Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Despois daquela mítica vitoria de Álvaro Pino

Case 20 anos despois, un galego gaña unha etapa da Vuelta

O corredor do Xacobeo, David García, esprintou a Avenida da Liberdade de Ponferrada e atravesou só a liña de meta. Xa o dicía Pino, "os pobres tamén podemos facer dano".

Redacción - 17:55 15/09/2008
David García Dapena entrando na meta en Ponferrada / Imaxe: eitb24

David García Dapena entrando na meta en Ponferrada / Imaxe: eitb24

Foi o seu día. Facía exactamente 19 anos que un galego non gañaba unha etapa da 'Vuelta a España', dende a entrada triunfante de Álvaro Pino en 1989 (tres anos antes gañara a rolda). Esta segunda feira, a poucos minutos das 18:00 horas, o corredor de Marín, David García Dapena, do Xacobeo Galicia (que, precisamente, dirixe Pino), percorreu a gran velocidade a Avenida da Liberdade, na capital do Bierzo, e entrou só na meta gañando a 15ª etapa da rolda estatal.

Os seus perseguidores, Nuyens de segundo e Garate de terceiro, entraron 17 segundos despois. David García arriscouse, atacou a tres quilómetros da meta e fixo dano.

O de Marín acadou, con este triunfo, os seus dous obxectivos nesta 'Vuelta', que, segundo dixo eran "gañar unha etapa e meterme entre os 15 primeiros. Hoxe tiña a total convicción de que podía gañar, a sorte acompañoume... e a forza tamén", declaroulles, a pé de meta, aos enviados da Radio Galega. Xa o dicía este domingo o anoxado director deportivo do XGZ, Álvaro Pino, cando os Astana Contador e Leipheimer eran pouco agradecidos con Ezequiel Mosquera: "os pobres tamén podemos facer dano".

É un dos triunfos máis importantes do ano para un corredor que tamén gañou a Volta a Turquía, despois de ser terceiro no Gran Premio de Istambul, en abril deste ano. Esta vitoria fíxolle subir da 20ª á 13ª posición na clasificación xeral. Porén, o seu equipo, que até este domingo era cuarto, por detrás do Astana, o Caisse D'Epargne e o Euskaltel-Euskadi, está agora de quinto, xa que se lle meteu diante o CSC.


5/5 (14 votos)


Comentarios (13)

dumiense #1 15/Setembro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

FORZA DAVID!!!!

XA TEMOS UN NOVO CRACK NO CICLISMO GALEGOOOOOOOOOOOO

Esperemos que este non ande a firmar manifestos a prol de castelán e si a prol do galego!

Sr_J #2 15/Setembro/2008 Sr_J
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tremenda tempada que se está marcando a equipa galega! O ano anterior nom foi malo, mas neste estám a sobardar qualquer expectativa, especialmente Mosquera (Volta a Catalunya, etc) e este David Garcia.
Parabéns, e obrigado à aposta feita desde a Conselharia de Cultura -mérito de Santi Domínguez, hai que lho reconhecer- para montar umha equipa galega de ciclismo profissional. E ademais, com um núcleo duro de corredores da terra -ademais do director, Álvaro Pino- que estám dando bós resultados.

UnDeTantos #3 15/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Levo moitos anos "enganchado" ao ciclismo,nin imaxinades a ledicia que me está dando este equipo desde a primeira proba na que competiu!
Adiante xacobeo! Adiante Mosquera! Adiante David!

ghalisia #4 15/Setembro/2008 ghalisia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No Angliru máis da metade da xente que había era galega, e había centos de bandeiras galegas, moitas delas coa estrela. Un exitazo! Parabéns a todo o equipo e aos promotores!!!

dumiense #5 15/Setembro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

estiven no angliru, o sentimento é imposible de imaxinar, a xente coas bandeiras galegas como tolos animando aos xacobeos!!!

se podedes ir algún ano non perdades a oportunidade

El_pastorrr #6 15/Setembro/2008 El_pastorrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

GRANDEEEEEEEEEEEEES!!!

pepedaconcha #7 15/Setembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este si que é un ciclista e un equipo do que sentirse orgullosos. Gracias Xacobeo Galiza por devolvernos a ilusión polo ciclismo. Pereiro que risa que me das.

http://www.galizaceive.es/

homeclaro #8 15/Setembro/2008 homeclaro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Grande Xacobeo!! e máis grande inda David!! agora a axudar a Eze a pelexar polo podio.
Sempre Xacobeo Galiza!! (ogallá sexa por moitos anos)

Arroas #9 15/Setembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aí rapás ¡¡¡¡¡ Si señor.
Rspeito ao de asinar manifestos, xa vedes que o Ezequiel escribe a crónica no Faro (uns desvergonzados) en galego. O de MOs é un probre estónago agradecido colonizado "cool"
Só fica que os do CELTA se dean conta que cos da canteira o van facer mellor, con máis paixón e "ganas" que unha tropa de mercenarios de ningures. PArabems ao Xacobeo GZ ¡¡¡¡

tuzaro #10 15/Setembro/2008 tuzaro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o que estamos a disfrutar algúns con estes corredores nesta proba é directamente proporcional ao seu traballo e ao que o merecen!!
Agardemos que para o ano que vén haxa un esforzo dos responsábeis por reter os corredores no equipo galego que van ter ofertas a esgalla.
Parabéns e adiante!!!

(por certo, canto lle gustaría ao asinamanifestos estar aquí e non ser un segundón no seu equipo: sería o máis "glamouroso" no medio dunha xente humilde)

caloiro #11 16/Setembro/2008 caloiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un saúdo, David, veciño, parabéns pola etapa!

tuzaro #12 16/Setembro/2008 tuzaro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

david garcía é dos que aparece nesta boa análise sobre os nosos deportistas: http://augasceives.nireblog.co...

Carlinhos #13 16/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns.
7# http://www.galizaceive PONTO ES!!!!!!??????????

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete