Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DUNHA SEMANA NEGRA

O anuncio de medidas intervencionistas en EUA fai reaxir as bolsas

O optimismo volve aos mercados logo de que trascendese que a administración pública estadounidense vai saír ao rescate dos bancos.

Redacción - 12:00 19/09/2008
Tags: bolsas crise

As bolsas europeas están á alza logo dunha semana negra en canto a resultados. Os mercados animáronse logo de que trascendese que o goberno de EUA e a Reserva Federal perapara medidas urxentes para poñerlle freo á crise. Xornais como The Wall Street Journal consideran que as medidas da administración Bush é a intervención gobernamental máis importante dende a gran crise de 1929.

A “medida estrela” do executivo de Bush sería a creación dunha axencia pública que se vai facer cargo das hipoteca subprime que lastran gravemente as entidades financeiras. As medidas intervencionistas do goberno estadounidense fixeron que as bolsas europeas estean a subir até cinco puntos no que vai de xornada.

Ampliar información aquí:


5/5 (1 votos)

Comentarios (7)

Barcelos #1 19/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Morrer habemus, xa o sabemos.

Eu coidaba que Lehman Brothers era un grupo musical.
Sí, díxome o meu curmán: E "tocaron" fondo de carallo.

alboiando #2 19/Setembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

beneficio privado, gasto público!

a nacionalización é só das débedas ou tamén dos réditos?

Lead_bocas #3 19/Setembro/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Capitalismo morreu
só falta que o enterremos antes de todo apodreza con el.

tuzaro #4 19/Setembro/2008 tuzaro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou dacordo co Lead_bocas, pero dubido de se esa morte servirá para a súa desaparición ou se teremos que seguilo soportando aínda despois de morto!!

http://augasceives.nireblog.co... velaquí unha análise posíbel

Carlinhos #5 19/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bastardos vermelhos; se o Adam Smith ressucitasse, matava-no do susto. Liberalismo ou barbarismo! Que será próximo? Controlar as contas bancárias nos paraísos fiscais?... Umha Sanidade pública nos EUA? Universidades para os filhos d@s trabalhadores? Negar que o mundo foi criado por Deus? Que neguem o dereito a ter armas e usa-las contra os delinquentes que todos os dias querem roubar nas nossas casas e violar as nosas filhas e mulheres? Abolir a pena de morte? Legalizar o aborto em todos os estados? Deixar que o resto do mundo tome decisons sem ter-nos em conta?, Para quê deixarom a vida os herois da pátria em Coreia e em Viet-Nam! Nojo de Gentalha! (Red-)Bush é um vendido à Coreia do Norte e Cuba e está a dar-lhes azas e aços. Capitalismo ou morte, venceremo$!

COUTOVEN #6 20/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que tristeza para o pobo Venezolano cando o irresponsable goberno Chavista investiu millóns de dólares da nación en notas estruturadas de Lehman Brothers.

Como verán. Ser antiimperialista non é cuestión de dicilo. é de practicalo. Hoxe en día Venezuela vende o 53% do seu petróleo ao imperio. A maior parte das nosas importacións provén do imperio. Venezuela segue sendo o primeiro accionista da CITGO.

Pero non bastando con todo isto. No día de hoxe o bo Chávez deu un novo golpe ao imperialismo asinando un convenio de explotación petroleira coa ChevronTexaco.

Unha cousa é ser antiimperialista e outra cousa é realmente selo.

amoscaesquerdosa #7 20/Setembro/2008 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai outras alternativas fronte a política privatizadora tipo PP, ou a keinesiana de corte socialdemócrata. Ver máis en
amoscaesquerdosa.blogspot.com

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete