Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Proceso de exemplarización represiva"

O goberno español endurece a súa estratexia contra os presos independentistas

Institucións Penitenciarias decreta que Ugio Caamanho non poida ser visitado pola sua compañeira sentimental namentres continúe na cadea.

Redacción - 13:00 18/04/2008

O pasado 12 de marzo coñecíase a orde do ministerio español do Interior para que os centros penitenciarios suspendesen parte das comunicacións telefónicas semanais dos presos políticos, reducíndoas só ás dos familiares directos (pais, nais e compañeiro ou compañeira).

Esta semana, segundo informa o colectivo Ceivar, volveuse producir unha nova redución de dereitos e de liberdades democráticas aos que están sometidos os independentistas galegos, espallados por diferentes prisións españolas.

Institucións Penitenciarias, organismo dependente de Interior, denegoulle esta semana á compañeira sentimental de Ugio Caamanho calquera tipo de comunicación, ben mediante locutorio ben a través do vis a vis, alegando "razóns de seguranza" malia que todas as visitas son gravadas e malia que con anterioridade a dirección da prisión Puerto I, en Cadiz, autorizara as visitas.

Preso de Especial Seguimento en 1º grao
Caamanho está clasificado como preso de Especial Seguimento en 1º grao, o que implica un extremo control e vixilancia, así como a imposición de importantes restricións. Ademais, vive diariamente encerrado nun habitáculo mínimo con contadas horas de patio.

Segundo Ceivar, "trátase de utilizar Ugio Caamanho para desenvolver un proceso de exemplarización represiva dirixido á militancia independentista galega e, por extensión, a toda a cidadanía deste país".

Resposta social e xudicial
Neste senso, critican a "suposta 'reinserción' da que fala o papel mollado das leis españolas", e anuncian iniciativas "en resposta ao novo ataque contra os dereitos humanos do militante galego que dirixiremos aos ámbitos xurídico e social", así como outro tipo de medidas de apoio.


4,86/5 (14 votos)

Comentarios (7)

Tavia #1 18/Abril/2008 Tavia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A mesma merda de sempre. Os espanhois só valem para dar liçons nos foros internacionais, mas à hora de aplicar o conto na casa, tururu!!!

Morcego #2 18/Abril/2008 Morcego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Neste caso, o estado espanhol, perde todo o sentido da razoabilidade como estado de direito democrático.
A minha solidariedade para com os presos políticos galegos.

GALICIEN #3 18/Abril/2008 GALICIEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.anosacosta.es/ agora UPD está neste xornal co grande escritor RAFAEL LEMA, visitadeaa e dado un comentario sobre este personaxe.
UPD QUE GRANDE PARTIDO, OS QUE DEFENDEMOS A LIBERDADE DOS POVOS, A LIBERDADE AO FIN AO CABO. Por favor visitade anosacosta.es
e mostrade o voso rexeitamento à UPD.

GALICIEN #4 18/Abril/2008 GALICIEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esquecede o que dixen, lin rápido é apretemente o senor Lema non é da UPD, PERDOADE IGUALMENTE A NOSA COSTA é un xornal espanholeiro.

ecoe #5 18/Abril/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha vez máis o €$tado €$pañol amosa -lonxísimo de connotacións como o "estado de dereito"- o seu carácter fascistoide e represivo, do que algúns ainda coidan ter características de xustiza e de dereito.

Non chegan as CONDENAS XUDICIAIS nas que todo se ten en conta CONTRA O REU, ademáis, silandeiramente e as costas da población, que "non se entera", estrullan nos condenados co CÁRCERE DENTRO DO CÁRCERE, sen máis lei que a duns supostos "xuíces" penitenciarios ad hoc, cuio sentido de xustiza nada ten a ver con dereitos humanos algúns.

Na realidade todo o mundo carcerario, institucional, os mesmos carcereiros -todos o son- son un antro de INXUSTIZA e ARBITRARIEDADE que únicamente busca a DESTRUCCIÓN PERSONAL dos condenados -existen moitísimos libros ó respecto ben ilustrativos-.

Cando chegue a democracia a estas terras e a todo o mundo, TEN QUE NOTARSE MESMAMENTE NO CÁRCERE ou non será.

mceleiro #6 18/Abril/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Democracia de esquerdas e com talante.

ecoe #7 18/Abril/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tan "estado de derecho" é que para poder procesar -ELIMINAR POLÍTICAMENTE DE FACTO- a disidencia (desde cando hai democracia sin desidencia??) precisan instalar ad hoc tribunais entendidos no asunto: TOP/AUDIENCIA NACIONAL

Tipical Spanish: tan típica con FRANCO COMO CON POSFRANQUISMO BOURBÓNICO!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: