Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


11:00 14/03/2007

É compatíbel ser alcalde e construtor?

Os alcaldes de Ourense e Arteixo ou o ex alcalde de Sanxenxo e agora candidato á alcaldía de Pontevedra, son exemplo de rexedores municipais que ao tempo teñen negocios no sector local da construción.

Ao respecto, o rexedor ourensán, Enrique Nóvoa, afirmaba recentemente que a presunta irregularidade pola que declarará no xulgado débese só a "unha obriña". Mentres, o arteixán Manuel Pose quitáballe importancia ao feito de darlle licenzas ás súas propias empresas, reflexionando que malia non ser "ética" a súa actuación, tampouco era "ilegal". Alén de varios alcaldes, concelleiros, mesmo da área de Urbanismo, foron actualidade noutros momentos por casos parecidos.

Cemento e política, combinación perigosa. Coñeces casos ao respecto? É compatíbel ser alcalde e construtor? Asina aquí as túas reflexións.

Comentarios (13)

Fer #1 14/Marzo/2007 Fer

Eu engado outra pergunta: Como é que a estas alturas da festa nom auditamos os nossos cargos públicos quando entram e quando saem do seu cargo?
Já nom podemos negar que a suspeita está sobre todo representante ou funcionario que tenha um mínimo de poder. É implementável um sistema de control e auditaçom dos eleitos?

Calidonia #2 14/Marzo/2007 Calidonia

Outra máis: É compatíbel o control local da corrupción urbanística cando, como no caso de Foz, o alcalde non beneficia en metálico pero reparte licenzas e negocio a unha morea de pequenos construtores locais, cidadáns e familias do lugar, que obteñen réditos por ilo?

OBSERVADOR #3 14/Marzo/2007 OBSERVADOR

E por que não "reflexionamos" (a tíbia e o perônio) sobre que é isto de comentar artigos ANÓNIMOS em «foros» em que ninguém sabe quem escreve? É isto um foro ou uma esmola para os pobres leitores? Entretanto, os verdadeiros foros (que ainda levam esse nome), os antigos, os que sofreram reformas, os que eram visitados pelos foreiros e todos podiamos postar uma mensagem (não um comentário) e mesmo iniciar um fio (com o tema que for), andam cheios de lixo e os responsáveis nada fazem por melhorá-los e acondicioná-los. O próximo passo será o seu feche definitivo (sem prévio aviso, como é o costume desta casa) e todas as mensagens -algumas muito interessantes- se perderão sem remédio.

bernaldina #4 14/Marzo/2007 bernaldina

O problema é todo moi simple, xa o di o alcalde de Arteixo: non é ético pero é legal. A xente segue votando o que vota aínda que coñeza o que fan os alcaldes-construvtores.

mondoxibaro #5 15/Marzo/2007 mondoxibaro

Non é legal, mentras o Pleno non autorice a compatibilidade, dado que estamos a falar de funcionarios públicos (temporais), limitados ao réxime de compatibilidades da Lei da función pública. O maior problema, é que temos unha vaga de xuíces e fiscais tan vagos e de dereitas que por deixadez, permiten destrozar unha vella paisaxe, para transformala nunha desfeita de hormigón.
Neste caso, ademáis hai un pasotismo cidadán xeral, Ourense, que por condición topográficas, podía semellar a Florencia, ao estar nun val cortado por un río e rodeada de pequenos outeiros, convirtírase nunha cidade, sen saneamento garantido e con sete rascaceos de 17 prantas cadaún. O malo é que, nin temo Mediccis, nin comerciantes e políticos serios. (Iso si, temos o placet da Xunta que non foi quen de rexeitar o PXOM, ao aprobalo por silencio)
Enrique Nóvoa, non é o único concelleiro implicado neste urbanismo con falta de ética, mágoa de oposición e da prensa que di ser seria.

rulo64 #6 16/Marzo/2007 rulo64

eu penso que non e etico,non e moral,pero legal non o sei,eu penso que todolos cargos publicos deberian ser auditados o entrar o cargo e o sair del...seria un bo remedio contra todo tipo de corrupcion.

ghanito #7 16/Marzo/2007 ghanito

Non só é compatibel, é o xeito ótimizar o beneficio da empresa.

E se lle seguen votando ainda o merecen mais os cidadáns, por parvos.

afonsoriscos #8 19/Marzo/2007 afonsoriscos

O verdadeiro problema non radica en se un é máis ladrón que o outro, o quid da cuestión é na clase política que temos, sen xeneralizar, a maioria dos politicos que temos están nesto por interés, xa non existe o politico por convicción, que defende as súas ideas e as emprega no interes xeral.
Xa sei que podo ser algo utópico, máis iso non me preocupa, o que si me preocupa é que a politica por e para os cidadáns, estase voltando atípica. De todolos xeitos a responsabilidade é compartida, por un lado dos partidos politicos, que permiten estes abusos, e por outra dos cidadáns, que non lles plantamos cara coa arma que temos, o voto. Será porque ó final a todos nos interesa ter un "amigo" aínda que sexa nas portas do inferno? Sociedade ou Suciedade?

cocomgz #9 19/Marzo/2007 cocomgz

Temos que traballar dende os foros que as propias institucións nos deixan...


http://www.bngbrion.blogspot.com/

Jomalva #10 24/Marzo/2007 Jomalva

E a combinación perfecta, e ainda diría mais, o Alcalde Constructor debería ser ó único en poder facer as obras...; así nos librariamos das especulacios dos terreos...e das tentacións que teñen os Alcaldes dos paisanos para que lle recalifiquen os seos terreniños e poder facer casiñas neles, canto mais apretadas mellor...
Do xeito que eu digo, se farian ciudades ben estructuradas con amplios espacios e parques...

A2b2 #11 7/Abril/2007 A2b2

Non é compatible ser alcarde e constructor. E senón, preguntádello a Telmo Martíne e a Construcuatro.

marga #12 7/Maio/2007 marga

yo creo que si pero tiene que ser legal y no dejarse influenciarse

Barcelos #13 12/Maio/2007 Barcelos

Os mais corruptos non son os constructores. Son os das inmobiliarias.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: