O galego ten que ser lingua vehicular do ensino dende infantil até a Universidade.
Eu son defensor do galego, e que ninguén pense que veño buscando lío, mais coido que unha única lingua é máis práctica para todos e todas.
Yo soy bilingüe, pero si tuviese que elegir una me quedaría con el castellano para el uso oficial, práctico y vehicular en las relaciones con el resto de España y con Latinoamérica.
O galego, lingua preciosa, está ben para comunicarnos entre nós.
O que non pode ser é que se impoña o sectarismo.
En definitiva, defiendo un modelo harmónico y moderado tanto nos temas da lingua como nos da política.
Galicia = Nacionalidad Histórica dentro de España
Eu sei como se pode mellorar a situación do galego no ensino pero non volo digo porque me dá a risa.
Está ben, dígovolo. Pagándolle máis. Ou seica non mellora o galego se se lle paga máis?
E que ten moita retranca, carallo.
Hai un plano de Normalización Lingüistica desde hai máis de dous anos. Agora se vai por en marcha un decreto para o ensino que cando menos obriga a impartir en galego o 50%. O problema é como facer para aplicalos.
Para que o decreto sexa real, Educación debería facer que os inspectores de ensino velasen pola súa implantación. É unha responsabilidade da Conselleira efectivizalo.
Para desenvolver o PlanXeral, Política Lingüistica, que agora depende do Presidente, debería facer o seu desenvolvemento integral e máis tamén dotalo. Esa é responsabilidade do Presidente e da Secretaria Xeral.
Agora ben, ao final é unha responsabilidade tamén colectiva, polo que entre todos e todas deberíámos atender a ver se se cumpre. Quizais un bo sistema sería utilizar a rede para ter un espazo de denuncia do que se incumpre. Vieiros podería montar ese espazo e alí, os que teñamos fillos ou saibamos de situacións de incumprimento denuncialo, para que así os responsables políticos, ou os partidos no Parlamento teñan algúns datos para ver por onde van as cousas.
Desleixo colectivo e, polo tanto, da administración.Non se poden entregar titulacións de Maxisterio sen acreditar a competencia lingüística e de comunicación en língua galega.Ou vai ser que este é un país de irresponsabeis, funcionarizado e sen coidado dos dereitos dos cidadáns máis vulnerábeis? Seica os profesionais do ensino non son quen de discernir contornas onde o uso público do castelán non se corresponde coa língua vehicular das familias? Sí, coma no médico ou nos xulgados as persoas mudan de idioma sen que a administración garanta o cumprimento da lexislación.É inadmisíbel comprovar- teño un fillo de tres anos nunha escola da Mariña - como os materiais traballados na aula chegan con frases escritas no máis puro estilo diglósico (cancións casteláns, descoñecemento da produción editorial galega,etc).Resulta canto menos contrafáctico pensarmos co meu fillo é o único neno procedente dunha contorna familiar galego falante, xa que logo, non se entende a grave deturpación dos seus dereitos: é minoría no seu pais?
Me gustaría conocerte llorllidan
A solución e ensino en galego xa! Ou é que pensa alguén que os nenos non saberán catelán? O que polo de hoxe podese viver na galiza sen coñecer a nosa língua pero e imposibel non saber castelán. Eu levo dous anos loitando para que o meu fillo reciba o ensino en galego e ainda non ten ningún dos seus libros no noso idioma. A primeira vez que fun a, daquela, futura escola do meu fillo dixeronme que se quería ensino en galego for viver ao rural; ainda sigo loitando contra as mestras pero a miña muller ten medo que lle collan manía o noso fillo, que país!
Como se pode melhorar? Já cho está a dizer todo o mundo, Vieiros: Usando-o. No ensino, na rua, nas casas, nos trabalhos, na vida.
Estes de Vieiros têm cada cousa...
Deixándomo-nos de pailanadas "de seu" que nom nos levam a ningures.
O galego é língua internacional, extensa e útil !!!!! :
http://www.galescola.com
Não é que El País deixou de editar a sua versão em galego?
O tema é preocupante e de responsabilidade compartida: pais/nais, alumn@s, goberno,...e sobre todo centros educativos. Algúns exemplos arrepiantes: Hai 2-3 anos, no colexio Compañía de María de Vigo, privado concertado creo, nas aulas de galego estudábase a vida de non sei que santo ou santa afín as súas crenzas seitarias. Ninguén fixo ou dixo ren. Este curso nun colexio público de Vigo, (non podo dicir o nome agora porque non estou certo, mais poreino), nas aulas de galego dan...reforzo doutras asignaturas, máis importantes claro. Non pasa nada.
Tentar que se dean en galego certos coñecementos cando nin a lingua galega é impartida... Cómpre denunciar estes casos, e o de empregar a rede sería acertado.
Mellorará a situación do galego no ensino cando mellore tamén no resto de ámbitos da sociedade. O galego no ensino é fundamental, pero se mellora (e moito ten que mellorar) o galego nos medios de comunicación, nas empresas, na tecnoloxía, na rúa, ...
Por que o empenho do psoe em manter nas suas maos política lingüística? Porque compartem co pp o anceio de sabotar qualquer tentativa séria de normaliçom. Se na Galiza se extingue o galego fica umha regiom mais de Espanha, co que se repartem o poder entre eles dous ao tempo que eliminam a posibilidade de que um "problema galego" se una aos basco e catalám. E o BNG tem grande responsabilidade em aceitar que o psoe continue estragando as posibilidades normalizadoras coa sua nefasta negociaçom do reparto do poder.
O idioma galego mellora falándoo ben. (As verdades de Arsenio Iglesias)
O galego (persoa) mellora pagándolle ben. (As miñas verdades).
Vedes como falando claro entendémonos?
Para XANSENMEDO e o seu 'único idioma'.
*********
"Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfeición baixando pola escala zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabiduría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, ca súa variedade de culturas, é o siño distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animaes. Velahí vai a demostración: Un can de Turquía oubea igoal que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo de Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os probes animais aínda están no idioma universal ..." ('Sempre en Galiza', Daniel Castelão).
Eu penso que o problema da lingua galega é o de sempre: que os galegos seguimos a ter vergoña polo noso idioma, vergoña a sentirnos galegos. Mentres non nos sintamos orgullosos da nosa lingua, a nosa cultura, etc, mentres non se "normalice" , é dicir, se vexa como algo normal o falar galego, este problema non se vai solucionar, pois segue habendo moita xente que pon o grito no ceo cando se fala de que se impartan as asignaturas en galego.
De feito, hai algúns meses saeu unha noticia de que nun colexio de Vigo uns pais queixáronse de que ó seu fillo non lle estaban a impartir as asignaturas en galego ( ese tanto por cento que manda a lei, vaia) e a directora do colexio era a máis belixerante nese tema, a que máis empeño tiña en que non se impartisen en galego, pois (creo recordar que este era o seu argumento) co galego non ían ir a ningún sitio.
E, penso eu, ¿e que as linguas só se aprenden para ir a algún sitio? ¿Acaso as persoas que estudian con 60 anos o alemán, ou o chinés nunha escola de idiomas o fan porque esperan ter mellor futuro laboral? ¿Ou, será máis ben, que o fan por aprender unha nova lingua, por aprender algo novo, e punto?
Por iso, que o argumento de que co galego non imos a ningún sitio paréceme, cando menos, demagóxico.
E, sendo galegos, sabendo galego, coñecendo a cultura galega, que é a nosa, imos a todas partes, xa que estaremos máis convencidos do que somos, teremos dignidades de pobo e, con iso, xa se nos abrirán moitas portas, pois a nosa actitude non será a de andar coa cabeza baixa considerándonos menos que os demais, senón a de tratar ós demáis de igual a igual, porque nós tamén teremos identidade de pobo asumida.
Grazas á nova páxina do Parlamento de Galiza veño de presentar a miña INICIATIVA LEXISLATIVA (1 só cidadán que son eu e seguramente un millón de galegos máis...)
Algún dos gurús da Normalización Lingüística tivo a ben contabilizar os cartos que custa a promoción Editorial, Televisiva, Cultural do Galego?
E ninguén en todos estes anos tivo collóns a por enriba da mesa unha partida orzamentaria para PAGARLLE O ESFORZO POLA LINGUA ós mestres e profesores...?
Eu propoño un COMPLEMENTO LINGÜÍSTICO DE 60 €UROS brutos mensuais (ben pouco para todo o que se pode pedir a cambio).
Este complemento sería solicitado VOLUNTARIAMENTE polos profesores que desexen someterse ós requisitos de transparencia da súa tarefa docente (exames en galego, correcións, enquisas ó seu alumnado... etc...)
Se hai cidadáns que o seu sentimento NACIONAL lles impide cobrar pola defensa da lingua galega, non hai problema, RENUNCIARÍAN VOLUNTARIAMENTE ó complemento lingüístico e se non lles parece mal terían a posibilidade de desgravar na súas declaracións da renda o 25% do importe bruto anual deste complemento (como se dunha doazón a unha ONG de interese público se tratara...)
Deste xeito aqueles que estades artellando toda unha estratexía de 'comisarios políticos da lingüa' poderíades descansar en paz sabendo que o éxito estaría garantido de antemán: eu creo que por 60 €uros ó mes a implantación do galego superaría VOLUNTARIAMENTE o 60% da implantación efectiva nas aulas.
Garantindo a liberdade de FALAR na lingua que a cada quen lle pete e solucionando a minusvalía do galego en moitos casos provocada polo caracter voluntarista da súa defensa e implantación no ensino.
Aforraríamos millóns de Euros en cursiños que non serven para nada... as Editorias deixarían de cobrar por deforestar os montes enchendo de papel galeguizado os anaqueis das bibliotecas escolares por mor das inxentes subvencións públicas á estas edicións pantasmas que ninguén lé agás que lle obriguen a facelo... e o esforzo dos profesores tería, por fin, un recoñecemento digno do estado de benestar: PAGAR por unha Educación Pública, Laica, de Calidade... i ademáis EN GALEGO...!
Qué vos parece se abrimos a porta á liberdade e recoñecemos o VALOR que ten facer as cousas ben...?
Eu coido que a situación do galego do ensino, que é evidentemente de non cumprimento da lei de normalización, porque é un feito que ocorre así e porque hai non poucos profesores que nin saben falar galego ni se molestan en mellorar, non se pode solucionar totalmente á marxe da situación xeral na sociedade.
Opino que para normalizar o galego sería necesario que o galego fose considerado o único idioma oficial en Galicia e que por lei todos os xornais estivesen obrigados a editarse en galego. Iso suporía un cambio na constitución española.
E mentras tanto xa non quedará ninguén para defender o galego
agás ós que por motivos varios vivan del...?
Eu tiven sempre dúbidas máis que razoables sobre a eficacia da materia de galego e os profesores de Galego... cando non os había ó alumnado era moito máis belixerante na defensa da lingua galega... e despois de non sei canto tempo resulta que o Galego está en retroceso...?
Pois o dito... Complemento Lingüístico e a ver que pasa...?
Esto de sacar leis e denunciar o seu incumprimento polos gobernos de turno non penso que nos conduza a ningures... ¿ou é outra cousa o que estamos a defender?
Unha lingua só sobrevive cando se ama... e polo que se ve nesta sociedade nosa ó único deus verdadeiro chámase DIÑEIRO...!
Se a lingua galega VALE... será unha lingua UTIL...
Se a lingua galega NON VALE... será unha lingua MORTA...!
Nótese que a proposta do complemento lingüítico parte da VOLUNTARIEDADE dos profesores para adcribirse a esta tarefa... e eu sempre penso que é mellor un 20% de profesores galego falantes ENAMORADOS do que están a facer... que un 50% de funcionarios obrigados por lei a destrozar unha lingua por motivos burocráticos!
Erasmo: Eu tamén penso como ti (non me gustaría oír a Franco falando en galego, xa que coido que non era moi namorado dista lingua). Moitos nenos e pais pensan do galego o mesmo que pensabamos antes do latín (Eu non o pensaba). Empezan a aborrecer tanta imposición.
E xa se sabe que neste país hai moita teima de levar a contraria e gusta moito facer oposición a todo o imposto.
É certo que se non se percibe como lingua útil o galego vai desaparecer, e de feito xa hai séculos que está nese proceso de progresiva desaparición, fagocitada polo castelán. A única maneira de facer que a lingua galega sexa útil é que sexa a lingua necesaria para desenvolvérmonos na vida se vivimos en Galiza. Iso non está a ocorrer agora, agás no medio rural, que é un medio que está en permanente retroceso aínda que siga sendo moi importante o seu peso no noso país.
Se a única lingua orixinal, natural de Galiza, é o galego, e o castelán foi imposto dendo fóra, debería ser o galego a lingua fundamental para convivirmos nesta terra, mais ¿como facer para que sexa necesario empregar o galego para desenvolverse na vida, para progresar, para ter éxito...? Pois, como xa dixera, tiña que ser a única lingua oficial aquí, en Galicia. A única, xa que manter a situación actual significa que o castelán seguirá a ser a lingua verdadeiramente importante aos ollos da xente, e o proceso de desaparición do galego integrándose no castelán continuará ata a total desaparición. Non nos enganemos, hoxe nas cidades o pouco galego que se fala é realmente case un simple castelán mal falado. Incluso dá vergoña falar ben o galego, a moitos iso parécelles de paduanos ou pailáns e a outros parécelles que é empregar "unha linguaxe artificial" (cousa que é falsa, posto que consiste sinxelamente en depurar de claros castelanismos o idioma, castelanismos que ás veces resultan ata grotescos).
¿Cal é a solución? Pois dende logo non parece que sexa ter cargos públicos nacionalistas como moitísimos que temos, que realmente non saben falar en galego nin se molestan en aprender e mellorar. E tamén non é pretender facer un nacionalismo tan moderado que non arrastre xente galego-falante, esquecendo que, mentres non se demostre o contrario, o nacionalismo galego é de esquerdas ou non é nada, xa que de momento non existe practicamente unha burguesía nacionalista.
Non sei ata que punto o Bloque non se estará pasando de descafeinado, aínda que é certo que aumentou o número de apoios electorais dende que comezou a levar unha liña de rebaixas ideolóxicas, mais penso que xa hai tempo que se estancou. Estaría ben un certo xiro na política do Bloque. Tal vez menos Quintana e máis Nogueira.
«Non sei ata que punto o Bloque non se estará pasando de descafeinado, aínda que é certo que aumentou o número de apoios electorais dende que comezou a levar unha liña de rebaixas ideolóxicas, mais penso que xa hai tempo que se estancou. Estaría ben un certo xiro na política do Bloque. Tal vez menos Quintana e máis Nogueira.»
A ver se vai alguém despertando, fogar de Breogão....
Miña nai e maila túa quedan no ría a berrar...!
Nogueira dís que é un xiro? Eu díría que sería unha VOLTERETA MORTAL de necesidade... deixa que disfrute imaxinando un país que só existe na súa cabeza... pero se algo fixo ben o BNG foi adiantar un relevo xeracional que era tan necesario como respirar: ou é que temos que voltar ós tempos de maricastaña para sentirnos máis galegos... aínda lembro a patética imaxe de Bautista Alvarez paseando polos corredores do Pazo do Horreo coma se estivese no pleistoceno medio... dexade a Camilo que descanse...!
Sobre políticas de futuro o que queirades... pero os diplodocus están ben nos museos de Ciencia Natural...!
E xa que o complemento linguístico non vos convence polo que vexo, a ver se vos animades a participar nesta outra campaña por un ensino público que sexa algo máis cunha GARDERÍA A TEMPO COMPLETO que parece que é o que queren os Socialistas de Madrí...!
http://nuevobachillerato.org/
Erasmo:
Non é cuestión de idade senón de ideas.
Quintana paréceme un dirixente que quita as ganas de votar por el. Igual que o candidato á alcaldía de Vigo, que aínda é peor.
Pois onte aínda pensaba eu para mín mesmo o importante que foi este Quintana para o pais... xa que ó fin e ó cabo senon fora polo Concello de Allariz seguramente non estaríamos agora falando de un futuro BNG nos Concellos de Galiza...?
Claro que outro xeito de facer política-nacionalista pode ser pasarse 16 anos no Pazo do Horreo berreando sen asumir responsabilidade algunha... esta tamén é unha Política pero eu penso que non pasaron de ser Nacionalistas de Salón...!
As ideas de lexislar para un mundo que nin siquera os entendía... esas son ideas perigosas (non por nada especial senon porque deixan que goberne a dereita caquicil de toda a vida) xa que basta garantir 15 escanos no parlamento e seguir dicindolle ós mozos e mozas do país que están sendo asoballados por non sei ben quén... máis ca eles mesmos...!
Polo menos Santi é o unico político que se curra esto da Participación Cidadá e o demostra día a día no seu Blog (tamén Quintana foi quen de facelo e non por eso se lle caeron os aneis).
Penso que o futuro vai por este camiño... aínda que tes razón que podería ser algo máis radical (por exemplo bastaría coa demisión en tempo do Suárez Canal dos Incendios... ou é que houbo algunha NOVA sobre a trama narco-incendios-urbanismo... eu aínda non escoitei nada e para min foi o peor verán da miña vida...)
Polo tanto sí que é cuestión de IDADE... algúns deberanse ir xubilando pois as súas maneiras xa non son deste mundo...!
Con total sinceridade...
Pois se continuamos con esa lóxica de que é cuestión de idade e só os máis novos valen, por valeiro que teñan o coco, teremos que dicir que o Núñez Feijoo é un político de carallo para Galiza, que o Beiras é unha merda (e eu non vexo Beiras como o dirixente ideal, que conste), que Franco cando tomou o poder era moi bo para todo o estado español, e así sucesivamente.
Mira, Santiago Domínguez Olveira o primeiro que ten que facer é aprender a falar galego. Mentres tanto, non é un político nacionalista.
Non me resisto a pedirche que me expidas un carné nacionalista deses que gardas no fondo do caixón para os 'bos e xenerosos fillos da nazón de Breogán', meu...
Pero xa nos metimos na Política de alto standing e coma sempre esquecemos o tema principal ¿como se pode mellorar a situación do galego no ensino?
Aquí deixo con máis detalle o asunto xa repetido máis arriba:
O desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística debera cando menos INCENTIVAR ECONÓMICAMENTE ós profesionais do ensino que a leven adiante.
Do mesmo xeito que se promove a cultura e a edición de materiais en GALEGO e se lles libra ás Editorias cantidades inxentes de diñeiro público, ¿sería moito pedir que se INCENTIVEN os esforzos do profesorado para levar a cabo o proceso normalizador da lingua galega?
Aqueles funcionarios que soliciten un complemento mensual de 60 €uros brutos estarían 'obrigados' a acatar os trámites que lles foran esixidos pola Administración Educativa para comprobar o bo funcionamento das medidas adoptadas. Os que non o soliciten poderían manter a lingua castelá nas súas aulas sen ningún tipo de problema.
A medida sería moi exitosa para a Política Lingüística e lonxe de representar un custo nos orzamentos a medio prazo poderíamos AFORRAR MOITOS CARTOS en esforzos inútis (cursos, propaganda, plans de lectura, actuacións da inspección, resolución de conflictos, etc...)
Someto á consideración dos lectores esta INICIATIVA que tería unha dobre virtude: por un lado apostar en firme polo emprego do galego nas aulas e por outra banda garantir a liberdade lingüística dos cidadáns.
Aquelas persoas que por motivos ideolóxicos quixeran renunciar ó seu complemento lingüístico poderían beneficiarse se quixeran dunha deducción fiscal do 25% da coantía anual do complemento en calidade de doazón voluntaria á Normalización Lingüística Galega.
Ven de aprobarse un Plan de Lectura con 50 millóns de Euros até o 2011… eu me pregunto porque ós profesores non teñen dereito a ser recompensados polo seu traballo a prol da lingua galega cando tódolos demáis sectores parecen sacar beneficios da defensa do galego?
O Presidente da Real Academia Galega leva moita razón cando afirma que agora hai unha "presión maior nos institutos para que todo se someta á norma e non sei se iso é bo".
Parece que somos os funcionarios públicos ós únicos responsables da perda no uso do galego... e os críticos coa RAG (Mesa de Normalización) deberan saber que grazas a estes mesmos funcionarios docentes o Galego goza hoxe de boa saúde... O futuro das linguas non se pode determinar por decreto...!
Os profesionais do ensino tamén somos de carne e oso, comemos coma todo o mundo aínda que non cobramos 'dietas' por representar a ninguén nas Institucións do pais... a nosa laboura calada de días, anos, lustros... NUNCA É RECOMPENSADA ECONOMICAMENTE... e o resto da sociedade o sabe ben!
Un Complemento Lingüístico para os docentes que empreguen o galego nas súas aulas LIBREMENTE... non ten porque ser un problema cando se destinan millóns de euros á industria do audiovisual en galego, ás editorias para a normalización dos libros de texto, ás bibliotecas escolares, ós departamentos de lingüística aplicada, á traducción de sistemas informáticos...
¿É moito pedir ser tratado igual que tódolos demáis?
En defensa da nosa lingua e da Liberdade!
http://vigo.cidadans.net/Erasmo/22460
Non é que o galego estea en vias de extinción, pero se non o coidamos xa sabemos onde imos parar.
Entre os adolescentes das cidades galegas o galego non está á orde do dia, porque estes rapaces non conviven coa lingua. A maneira de achegarlles o idioma (que a grande maioria deles respetan) é na escola -infantil, primaria e secundaria- e logo, unha vez gañada a competencia linguística, que eles escollan.
Aprendamos do modelo basco en relación ao euskera no ensino
E bem fácil...... ponher a Emilio Pérez Tourinho ou Touriño de responsavel do idioma, e como segundo a José Ramón Fernandez agora conselleiro de economía e facenda e como conselleiro de coltura a nosso ministro Cesar Antonio que é outro grande dominador do idioma
4000 PERSOAS TAMÉN É NOTICIA
4000 persoas maniféstanse no oriente ourensán a pasada fin de semana demandando o trazado da a A-76.
Zapatero estará na Fonsagrada o sábado segudo informan todos os xornais o día de hoxe. Lamentamos que estas dúas noticias se vexan escurecidas en Vieiros pola elección da canción do verán.
Como nacionalista e de esquerdas lamento que este " presunto" xornal vaia camiño de converterse nun planfleto.
¡¡¡Estou preocupado po-lo Gavoteiro. ¿Estará vivo?