O Banco de Xapón tivo que inxectar 7.100 millóns de euros para darlle liquidez a un mercado que arranca con fortes perdas.
Non houbo sorpresas. Tal e como se agardaba, as bolsas do continente asiático abriron este marte con fortes caídas, tal e como ocorreu o luns en América e Europa. A creba do banco Lehman Brothers demostra unha vez máis que a crise nunha economía globalizada non entende de fronteiras.
Logo de permanecer pechadas as principais bolsas asiáticas por ser día festivo, o índice Nikkei de Tokio caía cinco puntos e acadaba o nivel máis baixo dende 2005. Ao igual que fixo o Banco Central Europeo, o Banco de Xapón tamén anunciou que ía inxectar 7.100 millóns de dólares para intentar estabilizar os mercados.
Os expertos consideran que a crise económica internacional pode aínda agravarse máis nos vindeiros días. Todas as olladas están postas noutros bancos e grandes aseguradoras que atravesan dificultades importantes de liquidez e que poderían ter que seguir o camiño de Lehman Brothers.
hum, creo que vou ir nesta semana ao banco e facer un traspaso de fondos á caixa de galletas danesas que teño na viga da bodega. zapatero estáseme parecendo moito a aquel aúlico de la rúa e a tiopa solbes recórdame en demasía a domingo cavallo.
Que razón tes baltar69. Iso que dis lémbrame o documetal arxentino: "memoria del saqueo" Moi, moi recomendábel. Non sei quizais a única vantaxe de estarmos na Unión Europea é que o noso diñeiro no banco non desaparecerá ou que a moeda non se depreciará. Ou si?
Asi que chegaramos ao final da historia...
O neoliberalismo bota man do que sempre fixo o capitalismo de todas as épocas: do Estado, dos contribuíntes, dos traballadores para apagar os incendios que provoca.
Hoxe, máis ca nunca estamos necesitados dun auténtico partido anticapitalista coma ese do que fala Olivier Besancenot nunha entrevista que lle fai o diario Público de Madrid...
amoscaesquerdosa.blogspot.com