Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Confirmando as boas expectativas

Pereiro entra de décimo na primeira etapa do Tour 2008

O primeiro foi o seu compañeiro de equipo, Alejandro Valverde. O de Mos está agardando a que cheguen as etapas de montaña para dar o mellor.

Redacción - 18:44 05/07/2008
Óscar Pereiro, vestido coa camisola do Caisse d'Epargne

Óscar Pereiro, vestido coa camisola do Caisse d'Epargne

Confirmando as boas expectativas que se tiñan, dentro do equipo e do ciclismo estatal, sobre o estado de forma do ciclista galego, Óscar Pereiro entrou hoxe de décimo na meta da primeira etapa do Tour 2008.

O máis rápido deste primeiro día en carreira foi o compañeiro de equipo de Pereiro, Alejandro Valverde (Caisse d'Epargne), que gañou a etapa de 197,5 quilómetros entre Brest e Plumelec, vestindo a primeira camisola de líder da 95º edición do Tour de Francia. A vitoria chegou no quilómetro final, nunha loita entre o murciano e o belga Philippe Gilbert (Francaise des Jeux). O francés Jerome Pineau foi terceiro.

Pereiro agarda á montaña
O ciclista galego dixo, unha vez terminada a etapa e en declaracións á Radio Galega, que se atopaba moi ben, e que espera estar "agochado até a montaña, porque creo que despois vou estar por diante".

Antes de viaxar cara Francia, Pereiro asegurou que desta volta quería estar á altura, porque tiña gana de subir ao podio e "facer algo bo este ano". Hai unha semana gañaba o bronce no Campionato Estatal na categoría de fondo.


1,8/5 (10 votos)

Comentarios (15)

fillotolo #1 5/Xullo/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ogallá quede de último, pois eu o odio de forma proporcional á xenreira que el amosa pola súa lingua e cultura. Este ten de Galego o mesmiño ca Franco e Fraga. Veña oh, que non sobran grandes deportistas "GALEGOS" como pra adicarlle un anaco de tempo a un elemento que quer mexar por riba de min. ESPAÑOL de.....

Carlinhos #2 5/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si, home, si, vejamos se fas algo bom este ano, que mal já fizeste avondo.

vaicheboa #3 5/Xullo/2008 vaicheboa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nem um parágrafo mais dedicado a este elemento desde os "media" galegos comprometidos com a língua.

Fucoferrol #4 6/Xullo/2008 Fucoferrol
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por min Perero pode chegar o derradeiro. Non penso volver apoiar a un enimigo da lingua

lixeiro #5 6/Xullo/2008 lixeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O sñor PERERO que se vista de TORERO (ou con vestido d volantes omo Lola Flores); é o que lle falta. Que lle aproveite a ese renegado. Roberto VeriNNo xa se queixe en el inMUNDO qe lle están facendo boicot ("él, que dendió la lagu galea cuando estaba perseguida..."). Pobriño. LIXEIRO

outrolector #6 6/Xullo/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este rapaz sempre me pareceu algo paspán.

E aos paspáns as malas compañías e o 'pijerío' déixaos moi tocados.

Carlinhos #7 6/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Depois da resposta via e-mail de Luz Casal desculpádose e deitando luz sobre o assunto; recebim tamém correio de Verino que colo a seguir; só falta o Peralillo por responder:

Nota Pública: Estimado Sr. xxxxx: Como resposta a súa comunicación, práceme facerlle chegar as miñas visións dobre o tema que nos atane. Como todo o mundo sabe, especialmente aqueles que me coñecen a fondo, son un claro, decidido e valente defensor da lingua e a cultura galega... idioma que falo e cultura que frecuento dende que teño uso de razón. Firmar un manifesto en defensa da lingua castelá non contradí nin o meu bilingüismo, nin a miña sensibilidade en defensa de calquera idioma “ameazado”, máxime se este é tamén o meu. Fíxeno cando estaba “prohibido” o galego e fareino cando estea “desprezado” o castelán. Firmei ese manifesto, de boa vontade..., intentando quedar á marxe das manipulacións políticas que esa firma terminou implicando. Quixera explicar a miña postura e para iso non encontro mellor maneira de facelo que recomendarlles a lectura do artigo que Fernando González Macías firma en LAOPINIONCORUÑA.ES do día 3 de xullo, baixo o título “En defensa de Pereiro, Verino y Casal”. Creo que nese artigo, un periodista ao que nin sequera coñezo persoalmente -dígoo en honor da súa imparcialidade-, explica mellor que podería facelo eu, o sentido da nosa firma... Paréceme inxusto que se aproveite unha opinión persoal nun tema tan sensible como o da lingua..., para chamar ao boicoteo dos meus produtos, para desprezar gratuitamente o meu nome ou para asocialo arbitrariamente con causas políticas. Rogo a todas aquelas persoas que estean interesadas en coñecer sinceramente a miña opinión sobre este tema, que se molesten en ler o artigo mencionado, ler. Quedareilles moi agradecido. Roberto Verino

ribeiro #8 6/Xullo/2008 ribeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

por min pode ficar de derradeiro ese pailán. Está claro que para correr en bicicleta non fai faia ter moita masa gris, e que lle devolván o tour a Landis!!!!

dumiense #9 7/Xullo/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O artigo en cuestión é realmente penoso. Falan dun problema que non existe. Onde hai atrancos para os castelán falantes en GZ? home vai.

Proposta para o ensino 50% - 50%. Antes o ensino era monocastelán. Agora que se propón 50-50 sae unha asociación en defensa do bilingüismo protestanto?

Claro, segundo estes sectores antes non había conflicto lingüístico. Que morro teñen que cajo en...

dumiense #10 7/Xullo/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aaaah esquecíame:

É unha mágoa que non teñamos galegos este ano no Tour.

lute #11 7/Xullo/2008 lute
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Obrigado Carlinhos por achegar-nos a resposta de Verino, acho que moi ilustrativa.

Parece que Verino lhe deve favores ao inomeável jornal (é de público conhezemento que apresentava o tomo de Galiza no livro sobre vinhos de Espanha, e se agora está no negócio ...).

Em qualquer casso com amigos da língua coma este e o ciclista protagonista desta nova, para que querer-mos inimigos?

A ver se Ezequiel Mosquera pode participar numha próxima (suponho que el nom terá problemas coa sua língua) e nos fai esquezer a outros que nom merecem máis ca que os ignoremos.

lugris #12 7/Xullo/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai galegos, e galeguiños, este Perero, é dos ultimos. Non ten conciencia nin coñecemento de nada. Deixouse levar pola voraxine dos acontecementos. Se algunha lingua hai que salvar esta é a galega. Os galegos que non falan a lingua da súa terra, non son galegos nen son nada, e non son merecendetes dela.
Falemos galego na rúa e na escola.

mceleiro #13 7/Xullo/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para que dar-lhe publicidade a este fulano?

A muitos será-nos indiferente que chegue primeiro, derradeiro, ou se cair da bicicleta.

Que lhe adiquem notícias os mass-media espanhóis!!!

Carlinhos #14 7/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#9 Nom che me parei a ler o artigo (publicado onde está publicado); simplesmente me pareceu justo dar a conhecer a sua resposta. De resto complemate de acordo contigo.

...Satanás!!

Carlinhos #15 7/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

11# De nada, meu, e obrigadinho polas tuas informaçons.

Em #14 [acima, *complemate, nom é umha nova palavra; nem do Ilga nem da RAG nem da AGAL nem dum novo acordo ortográfico da CPLP, já nom lhes fago muito caso a nengum deles; queria pôr "completamente"]

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete