Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise financeira

EUA nacionaliza AIG, a maior aseguradora do mundo

A Reserva Federal rescata a entidade cun préstamo de 85 mil millóns de dólares para impedir que a súa creba arrastre todo o sistema económico.

Redacción - 09:15 17/09/2008
O goberno adquiriu o 79,9% das participacións

O goberno adquiriu o 79,9% das participacións

A Reserva Federal Estados Unidos autorizou este martes á Fed de Nova York a prestar até 85 mil millóns de dólares (60,045 millóns de euros) á aseguradora American International Group (AIG), a máis grande do mundo, para intentar liquidar a súa fráxil situación financeira.

O directorio do banco central estadounidense informou de que o préstamo garantido foi autorizado co total respaldo do Departamento do Tesouro "con termos e condicións deseñadas para protexer os intereses do goberno de Estados Unidos e dos contribuíntes".

"O propósito desta liña de liquidez é axudar a AIG a cumprir coas súas obrigas na medida en que vencen", agregou nun comunicado. O goberno estadounidense recibirá un 79,9 por cento de participación en AIG e ten o dereito a veto nos pagos de dividendos para accionistas comúns e preferentes.

A Fed indicou que nas actuais circunstancias, unha creba desordenada de AIG agregaría niveis significativos de fraxilidade aos mercados financeiros, incrementando os custos de créditos e debilitando a economía.

Ademais, considerou que a nacionalización era algo necesario, en contraste co do banco de investimento Lehman Brothers, xa que a aseguradora ten extensos vínculos con outras firmas e produtos financeiros, e porque os mercados estaban mellor preparados para a bancarrota do primeiro.


5/5 (3 votos)

Comentarios (9)

ulo #1 17/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bush nacionalizando como Chavez.... os EUA convirténse ao socialismo e a estatalizacion; ou simplesmente queren salvarlle a cara ao capital en crise.
Moi ben. 20 anos atacando as estatalizacions -e convertendo a toda a esquerda institucional á teoria de que a "xestion privada" dos servizos é o mellor-, e agora van e estatalizan/nacionalizan.
Sres do PSOE e o BNG, que tanto privatizades ultimamente, aprender de Bush, e abandoar a vosa mania de privatizalo todo, desde o Gaiás ata o tte publico, desde a saúde ata o ensino...
Cando vexas as barbas do teu veciño cortar....
E sr de El País, de La Voz de Galicia, e demáis propagandistas do mercado, un pouco de autocritica... levados ducias de anos facendo apoloxias do capitalismo... e agora que se vai a merda, vai Bush e nacionaliza.
Pola nacionalizacion/estatalizacion de todos os servizos e industrias esencias, antes de que lles chegue a crise, o que fagan e socializar as perdas.

Chardella #2 17/Setembro/2008 Chardella
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Señores do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial fágannos o favor de indicarlles ás autoridades dos EUA que non practiquen unha política intervencionista no económico. Recétenlles a mesma menciña que tanto ben procurou a outros países. Xa se sabe se as empresas privadas non saben facer xestión que sexa o mercado quen as expulse.

Prado #3 17/Setembro/2008 Prado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Despois privatizarán de novo. Ou sexa, na crise do capitalismo, solucións socialistas para as empresas, e desemprego, precariedade e conxelación salarial para os traballadores e as traballadoras.

carlosroca #4 17/Setembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta si que é boa, pero quen se cre que o Estado nos EUA non existe....

piorno #5 17/Setembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nom tenhas dúvidas, Prado. Assim que volte a dar benefícios, será logo privatizada por 4 dólares.

O de sempre, as perdas pagas polos trabalhadores e os benefícios para as grandes multinacionais. Privatizaçom dos benefícios e socializaçom das perdas. Ou a transferência obscena do dinheiro público às mãos privadas de uns poucos.

Lisboeta #6 17/Setembro/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ao contrário do que muita gente (a começar por mim até há um ano atrás) acredita, a Reserva Federal Americana não é um banco central como o Banco Central Europeu. O nome Federal foi um nome que lhe foi dado para induzir em erro a população. O FED é um organismo privado em que participam 15 bancos privados com os seus acionistas privados. Assim toda a política do FED é ditada por interesses exclusivamente privados. Comprar empresas em apuros, ou deixá-las ir à falência, não são decisões do governo americano em benefício mas sim do colectivo desses 15 bancos. Assim, o termo nacionalização que aparece no título da otícia, não me parece é o mais correcto.

Para que se entenda melhor esta mecânica junto deixo alguns links EXTREMAMENTE INTERESSANTES...

http://br.youtube.com/watch?v=...
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...


Saudações Lusas

Lisboeta #7 17/Setembro/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

correcção ao #6

"não são decisões do governo americano em benefício da população mas"

Lisboeta #8 17/Setembro/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sobre a Reserva Federal (FED)

http://www.youtube...
http://www.youtube...
http://www.youtube...

mceleiro #9 17/Setembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nacionalizar na era das privatizações?...estão tolos estes ianquis!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete