Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O primeiro triunfo do equipo ciclista profesional galego

David García, do Karpin Galicia, gaña a Volta a Turquía

Recibiu, de mans do presidente de Turquía, Abdullah Güll, o trofeo. É a súa primeira vitoria nunha proba internacional, e tamén a primeira do KGZ.

Redacción - 09:32 21/04/2008
David García no podio

David García no podio

O ciclista do Karpin Galicia, David García, recibiu de mans do presidente de Turquía, Abdullah Güll, o trofeo que o acredita como o vencedor da 44º Volta a Turquía (44th Presidential Cycling Tour of Turkey). É o primeiro triunfo do equipo galego na clasificación xeral dunha proba por etapas, e chegou tras sete días de competición e un percorrido de mil quilómetros.

David García apoiado todo o tempo polos tres compañeiros de equipo que lle quedaban en carreira, puido salvar con menos dificultades das previstas a última xornada, que se anotou ao sprint o arxentino Ariel Richeze (CSF Grupo Navigare).

"É unha satisfacción enorme gañar unha proba nacional"

O Karpin Galicia regresa esta segunda feira do seu periplo por terras turcas coa primeira proba por etapas para o seu palmarés. É unha volta que está alcanzando un alto prestixio deportivo e co peso social que corresponde a un país coa historia e o nivel demográfico de Turquía.

A competición comezara o domingo 13 de abril, coa disputa do Gran Premio de Istambul, unha carreira que non contabilizada tempos para a xeral da volta, pero na que tanto David García como Gustavo C. Veloso deixaron constancia do seu bo momento de forma cun terceiro e un quinto postos, respectivamente.

Logo de sete días de carreira, quedou patente a forza que une, como equipo aos corredores do KGZ que, a pesares de iren quedando moitos fóra da rolda, os catro que quedaron continuaron apoiando a García.

David García, que é un corredor que acostuma botarlle sempre unha man aos seus compañeiros, gañou por fin unha volta internacional, por iso a súa alegría estaba máis do que xustificada cando terminou a carreira: "É unha satisfacción enorme gañar unha proba nacional. Este triunfo darame serenidade para as probas que veñen. Tal vez sen presión gañe máis. O meu principal obxectivo, como o do equipo, é a 'Vuelta a España'".


5/5 (4 votos)

Comentarios (10)

pelacho #1 21/Abril/2008 pelacho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que curioso

El_pastorrr #2 21/Abril/2008 El_pastorrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que espetáculo!

baltar69 #3 21/Abril/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vexo moitas novas relacionadas co ciclismo por aquí. é que alguén, na redacción, ten afición pola bicicleta ou é pola proximidade do deporte cas sustancias dopantes?

dumiense #4 21/Abril/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o ciclismo galego está de noraboa e non deberiamos buscarlle tres pés ao ghato. Se saen novas do Karpin é porque as merece!!!

Outra cousa ben distinta é a calidade da redacción das novas, moi por baixo do que merece este equipazo.

Tonecha #5 21/Abril/2008 Tonecha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ao mellor podías ir mandando ti as túas crónicas, se tanto controlas... Pénsao!

de tódolos xeitos, este debe ser o único medio que lle fai algún seguimento ao Karpin Galicia de todo o país,e ao ciclismo galego, anque non che pareza decente.

marcevino #6 21/Abril/2008 marcevino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

baltar 69, es un auténtico cretino. Nótase que nunca te subiches a unha bici e suaches a gota gorda. Seguro que coas mortes súbitas do futbol, ese gran e limpo deporte desfrutarás máis. Cretino total...

gandarela #7 21/Abril/2008 gandarela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns David!!! estou seguro de esta vai ser a primeira de muitas vitórias... a 'pandilha' de ciclistas fracasados do Morraço está contigo em Turquia, em Malaysia ou onde for.

Se este é seguimento que se lhe fai ao KGZ na Galiza vamos apanhad@s.

baltar69 #8 22/Abril/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

oe, chaval, marcevino do carallo, si tés o sentido do humor atrofiado e che pica a almorrana de tanto sillín é problema téu, pero a mín non me chames cretino, que a miña xenética é perfecta e o méu desenrolo intelectual e social está fóra de toda duda.
e sí, súbome bastante á bicicleta ( e báixome tamén dela, oe ), sobre todo cando non chove e a primaveira pon ese ton estalante e frondoso na miña comarca. pero fagoo por pasear, por que me gusta pedalear e sumirme no contorno. nin preciso para elo culotte nin cadro de carbono, sírveme a sinxela bh over x 480 que teño e un casco do carrefour. tampouco preciso un maillot multicoor con anunciantes ou dorsais, nin cámaras, nin médicos, nin plasma limpo para o control antidopaxe, anque ao mellor á media tarde me encirre cunha voll damm e media pastilla de chocolate lindt.
tamén xogo o fútbol, o baloncesto e o tenis. corro e córrome ás veces e encántame xogar ó que sexa por que sinto que me integra no rededor, tanto no medio no que o fago como ca xente ca que participo. pero nin me interesa o fútbol da tele nin outro deporte profesional calquera, por que eses xa non son xogos, amigo. son soportes publicitarios para sumarlles costes de producción na góndola á comida que merca a túa nai ou maniobras para evadir cargas impositivas, son nurembergs particulares sen adolfo ( anque as veces estaba o noso aznar ), o pan e o circo para manter á sociedade adormilada.
e nada ten de sano e de exemplarizante este tipo de asuntos dos que falo. baste ver as vergonzantes declaracións de uns e de outros nos medios para pretender que os méus fillos busquen gratificación noutras cousas e se alonxen de esta concepción do lúdico.
ahora ben, chámame a atención esta insistencia en vieiros co asunto karpin galicia e soio pretendía bromear un pouco, que a cousa xa está normalmente ben cargada. pero todo humorismo ten a súa ringleira de crítica, de guiño cómplice, e o caso daquel héroe nacional de las españas, johann muehlegg ( nuestro juanito múler da tarde de calquera domingo )espero que non se repita con este equipo, por que dame igual como se arrastre polo fango ou polas nubes o nome do constructor valeri karpin, pero para nada me gustaría que se identificase o nome de galicia ca mafia do deporte, cos anabolizantes e cas trampas.

BonKarallan #9 22/Abril/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Manda carallo! ¡A volta a Turquía! ¡A que esta a liar o Zapatero!

Alí están as nosas goletas galegas, co o coxo de Lepanto.

marcevino #10 22/Abril/2008 marcevino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ohhh, qué lírico o noso baltar particular. Non sei se irá con sillín ou sen el, pero vai coma unha moto a escape libre. meu sentido do humor está a proba de bombas, incluso de paiasetes de medio pelo. Baltar, baltar, non te tires do manillar !!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: