O deputado do BNG no Congreso Francisco Jorquera prefire non facer valoracións do anuncio presidencial até ter todos os datos detallados.
Durante unha visita á nova área cirúrxica do Hospital Xeral de Vigo esta segunda feira, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, revelou que o noso país vai recibir o 8,1% do total dos Presupostos Xerais do Estado, o que supón, segundo dixo, unha décima máis do recibido en 2008.
"Por primeira vez na historia pasamos dos dous mil millóns"
Durante a súa intervención, o presidente da Xunta subliñou que estes datos son "unha boa noticia" para Galiza, xa que "por primeira vez" se han superar os dous mil millóns de euros. Segundo Touriño, o Estado Español proporcionaralle a Galiza 2.020 millóns de euros, e que isto significa que os galegos e as galegas recibimos "máis do que damos" e máis do "que nos corresponde" en canto ao noso número de poboación.
O presidente da Xunta dixo, ademais, que os cartos han permitir que se liciten as "grandes obras" que o goberno ten proxectadas para o ano que vén.
Jorquera agarda a ter nas súas mans os orzamentos
O deputado nacionalista en Madrid, Francisco Jorquera, prefire agardar a ter nas súas mans o texto dos orzamentos completos para avalialos. Segundo lle confesou a Vieiros, o grupo nacionalista no Congreso non posúe aínda datos de abondo, e queren esperar a coñecer que cantidades se distribúen a cada partida para comentar o texto completo.
Muito obrigado ao governo amigo. Talvez em duas legislaturas mais de socialistos teremos o que nos corresponder.
Jajaja. Este Touriño... Preséntao como un éxito seu, cando todos sabemos que se o PSOE non precisara os votos do BNG para aprobar os Orzamentos estos serían moitísimo menos xenerosos con Galiza.
Cantos máis escanos do BNG máis cartos virán.
Que extremeños e murcianos sigan votando para que manden os seus cartos a Madrid. Nós non podemos permitir iso.
Issoé! Que venham os quartinhos; que venham de Madrid; que é onde os fabricam!
Con esta proposición BNG debería votar non ou absterse. Máis importante que os cartos que se din destinar e controlar o gasto con comisións bilaterais coma a que o Psoe permite en Catalunya e nega a Galiza. Din que van gastar e despois queda polo camiño se é que chega a saír de Madrid.
Há que dizer aos nossos idosos que o PP não vai ganhar.
O próximo presidente da Xunta está nas mãos deles, querem um socialista ou querem a Quintana?
Num país de velhos não se pode pretender mudar democráticamente a situação política sem contar com eles. E ademais, so estão enganados: as comédias Fraga Mata Porcos e Fraga Canha Brava... fez que a gente o vira coma um deles. (E agora ao trapalheiro que quedou no sitio.)
Pro-castehano com pele de cordeiro/ anho.
NINHADA DE RATOS NA CASA DO POVO!!!!!!!
Há que dizer aos nossos idosos que o PP não vai ganhar.
O próximo presidente da Xunta está nas mãos deles, querem um socialista ou querem a Quintana?
Num país de velhos não se pode pretender mudar democráticamente a situação política sem contar com eles. E ademais, so estão enganados: as comédias Fraga Mata Porcos e Fraga Canha Brava... fez que a gente o vira coma um deles. (E agora ao trapalheiro que quedou no sitio.)
Pro-castehano com pele de cordeiro/ anho.
NINHADA DE RATOS NA CASA DO POVO!!!!!!!