Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
para saber se pasan a cuartos

As irmandiñas gáñanlle a Ucraína, mais terán que agardar polo que faga Rusia

É o seu primeiro triunfo no Mundial. Nunha final agónica, as de Eduardo Lago venceron por 5 goles a 4.

Redacción - 19:30 30/09/2008
Imaxe do pavillón no que se xoga o Mundial, en Reus

Imaxe do pavillón no que se xoga o Mundial, en Reus

Agora só queda agardar o resultado do partido que xoguen Ucraína e Rusia para saber se as galegas pasan á seguinte fase, os cuartos de final do Mundial de Reus. Así están as cousas despois de que Galiza perdese contra Rusia esta segunda feira, por 3-2.

Porén, o desta terza feira é un traballado triunfo das irmandiñas no primeiro Mundial no que xoga unha selección galega.

Galiza-Ucraína
Segundo contan dende Deporte Galego (están en Reus a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán), as galegas dominaron o partido con relativa facilidade (comezaron gañando por un claro 5 a 2), mais nos últimos minutos complicáronse un chisco de máis, o que fixo remontar ás ucraínas.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Comentarios (6)

Atlantico #1 30/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na vosa lingua: Joderos españoles.

mnawe #2 30/Setembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Noraboa rapazas

Galizoo #3 30/Setembro/2008 Galizoo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Veña irmandiñas! Adiante!

tuzaro #4 30/Setembro/2008 tuzaro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

adiante rapazas!!!
adiante Galiza!!!

(Vieiros e resto de medios galegos mínimamente compromentidos co país: o evento ben merece unha maior/mellor cobertura!! que menos que un enviado ou enviada a Reus ou senón alguén que vaia pasando algo máis ca os resultados, que non hai maneira de enterarse de nada!!!)



http://augasceives.nireblog.co...

rockandroll #5 1/Outubro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora a página do campionato renova-se com regularidade. De todos os jeitos é umha vergonha que estas desportistas galegas estejam representando aí ao nosso país e tenhamos que inteirar-nos por dixo-me dixo-mes ("segundo lhe contou nom sei quem da organizaçom a um redactor nosso...")dos resultados e outros pormenores. Bem, um jogo perdido pola mínima, outro ganhado pola mínima, dous jogos luitados com furor, sete golos em dous jogos: magnífico comportamento das jogadoras galegas. O futsal galego está a um bom nível e está-o demostrando.

mceleiro #6 2/Outubro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois os jornalistas galegos bem cobertura que dão a esses "deportitas galegos" que nem sequer são capaces de falar-lhe em galego durante 10 segundos à câmara da TVG.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete