Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rescate financeiro de 700 mil millóns de dólares

Bush recoñece a grave crise de EUA e pide apoio para o seu plan intervencionista

"Son un firme defensor do libre mercado, mais estas non son circunstancias normais", afirmou.

Axencias - 09:00 25/09/2008
Bush, esta cuarta feira

Bush, esta cuarta feira

O presidente estadounidense, George W. Bush, confirmou esta cuarta feira que Estados Unidos atópase no medio dunha grave crise financeira, á vez que tratou de convencer os norteamericanos a que apoien un plan de rescate financeiro de 700 mil millóns de dólares para sacar de apuros ás entidades.

"Estamos no medio dunha grave crise financeira e o goberno federal está respondendo cunha acción decisiva", manifestou Bush nunha mensaxe de urxencia pronunciado pola noite desde a Casa Branca.

Nese sentido, o mandatario estadounidense alertou de que "o mercado non está funcionando apropiadamente", hai unha importante perda de confianza, os sectores máis relevantes están en risco, e máis bancos poderían declararse en bancarrota e provocar unha recesión na economía estadounidense", agregou Bush.

"Son un forte defensor do libre mercado, así pois o meu instinto natural é oporme á intervención do goberno", asegurou Bush. Pero "estas non son circunstancias normais. O mercado non está funcionando correctamente. houbo unha enorme perda de confianza", remarcou.


3/5 (2 votos)

Comentarios (6)

bertez #1 25/Setembro/2008 bertez
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

"Dicimos que non temos diñeiro para erradicar a pobreza. Que é imposible. Pero de súpeto, ¡anda! si que temos 700.000 millóns de dólares para salvar de creba a Wall Street." (Bernie Sanders, senador de EE.UU)

http://www.democracynow.org/20...

buarque #2 25/Setembro/2008 buarque
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Como non fala do que gasta o seu país en defensa e en facer guerras inxustas por aí adiante. Iso si, despois as cidadás/cidadáns norteamericanos non teñen seguridade social universal. E agora resulta que cando son os millonarios os que están en problemas hai que axudalos. Como di Chomsky o capitalismo para os pobres e o socialismo para os ricos. Canto ao "instinto" de Bush eu diría que máis ben asasino ca outro.

DanielErreCe #3 25/Setembro/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Este tío pasará á historia como o maior incompetente que chegou ao máis alto do poder na historia moderna (quizás algún monarca español poida igualar tal fazaña): durante o seu primeiro mandato, e á espera de que Bin Laden impulsase un atentado que o catapultase ao fiermamento dos deuses, vai e lle mandan un bombardeo de avións co triste resultado que todos coñecemos; o segundo mandato aínda pode dar moito de si visto o camiño percorrido... o dito: pasará a historia como o liberal que se cargou o liberalismo. Un Heroi.

Lisboeta #4 25/Setembro/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Trata-se duma chantagem muito interessante, o FED (que ao contrário do que se pensa não é o equivalente ao BCE em termos jurídicos pois trata-se da designação dada a um conjunto de 15 bancos PRIVADOS que comandam as decisões do governo americano), ou os contribuintes americanos poem o "dinheiro que falta" e que em boa parte foi para os bolsos deles, ou é "decretada" uma recessão planetária que irá fazer cair os preços de todos os mercados o que lhes permitirá a eles (os detentores do capital) comprar tudo e mais alguma coisa a preços de saldo (tal como aliás aconteceu no trágico dia 29 de Outubro de 1929) !!!!

Será que desta vez a Europa vai servir para parar esta roubo de escala planetária?

tinho #5 26/Setembro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

e que manda caralho, ou sexa, eu enriquezo-me a mim e a todos os meus amigos milhonarios, e cando deixo de ganhar cartos(que nom perde-los)vai e di, que isto hai que pagalo entre todos,que para iso estamos numha sociedade capitalista,morte o tirano morte ao capitalismo

baltar69 #6 26/Setembro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

si realmente o w. bush é capaz de levar adiante o séu plan, eu sácome o sombreiro e até o pantalón, por que sen dúbida foi, de lonxe, o máis listo de tódolos políticos que teño visto en acción funambulesca.
hai quen rouba algo aproveitando un carguiño; outros bótanlle peito e rouban un pouco máis. os máis listos, que xa lles acada vir de familia como ben pontificou fai anos o presidente fraga ante a incompresión circundante, afanan bastante. pero éste, éste planexa a estafa máis grande da historia e por encima diante de millóns de cantamañáns que, coma mín, non teremos outra que pagala conta.
mimá. foi quén de facerse co control total da máis grande democracia inxectando medo a todo cristo cos atentados do 11 s, invadiu afganistán para facerlle o oleoducto a unocal, apoiouse no antrax para apretar aínda máis a unha poboación histérica, anexionouse do irak para gobernala súa reserva petroleira, meteu uns bombazos en istambul, yakarta, madrí e londres para mantela paranoia do enfrentamento cunha fastasmal alcaeda que non é máis que unha creación da cia, colleu o control de áfrica e de media europa matando e mercando, mercando e matando para dinamitou a ue e enriqueceu e colocou a tanta xente con diñeiro dos impostos da cidadanía que resulta obvio que as guerras máis lucrativas son as que non se acaban nunca.
máis, si lle sae esto xa será a gran traca final, o chupinazo excelso, o orgasmo universal: cobrar de novo o que xa está pago os mesmos que o pagaron xa antes. o nunca visto. e logo hai quen dí que é parvo. parvo éste? home, quen mo dera na casa, mecagoendiola.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete