Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
DOS BORBÓNS E TAMÉN DE CAROD-ROVIRA E DE IBARRETXE

Día da Hispanidade da queima de fotos

Queiman retratos dos dez reis Borbóns nunha manifestación independentista en Lleida e en Barcelona arde a imaxe de Carod-Rovira nun acto da Hispanidade.

Xabier Paradelo - 15:00 13/10/2007

Os actos na capital ilerdense conmemoraban os 300 anos da toma de cidade por parte das tropas borbónicas de Filipe V en 1707, dentro da campaña reivindicativa 300 d'ocupació, 300 anys de resistència da organización independentista Candidatures d’Unitat Popular (CUP). A manifestación, na que participaron unhas 2.500 persoas, finalizou coa queima dos retratos dos dez monarcas borbóns españois.

Doutro lado, a Plataforma Adelante Catalunya xuntaba no castelo de Montjuïc de Barcelona unhas 300 personas nun acto de celebración do Día da Hispanidade. Ao final do acto, uns trinta mozos queimaron fotografías do vicepresident Carod-Rovira e cantaron o Cara al Sol mentres esnaquizaban unha senyera.

En València, na manifestación de extrema dereita convocada por España 2000, os organizadores repartiron fotos de Carod-Rovira e do lehendakari Ibarretxe consímbolos de ETA e o 666 na fronte. As imaxes foron queimadas polos asistentes.


5/5 (3 votos)

Comentarios (3)

ecoe #1 13/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois en Pontevedra non queimaron fotos, mais a Policía DEFENDEU A HISPANIDADE ó despendurar na mesma mañán do día 12 unha faixa contraria ("NON Á HISPANIDADE, AUTODETERMINAÇOM")que pouco antes fora reposta, tras de que outra, ca mesma lenda, fora feita desaparecer na noite anterior.

Así pois, tal como tod*s sabiamos, mais agora con unha demostración máis, no reino Bourbónico do €$tado €$pañol PÓDENSE DEFENDER CALQUERA IDEAS, sempre, que coma NO FRANQUISMO ANTERIOR, sexa para EXPRESAR O QUE O €$TADO QUEIRA. Ningunha outra cousa!

alboiando #2 15/Outubro/2007 alboiando
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

12 de outubro, san xoán (carlos) sardinha, cacharela e vinho...

OBSERVADOR #3 15/Outubro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que bom! E queimaram dez reis? Não lhes basta com um a estes catalães. São o demo!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: