Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Polémica

Steiner pídelle "desculpas" ao Pen Clube a través dun xornalista de El País

"O meu comentario irreflexivo foi unha resposta ao chauvinismo rexional que ameaza agora a unidade de España", afirma.

Redacción - 12:50 19/09/2008

O filósofo George Steiner pediulle "desculpas" ao Pen Clube de Galicia polas súas declaracións despectivas sobre o galego, que cualifica de "comentario irreflexivo". Os seus comentarios foron obxecto de críticas dende todos os sectores da sociedade, e o Pen Clube esixiulle unha desculpa.

Nunha breve mensaxe enviada ao xornalista de El País Juan Cruz, autor da entrevista, que este á súa vez remitiu ao Pen Clube, Steiner sinala que como demostra no seu libro Despois de Babel é un "apaixonado defensor das linguas e das literaturas minoritarias".

"O meu comentario irreflexivo foi unha resposta ao chauvinismo rexional que ameaza agora a unidade de España. Pido as miñas máis sinceras desculpas", conclúe Steiner.


3,5/5 (16 votos)

Comentarios (23)

Reburro #1 19/Setembro/2008 Reburro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Mais outro etnocida que agora nom sabe como agochar o seu pecado

Xanzinho #2 19/Setembro/2008 Xanzinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

"O meu comentario irreflexivo foi unha resposta ao chauvinismo rexional que ameaza agora a unidade de España"

lol

Como era aquilo do remédio ser pior do que a enfermidade? :D

bezoucos #3 19/Setembro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Glorioso. Agora defender a túa identidade, a túa lingua, a túa cultura é chauvinismo e ademais vai contra a unidade de España. Pois segue a non ter nin idea este cultísimo home, ou si??.
Xa van dous toques dende a Xermania (lembremos o caso do catalán nunha aerolínea), que dan que pensar neses acontecementos ocorridos en Cosova ou Xeorxia. Isto é, tranquilos españois que todo isto non vai con vós... ou algo así. Teño que dicir que aínda non lle collín o truco á política internacional alemá.

MrSrD #4 19/Setembro/2008 MrSrD
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

After Babel, tal como figura no El País, non é evidentemente o seu último libro; é do 1975. O seu comentario autocoméntase bastante, e contradí aparatosamente o cheirinho nutritivo daquele livro velho.

MrSrD #5 19/Setembro/2008 MrSrD
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Es que el intenta fracasar cada vez mejor, hombre, xa o disía o titular.

suso #6 19/Setembro/2008 suso
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"O chauvinismo rexional ameaza agora a unidade de España"
Rediola....!!!!
E essa unidade, é "sagrada"?
E uma "unidade de destino en lo universal"?
Há que dar até a última pingada do nosso sangue por defendê-la?

Iste homem é um autêntico babeco. Na entrevista original laiaba-se de que havia mui poucos livros franceses entre os mais lidos.
Já se vê: chavunismo é só o dos outros.

trapalleiro #7 19/Setembro/2008 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

manda carallo,
un intelectual multipremiado que cando fala parece Rajoi, asi lles vai.

mnawe #8 19/Setembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Só podemos mostrar indiferenza a estas agresións...

kandinsky #9 19/Setembro/2008 kandinsky
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

De viejo tres veces niño". Para este homiño cauvinismo so é o galego e Galicia, pero non Cataluña nin o catalán,que "es una lengua importante". Este señor si que é un perigo para unidade dos pobos, pois nos os galegos respetamos, e moito, o catalan e tamen o euskera; este tipo de babosadas so intentan enfrontarnos uns contra os outros. Xenocida

Barcelos #10 19/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Mellor non meneallo, porque o acabas de foder aínda máis.

Chauvinismo rexional???????????????
E o teu que é? Marxinalismo nacional.

kkruxo #11 19/Setembro/2008 kkruxo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

"Excusatio non petita acusatio manifesta". Aínda por riba, neste caso tivéronlla que pedir. Falso, máis falso que un euro de madeira.

Barcelos #12 19/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A unidade de España a ameaza Marca con "Raul a la selección"

galegasenprexuizos #13 19/Setembro/2008 galegasenprexuizos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Para excusarte desa maneira tan pésima, ben podías estar calado, Steiner, só consegues que cada vez deas máis asco.

Xos #14 19/Setembro/2008 Xos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Exitazo do mundo literario galego que este tío teña que pedir disculpas. Está claro que lle informaron da rica literatura galega. Polo demáis, que opine o que queira, non sei por que vos molesta tanto. Tendes a lingua moi afilada con termos como xenocida, falso, babeco... de verdade, deixade de tomarvos a vida tan en serio.

OBSERVADOR #15 20/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

8-O

Foda-se! Ameaça a unidade da Espanha! E ele tem que defender essa unidade, claro, como bom cavaleiro de Redonda... ai que caralho.

COUTOVEN #16 20/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei que sexa peor. O que dixo ao minimizar o idioma galego. Ou ao pretender sinalar unha suposta perda da unión de España.

Entón podemos deducir que segundo el os cataláns se son unha nación porque el considere que o Catalán se é unha Lingua.

Aínda que a poboación galega falase un idioma distinto ao noso. O seu sentimento de nación reside en cada unha das persoas que consideran que esta patria é real. Este concepto de nación é moi amplo e creo que independentemente que se estableza unha república Galega de feito e de dereito. Non perderá os seus lazos de irmandade con outras comunidades peninsulares.

De tal maneira que non se pode xustificar o insulto cara a un idioma que é o medio de expresión dunha comunidade histórica hoxe e unha nación no futuro.

teixugo #17 21/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

¬

Erasmo #18 21/Setembro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Breve mensaxe enviada ao xornalista de El País Juan Cruz que este á súa vez remitiu ao Pen Clube.

Resumindo: Steiner rectifica, pero El Pais NO.

Dede o inicio desta polémica estaba clara a intención de El Pais (manipular e orientar as declaracións do Steiner para alimentar a súa estratexia mediatico-electoral).

Como podemos observar a lingua convertese no tema estrela da nova campaña electoral do PSOE (contra PP, facéndolle ás beiras ó BNG como futuro socio de goberno).

Mentres dende o Estado (El País) séguese a atizar o tema da identidade poñendoa en solfa para focalizar o debate político nestas cuestións e non falar do que (NON) FIXERON UNS E OUTROS durante estes catro anos en Galiza.

Eu pediríalle a ese periodico a publicación do comunicado de Steiner e xa veríades cal ía ser a súa resposta: Silencio!

Nin Steiner é deus nin 'El Pais' xoga limpo...!

rockandroll #19 22/Setembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A ver, Steiner, que me entere eu, quê óstias che importa a ti que sejamos Espanha, que nos federemos com Uzbekistám ou que sejamos estado independente? Quê óstias che pica a ti, que nom o acabo de entender?

luisfoz #20 22/Setembro/2008 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

As "desculpas" de Steiner falam por si próprias. Além disso, que lhe importa este senhor a "unidade de Espanha", vai-se nacionalizar quiça? Já nom abunda com que os espanhóis opinem (e decidam) sobre o futuro de galegos, vascos ou catalans; agora trazem de reforço os "intelectuais" europeus que nom tenhem nada melhor a fazer.

BonKarallan #21 22/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Steiner, Steiner, un filósofo non pode ter komentarios irreflexivos y tranki que non hai ningun galego na selección. As árbores non che deixan ver a "Del Bosque".

forxas #22 23/Setembro/2008 forxas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lede a andanada de parvadas do ínclito Javier Marías, tan ben agradecido de Prisa, no suplemento de El País. Defende o dereito do erudito Steiner (se é ou no filósofo daría para outro debate, alomenos non ao nivel de Deleuze, Rorty,Derrida,Davidson,etc)a facer uso da súa subxectividade.Ten chegado a uns niveis de soberbia e abuso da súa privilexiada atalaia (coñecida é a súa misoxinía rampante)até o punto de que guinda unha récola de pseudoargumentacions sobre a subxectividade que o levan ignorar os preconceitos, a desinformación e polo tanto, o recoñecemento da subxectividade do outro, o cerne intersubxectivo que aniña en toda subxectividade por moi erudita que esta sexa. Mais un intento de cousificar o outro, mais unha degradación do convívo posibel.Se a liberdade é a esencia da subxectividade como observara o Sartre ao dicer que baixo a ollada do outro a miña liberdade diminue, degradándose, que saiban entón Marías e Steiner que a literatura galega continua a criar as súas posibilidades alén dos seus intentos irreflexivos por coartala.Cecais mesmo chegará o tempo que esas posibilidades mil veces silenciadas reaxan sobre deles con máis azos.

forxas #23 23/Setembro/2008 forxas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El español, ¡qué gran Lengua!Xavier Rubert de Ventós
http://www.elpais.com/articulo...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete