Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fractura dun ombreiro

Óscar Pereiro abandona o Tour de Francia logo de sufrir unha caída grave

O campión da rolda gala en 2006 caeu por un barranco cando descendía o Col de Agnel, mais non perdeu a consciencia en ningún momento.

Redacción - 18:50 20/07/2008

O ciclista galego do Caisse d'Epangne e gañador do Tour de Francia en 2006, Óscar Pereiro, viuse na obriga de se retirar da rolda gala logo de sufrir unha caída grave. Durante a disputa da décimo quinta etapa, o de Mos caeu por un barranco cando descendía do Col de Agnel, nos Alpes, debido a chuvia que caeu sobre a estrada.

Pereiro non perdeu a consciencia en ningún momento e sofre, segundo confirmou o director do Tour, Christian Prudhomme, unha fractura de ombreiro. Logo de ser atendido polo médico da carreira foi evacuado en ambulancia. O galego, gañador do Tour 2006, era o décimo quinto da clasificación xeral a seis minutos e un segundo do líder Cadel Evans (Silence Lotto).

Por outra banda, o ciclista australiano Simon Gerrans (Credit Agricole) logrou o triunfo de etapa. Franck Schleck (CSC) arrebatoulle o liderado a Evans.


3,86/5 (7 votos)

Comentarios (46)

ruixordo #1 20/Xullo/2008 ruixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

por fim uma boa notícia desportiva!! :D

kelsen #2 20/Xullo/2008 kelsen
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ves pereiriño, non hai que renegar da terra i venderse por un plato de lentellas ós do manifesto imperial, senón ocorren estas cousas, que vas de fuziños.

petopitopato #3 20/Xullo/2008 petopitopato
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min o Pereiro tamén me desilusionou... e a moita xente, mais para decir #1 #2 ... mellor ficar caladiños...

UnDeTantos #4 20/Xullo/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Personalmente: Jódete Pereiro,a vida é moi dura para todos...

O de hoxe foi cousa do carma seguro!

Biosbardos #5 20/Xullo/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mirade que algúns sodes castróns. A ver se se recupera

pepedaconcha #6 20/Xullo/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Igual o cartaz de curvas peligrosas estaba en francés ou italiano, pero como este so defende o espanhol igual nom o entendeu. Estalhe bem. Primeiro o obrigam a trabalhar pra ciclistas espanhois e agora isto.
Había que encherlhe a mails na súa páxina web alegrandonos da caida.

ranciadas #7 20/Xullo/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E desde cando se fractura un ombreiro? O ombreiro non é un óso.
Polo outro, concordo con case todos, non me dá mágoa ningunha, pero polo menos poñelo en galego: que se foda.

UnDeTantos #8 20/Xullo/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

se o ponho en galego non o vai entender ranciadas!

COUTOVEN #9 20/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non penso que o camiño cara a unha patria Galega teña que ser empedrado con odio e intolerancia. Pereiro é dono de pensar e dicir o que queira mentres con iso non lle faga dano a ninguén.

O camiño a unha Galiza independente pasa polo sincero desexo de cada cidadán de pertencer a esta nación e o inculcarlle aos seus fillos o amor por algo e non o odio por pensar diferente.

Realmente quero pensar que moito do sinalado é unha broma. Pola contra non se esta creando unha nación senón un inferno.

roizinho #10 21/Xullo/2008 roizinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non vos entendo, o primeiro que hai que ter e respeto polos demais, a ideoloxia de cada persona non é o unico importante.. eu levome ben con xente que ten unha ideoloxia totalmente contraria a min, que se sinten espanhois e estan orgullosos diso, eu nunca compartirei esas ideas, pero as respeto.
Eu nunca entenderei o que fixo Oscar Pereiro ese dia, porque non ten loxica ningunha firmar iso, pero seguro que o enganaron dalgunha maneira porque senon non e normal, xa que el moitas veces fala en galego, e estou case seguro de que algunha vez dixo que ao seu fillo vaille ensinar tanto galego como castelan.. pero ao que ia..

Dame igual o que pense el sobre ese tema, xa que como persoa pra min merecese un 10 (bueno, dende que firmou iso so un 8 :P) pero como ciclista merecese un 11, eu empezei a seguilo de cerca por ser galego, pero agora o sigo por ser como é, non por ser galego, e un corredor que a pesar de que non teña forzas ataca sempre que pode, e con todalas putadas que lle fixeron (sobre todo co tour de 2006) NUNCA repito.. NUNCA oinlle dicir unha soa mala palabra de ninguen, espero que non vos moleste o meu comentario!

GALIZA CEIBE pero o primeiro paso e respetar aos que non pensen coma nos..

ruixordo #11 21/Xullo/2008 ruixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver hó! que ninguem de nós o embarrancou! foi ele sozinho. Da mesma maneira que ele assina manifestos espanholistas tambem pode embarrancar por uma estrada.

Eu parabeniço-me com a estrada :DDDD

roizinho #12 21/Xullo/2008 roizinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu respeitote se alegrante as desgrazas dos ciclistas (sexa cal sexa), pero eu nunca o entenderei xa que o primeiro que hai que saber e ser persoa ;)

roixordo #13 21/Xullo/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non se debe rir un da desgraza allea, malas persoas!
¡polo monte abaixo vai, un ciclista español...!

crunha #14 21/Xullo/2008 crunha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aínda que Oscar Pereiro nunca vai ter o meu apoio (despois do seu apoio á extinción do galego), eu non me vou alegrar da caida de ningún ciclista.

zigor_strogoff #15 21/Xullo/2008 zigor_strogoff
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Despois de ler algúns comentarios afírmome máis na miña alegría. Dáme o mesmo ser ou non persoa para algúns, sinceramente penso que en Galiza xa vai sendo hora de malas persoas, que de boas está a nosa historia chea. Eu respeto moito a xente que non pensa coma min pero hai un límite e para algúns coma min, o señor Pereiro pasou ese límite coa súa sinatura e cos comentarios rancios e sen sentido.
Onte nin tirei foguetes nin peguei un chouto na cadeira. Pero o señor Pereiro deunos unha boa losqueada nos fociños.
Estou con ruixordo e as malas persoas. Parabeniço-me com a estrada.

Cambados #16 21/Xullo/2008 Cambados
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pereiro fixo unha parvada asinando o estúpido manifesto. Pero iso de alegrarse da súa desgraza non me parece ben. Primeiro, por ser un sentimento ruín, e segundo, porque acaba despertando simpatías polo que fixo.

dumiense #17 21/Xullo/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu non esperaba que Pereiro asinase un manifesto en defensa do castelán, que xa é abondo defendido. Eses días fiquei decepcionado, lin a entrevista de Vieiros e coido que Óscar non sabe o que asinou, estou case seguro que non mirou o documento punto por punto.

mceleiro #18 21/Xullo/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Oscar Pereiro? Eu não podo sentir nem alegria nem mágoa por alguém que só me produz indiferência.

Seica era um ciclista que se transformou num simples nome nalgum desafortunado manifesto pro-fascista.

galeguzo #19 21/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Algum dos comentários de acima é um bocadinho basto. O do Pereiro foi para ter-se matado, polo que não se deveria frivolizar. Felizmente a sua vida não correu perigo, mas o que lhe aconteceu dói só com vê-lo.

A nível pessoal/intelectual, é certo que o Pereiro nos desiludiu à maioria de nós, mas nem por isso nos deveríamos alegrar das suas desgraças, pois somente contribuímos para dar suporte ao cortelho mediático que elaborou o "manifiesto" esse.

De resto, desejar ao Pereiro uma pronta recuperação e que dê à "España" tantos triunfos como até o de agora :D [vale, é uma maldade, mas pequeninha]

Carlinhos #20 21/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quiçá a caída seja como a do cavalo do Santo esse que era imperialista romano e logo se uniu ao grupo do independentista judeu partidário da via pacífica, o Jesus de Nazaré. Bom, tamém se se unir aos independentistas partidários da acçom directa como o Barrabás tampouco estava mal.
Já hai tradiçom nas nossas cançons de Nadal tradicionais de paralelismos entre Galiza s Galileia.
Recupere-se, senhor Pereiró e caia da burra.

unhagrandechea #21 21/Xullo/2008 unhagrandechea
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este home esta vetado na nosa páxina http://www.unhagrandechea.org.... polo seu odio o galego. Agora non se lle desexa mal a ninguen, ainda que que el lle desexara moita mal o idioma galego e polo tanto os galegos. Pereiro non deixa de ser outra das "bolas" de Galicia Bilingue.

Tino #22 21/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vamos a ver: asinando ese manifesto está claramente a favor da desaparición do galego como idioma, ainda sabendo as penalidades polas q está a pasar o noso idioma frente a unha apisonadora exterminadora como é o castellano.
Pois eu vou pensar q deus existe, ou polo menos alguén fixo cumprir as miñas súplicas.
Non lle desexo nada bo a quen kere a eliminación da miña identidade na q unha parte é o meu idioma materno.

UnDeTantos #23 21/Xullo/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non é bon desexalrlhe mal a ninguén?

Pereiro asina a favor do castelán,polo tanto está en contra do galego.

Se Pereiro lhe desexa mal ao galego deséxame mal a min. Olho por olho e dente por dente. Ogalhá volcara a ambulancia que o transladou ao hospital..

galeguzo #24 21/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#23 Quando esse alguém esteve a piques de matar-se?

Pereiro, já o tenho dito, é um desportista, polo que ninguém lhe pede razoamentos sisudos ou fundados. Por outra parte, move-se nos mesmos preconceitos que a maior parte dos nossos conterrâneos.

Algum de vós lhe deseja mal ao seu pai, irmã, tio, prima, etc., quando exibe razoamentos preconceituosos análogos aos do Pereiro? Eu, particularmente, não. Intento, se possível, "levá-los ao rego", mas nunca desejar-lhes mal.

O erro de Pereiro foi, talvez, o de dizer publicamente o que muitos dos nossos conterrâneos e parentes dizem no privado.

Carlinhos #25 21/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pouca confiança na espécie humana, na evoluçom persoal, na reeducaçom... isso é mui pouco marxista (e tam estendido na sociedade galega como o churrasco).

loureiro #26 21/Xullo/2008 loureiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Veña Óscar, moito ánimo e a recuperarte axiña para nos eguir dando alegrías. Ea todos estes castróns que desexan o mal alleo e se alegran da caída de Pereiro, só dicirlle que son ruíns e cortos de mente, por non dicir outra cousa.

Enterran_semente #27 21/Xullo/2008 Enterran_semente
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non ser animales oh, Pereiro non ten nin idea do que firmou, e eso lendo a entrevista esta clarisimo porque di cousas como que as asignaturas debian ser 50% e asi, cando iso xa debe ser así, non sabe o que firmou.
Estou en total desacordo e decepcionado con el pola firma do manifesto e asi yo fixen saber na súa páxina mais non creo que debamos alegrarnos, durante o Tour sempre contestou en Galego, non é un inimigo do galego e simplemente un iñorante máis dentro de este pais.
Polo menos isto é o que penso eu.

Un saúdo

Pablinho #28 21/Xullo/2008 Pablinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min gostaríame crer que é certo que non sabe o que asinou #27, de ser así tamén gostaría de que houbera unha rectificación pública pola súa parte.

E se isto non ocorre, tamén gostaría saber cómo van reaccionar agora os alcaldes e demás anfitrións das súas homenaxes ante unha persoa que asina documentos, aliándose con persoas dese tipo.

Saúde.

dumiense #29 21/Xullo/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

estou seguro que nin el nin a maioría dos que asinaron teñen idea do que pretende o manifesto. Unha lingua como a española falada por mais de 400 millóns de persoas necesita ser defendida? non contentos con ese numero de falantes tamen queren que en Galiza se fale, en Catalunya e en Euskadi.

Pereiro, coido que eres bo rapaz, pero desta non comparto a túa opinión. De todas maneiras, unha mágoa o de onte. a recuperarse!!!

condedecotobade #30 21/Xullo/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que gran favor se lle fixo á lingua galega co accidente de Pereiro? En fin, país...

UnDeTantos #31 21/Xullo/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está claro que ningún deses sabe o que firmou.

Agora,o seguinte paso,é quedar ás 10 na quintana,darnos as mans e cantar en círculo "viva la gente"

..

lute #32 21/Xullo/2008 lute
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Primeiramente, moito ánimo Pereiro, é moi duro estar-se preparando duramente todo o ano para acabar accidentado desta maneira.

Finalmente, acho que todo o mundo sempre tem o dereito a rectificar e matizar as suas declaraçóns, polo que os seus decepcionados ex-seguidores pedimos-lhe que o faga quanto antes; agardo que algum jornalista se molhe e lhe pregunte se apoiaria a declaraçom de vários professores e catedráticos de universidades do estado como denúncia do manifesto do imperialismo lingüístico espanhol.

Agardo e desexo que a gente, em particular os personagens da vida pública, se comporte e recupere um mínimo de dignidade.

E a vossa quenda ...

joraloca #33 21/Xullo/2008 joraloca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ante todo e como incondicional do ciclismo desexolle a oscar unha pronta recuperación e que se reencontre con aquel pereiro do 2005 cando declarou que non ia estar 1 segundo máis do que poidera a roda de amstrong.
por outra banda, desgraciadamente pasará un tempo convalecente polo que terá tempo de ler o manifesto pola defensa da lingua común e seguro que rectificará a súa posición.

UnDeTantos #34 21/Xullo/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Acabades de escoitalo en caneando,o programa da Radio Galega?

Entrevistado por Xaime Escudeiro,e fala en castelán. Este tipo é un sinvergonza

roixordo #35 22/Xullo/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿quen, xaime escudeiro?

UnDeTantos #36 22/Xullo/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que boa roixordo,jeje,xaime escudeiro non (seguramente non por ganhas)

Referíame a Oscar Peral

rinlo #37 23/Xullo/2008 rinlo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gostaria de ver como riam esses "patriotas" que se enfrentam ao Pereiro se estivessem hospitalizados com fracturas graves.

Ánimo e a recuperar-se.

avacanomillo #38 23/Xullo/2008 avacanomillo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pfff. pois si que sodes uns demócratas....
el é libre de firmar un manifesto e eu son libre de alegrarme das súas desgrazas.
a ver se el pode alegrarse da desaparición do idioma e nos non podemos rirnos do yonki ese.
pois eu digo moi alto, OGALLA NON SE RECUPERE
que pena dan estes pacifistas...

elrr #39 23/Xullo/2008 elrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Absolutmamente noxentos algúns dos comentarios desta nova. Dan boa mostra da calidade humana de quen os redixe. Con "patriotas" eu exíliome.

Tino #40 23/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Elrr, pois exíliate, e de paso asina o manifesto tamén...

OBSERVADOR #41 23/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Não tem a ver: uma cousa é ter um acidente e outra é fazer o parvo.

A não ser que tivesse o acidente por fazer o parvo, claro...

condedecotobade #42 23/Xullo/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E logo os que non son pacifistas por aquí, que son? Militaristas? Belicistas? Terroristas?

Corunhes #43 23/Xullo/2008 Corunhes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero canto malnacido ceibo!!!
Nesta vida o primeiro é ser persoas e algúns comentarios dan noxo. Eu en absoluto apoio as ideas do "Manifiesto", e Pereiro ao asinalo perdeu todo o cariño que lle tiña. Non penso apoialo máis nunha carreira. Pero de aí a desexarlle mal....É que dá menos noxo Gaviotero que algúns dos comentarios desta nova.
Empezamos por aledarnos cando alguén que non pensa coma nós cae, que vai ser o seguinte?, empurralos se non caen sos?

Ánimo Pereiro!! Recupérate e non escoites aos que non teñen máis de dúas neuronas.

#38 Es libre de alegrarte. Tamén eu son libre de pensar que es un animal.

Kalaikoi #44 23/Xullo/2008 Kalaikoi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que lle dean polo cu ao Perales

El desexa con todas as súas forzas que desapareza o galego, pois a min importame ben pouco q embarranque polas estradas, tanta diplomacia e tanta merda que poñedes alguns por aqui...igual pensades q ides facer pais bicando cus

subver #45 29/Xullo/2008 subver
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu penso que algúns sodes un pouco bocazas, que vos debedes crer seres supremos porque non perdoades un fodido erro, como se vos fosedes infalíbeis. Andade, mirade para dentro vosa antes de largar pola boca.

Foder, facede favor, aplicádevos o do himno de Pondal, aquilo do dos "imbéciles e escuros que non nos entenden" que se ben lles pegaba caralludamente aos mesetarios, por primeira vez na vida estouno vendo no meu propio pobo, e asegúrovos que me está a dar moito noxo.

Non coñecedes a Pereiro de nada, probabelmente nin a súa carreira nin a súa vida, e falades como porteiras todos. Dádesme noxo, ides de supernacionalistas e defensores do propio e insultades a xente que probabelmente teña mamado e promovido máis a cultura e a lingua galegas ca vós, pero claro, o falar non ten cancelas.

Mirade, quen coñece a familia Pereiro sabe de sobra de que pe coxea, que lingua fala e que bandeiras levan ao tour (si, cando vedes pola tele unha desas coa estrela vermella, creo que non é a da nación española, igual me trabuco).

A Pereiro fixéronlle unha das boas dende El Mundo, contándolle algo que pouco tiña que ver co que asinou, e probabelmente el tampouco se atreveu a ser taxante ao desmentilo para que non o poñan de antiespañol, que bastante manía lle tiñan xa por Madrid por este motivo (insisto, os ignorantes que falan sen ter puta idea non saberán do que estou a falar).

En fin, por patriotas coma vós empezan a odiarse as patrias.

medi #46 2/Agosto/2008 medi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Animo Pereiro, que che recuperes axiña que hai que gañar outro tour, es un fenómeno. Seguro que moitos d@s que agora lle deixexades tanto mal hai dous anos estabades dando chimpos de ledicia polo tour gañado.
Dito isto, coido que meteu unha gambada ao firmar ese manifesto e quero pensar que foi unha mala xogada ou non sabía o que firmaba. Senón foi así e sabe o que firmou, para min seguirá sendo un excelente deportista pero me decepcionará como galego.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: