A Xunta exixe 120 millóns de euros para 2009 e bótalle en cara a Madrid débedas pendentes.
A Xunta vai deixar ouvir este xoves as súas reivindicacións en materia de dependencia diante do goberno español. Vicepresidencia xa adiantou que exixirá 120 millóns de euros dos orzamentos estatais de 2009 para poder aplicar con garantías a Lei de Dependencia. O malestar do departamento de Anxo Quintana é evidente xa que denunciou que o executivo de Zapatero aínda lle adebeda vinte millóns de euros
O secretario xeral de Acción Social da Vicepresidencia, Bieito Seara, defenderá este xoves na Comisión Delegada da Dependencia as teses da Xunta. O goberno español intenta poñer de acordo ás comunidades para a distribución de 1.200 millóns de euros en axuda á dependencia. Precisamente, o departamento de Anxo Quintana considera que Galiza precisa un 10% dos fondos totais do estado porque hai que ter en conta criterios determinantes como o avellantamento e a dispersión da poboación.
Dende a Vicepresidencia saben que a negociación vai ser especialmente dura. Aínda así, a Xunta exixe que os orzamentos do vindeiro ano de decidan agora para evitar “atoparse en xullo sen o reparto do nivel acordado, como sucedeu este ano”, sinala Seara.
Esta é a nosa: tras meses perdidos despois do ofrecemento do BNG para pactar os orzamentos e como dixo Beiras algún dia "Estendémoslle a man e cuspíronnos nela,,.
Pois esta é a hora de pórse esixentes:
-TAV e tren de proximidades antes do 2012.
-Financiamento total da lei da dependencia.
-Sintura de transferencias antes dos orzamentos.
Quintana non te achiques: confiamos en ti.
Nova entrega do curso de galego para castrapistas "Vice-presidência exige-lhe ao governo espanhol o 10% dos fundos totais...". A ver, esta é mais difícil, porque a normativa castrapense recomenda e mesmo penso que dí é preceptivo o "lhe", a imitaçom da norma espanhola, claro.
O caso é que se já estám esplicitados na frase o O.D.(10% dos fundos), e o O.I (governo espanhol), o pronome, que por definiçom sustitue o sustantivo, é reiterativo e incorrecto. Polo tanto é um castelhanismo , nom umha opçom normativa. Ficaria "Vice-presidência esige ao Governo Espanhol 10% dos fundos". Melhor nom ?
(As percentagens nom levam artigo, mas isso é já para nota)
Tino, que sepas que en el PSOE ya se da por hecho el apoyo del BNG a los presupuestos de este próximo ejercicio. Y lo harán a pesar de los incumplimientos, porque lo que está en juego no es el AVE, que no es que no vaya a estar en 2012, es que no estará antes de 2018 ó 2020 como reconoce el propio Ministerio de Fomento, sino porque lo que está en juego son los cargos que están disfrutando los del BNG en la Xunta.
Tendo en conta que Galiza conta cunha das poboacións máis avellentadas, coido que un 10% é aínda pouco. E sorte que isto levao o BNG, senon os fondos íamos a velos... pasar por diante.
E dalle co reintegracionismo!!
Catro trapalleiros que nunca pisaron a terra, coa mesma teima...
Se colledes todos nun taxi, cona!
Ide polo Courel, ide polos Ancares, ide pola serra de Queixa, etc.
Falade cos paisanos e explícadelle as vosas inquedanzas.
Ni el 10, ni el 8, ni el 5...no hay dinero. Sólo para hacer publicidad, que es de lo que se trata, al fin y al cabo, esto de la Ley de Dependencia.