Unha minoría de republicanos di que unha intervención de tal magnitude -700 mil millóns de dólares- choca coa súa crenza no libre mercado.
Aínda que esta quinta feira pola noite os líderes republicanos e demócratas do Congreso de Estados Unidos alcanzaron un acordo para aprobar o plan de George Bush para salvar a banca da crise, unha minoría de lexisladores republicanos botou abaixo finalmente a reforma. A razón esgrimida por estes é que unha intervención de tal magnitude -700 mil millóns de dólares- choca coa súa crenza no libre mercado.
No entanto, detrás desta negativa podería haber unha estratexia electoral do equipo de John McCain, tal e como claman os demócratas. Este aparecería nas próximas horas como o home capaz de convencer os republicanos díscolos en beneficio do país.
A bolsa rexistrou subas importantes ante a previsión de que saíse adiante, xa que un grupo de congresistas dos comités crave de ambas as dúas cámaras púxose de acordo nas grandes liñas que debería incluír o programa final. Porén, témese o peor para a sesión deste venres.
George Bush recibiu aos líderes do Congreso, a Barack Obama e a John McCain. Con todo, o encontro non deu ningún froito tanxible. Os lexisladores republicanos e demócratas continuarán este venres coas negociacións.
Pois mira por donde, vou a estar de acordo con McCain. A estes multimillonarios de Wall Street que cando hai beneficios son máis capitalistas que Adam Smith e despois en época de vacas flacas intentan socializar as perdas, o Estado só lles debería pagar a comida nunha cárcere.
E o mesmo no estado español no que agora Zapatero lles vai regalar 3.000 millóns de euros as inmobiliarias para darlles saída aos pisos en stock. É dicir, a cidadanía, ademáis de ter que ver como desfacían o medio natural con urbanizacións á esgalla, agora temos que pagar os pisos que se fixeron de máis con nosos impostos.
Eu non sei que me da máis noxo, se os promotores sen escrúpulos, ous os políticos que lles regalan os cartos de todos nos.
Estes yankis sonche a ostia. Primeiro se tiran 45 anos combatendo nunha guerra fría coa URSS, en gran parte por defendender precisamente o libre mercado e a non intervención do estado na economía, e logo cando teñen problemas non se lles ocorre outra cousa que nacionalizar as empresas en crise. ¿E que agora on comunistas?
Jatopardo, nos USA o problema é dunhas dimensións astronómicas e como o estado non faga unha intervención producirase un cataclismo a nivel mundial. Bush é case que mais liberal co Reegan, e o asuntiño xa ten que ser de carallo para que o estado pretenda unha intervención coma a que pretenden.
No caso do Zapatero non estou tan dacordo, non se pode pretender cas inmobiliarias sigan tirando da economía do estado porque xa se ve como andan as cousa... moitas delas teñense que ir ao carallo.
Traducido: ou Guatemala ou Guatepeor. Ver máis en
amoscaesquerdosa.blogspot.com
Cousas veredes que non creredes.
Os EEUU nacionalizando Bancos e querendo meter 700.000.000.000 millóns de dólares para os salvar e logo os devolver saneados; pero cós cartos de todos.
De ZP seica anda a dar receita de salvación coa mesma actitude que os EEUU.
Non sei se votastes conta do que lle tocaria a cada americano dos EEUU.
Primeiro nos meten nunha Guerra e despois nunha Crise, que será o seguinte?.