galega xogaba onte, sen pisar sequera o parqué do pavillón de Reus, o pase a cuartos de final do I Mundial Feminino de Fútbol Sala.
O conxunto galego perdera un partido (contra Rusia, 3-2) e gañara outro (contra Ucraína, 5-4); daquela, para saber se pasaba de fase tiña que agardar a coñecer o resultado do encontro que enfrontaba, esta cuarta feira de tarde, ás rusas e ás ucraínas entre si.
Finalmente, Rusia superou o conxunto ucraíno por 4 a 2, quedando primeira de grupo, e Galiza pasou á seguinte fase. As irmandiñas terán que se enfrontar, a vindeira sexta feira 3 de outubro ás 17:30 horas, a Arxentina, unha das seleccións máis potentes, que chegou a cuartos como primeira de grupo, vencendo a Bélxica por 1-8 e a Venezuela por 2-6.
ESTAS SOM! AQUÍ ESTÁM! AS TROPAS DE BREOGAM!!! Gaviooooteeeeroooooo!!!! Onde caralho estáaaaaaaaas??? Quê tes que dizer a istoooo??? "Ay no puede ser, eh? Deberían meterlas en la cárcel por ser gallegas y marcar goles" hahahahahahahahahaha!!! Isto cada vez se pom mais divertido!!!!
Já no titular anterior me pareceu: para quem redige estas notícias parece que as Irmandinhas são umas coitadas que precisam da ajuda dos outros ou que levam malheiras todo o tempo.
O certo é que GaliZa está nos quartos de final. Esse é o facto que se potenciaria nos titulares se chega a ser a seleção galega de futebol masculino.
Porém, neste caso temos que ler um "Dependían do que fixese Rusia fronte a Ucraína. Finalmente, as rusas axudaron."
Será que os galegos sempre estamos a DEPENDER DO QUE OUTR@S FAÇAM?
Si gañaron as Irmandiñas foi por como xogaron, non por que a Rusia lle dera por as pasar a cuartos de final.
A polo TITULO IRMANDIÑAS:
Home, xogar, xogaron moi ben, porque a Rusia case lle gañan e ás ucranianas metéronlles 5 goles... pero tamén é certo que se Rusia non gañase, se gañase Ucrania, Galiza non pasaba. Iso hai que telo en conta, porque é unha cuestión matemática (só pasaban os dous primeiros clasificados de cada grupo). Non creo que se queira infravalorar a actuación das mozas galegas con esta noticia. Penso eu...