Desenvolvida por Ceivar, a convocatoria ha denunciar tamén a presunta agresión sufrida esta semana polo mozo Santiago Vigo na prisión de Aranjuez.
Ceivar organiza esta primeira cadea humana que, na véspera do Día da Patria, ha xuntar a varias persoas na Praza de Galiza, en Compostela, para denunciar a "dispersión dos presos e presas independentistas galegos e esixir a súa liberdade".
O acto é público, comezará ás 19:30 horas, e nel, ademais do citado, hase denunciar, segundo contan dende Ceivar, o "endurecemento represivo producido nos últimos meses", ao tempo que se sinalan "responsabilidades políticas que existen neste tratamento de excepción".
Neste sentido, tamén se denunciará a presunta malleira que a organización afirma ten recibido o preso independentista Santiago Vigo, a pasada cuarta feira na prisión de Aranjuez, na que se atopa dende hai sete meses.
Varias denuncias de malleiras en Aranjuez
Vigo foi conducido a prestar declaración polas agresións das que presuntamente foi obxecto o pasado 14 de xuño, e, segundo contan dende Ceivar, na viaxe, no mesmo furgón policial, foi agredido por outro preso, "sen que a policía o evitase". Esta organización tamén conta que, xa de volta na prisión, Santiago Vigo "foi espido á forza polos funcionarios e conducido cara o módulo de illamento". Esta quinta de mañá regresaba ao módulo de menores.
Por outro lado, Ceivar tamén informa de que a xuíza de Aranjuez que levaba o caso da primeira denuncia interposta por Vigo sobreseuno, mais vai ser recorrido pola defensa do mozo.
Esta non é a primeira malleira que presuntamento recibiu Vigo dende que está no cárcere. En xaneiro denunciárase unha primeira agresión, ao pouco de seren enviados a prisión Vigo e máis Xosé Manuel Sánchez, os dous mozos detidos o pasado decembro en Portosín (Noia) cando levaban nun vehículo un artefacto explosivo. A seguinte, na que se viran implicados os dous mozos, produciuse só unhas semanas despois. As últimas, que foran denunciadas polos presos galegos cun xaxún de 24 horas, o pasado 14 de xuño.
E, por certo , donde estam os guapitos de Amnistia internacional?
Por que serían detidos? Se cadra non cometeron ningún delito... Menos mal que cinco persoas se manifestan e cren que representan a meirande parte da poboación.
Canta paciencia con este tipo de xente que non ten amigos nin sabe que facer con tanto tempo libre. Menos pintadas na rúa e máis traballar.
LIBERDADE PRES@S INDEPENDENTISTAS!!
bcngz, claro home, e que a credibilidade e lexitimidade dun acto ou movemento depende do número de persoas que o defenden ou secundan non??.
por esa regra de tres, a xente está a favor dos incendios, pois nas manifas que houbo eramos catro pelagatos...etc
en fin, xa te defines con eso de, si forades traballar...
defínome coma un demócrata que non ve ningunha xustificación para esnaquizar o mobiliario urbán ou para facer pintadas en paredes. Se cadra estes detidos non comenteron ningún delito? Os delitos deben ser perseguidos e non son defendibles nin pola liña editorial de ningún xornal.