Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


11:00 28/09/2007

Que farías para garantir o acceso a unha vivenda digna?

O goberno estatal vén de anunciar axudas de 210 euros para que os mozos poidan alugar unha vivenda. Moitos coidan que a medida, ademais de electoralista, pode ter un efecto paradoxal e incrementar o prezo dos alugueiros. Cales son as solucións?

Comentarios (6)

simbolo #1 29/Setembro/2007 simbolo

1) En todo edificio de nova construción obrigaría a que unha parte del (20% dos pisos?) só puidese ser adquirido como primeira vivenda. Cómpre diferenzar no mercado a vivenda para vivir, da vivenda como investimento. Os novos compradores non teñen porque competir cos que xa son propietarios e invisten nun piso igual que o farían en bolsa: buscando beneficios. Evitando esa colisión, creas un mercado real de vivenda de primeira man e restas competidores (que encarecen o prezo da vivenda mercando varias vivendas a un tempo moitas veces).

2) Definiría legalmente dunha vez por todas o que é vivenda bacía gravándoa cun imposto, obrigando a que os propietarios non acumulen pisos sen uso.

3) O problema da vivenda non é que o solo sexa máis ou menos caro, o problema é que non está no mercado todo o que debera estar.Hoxe xa existe solo abondo en moitas cidades, é adquirido polos promotores que o van dosificando no mercado, non por adquirir máis solo (ao ser máis barato) van construír máis rápido. Van seguir ofertando pisos pero sen pasarse, reservando solo para futuras construcións (non construíndo máis co perigo de que unha oferta excesiva reduza o prezo do produto que venden), é dicir: a vivenda; acaso lles interesa baixar o prezo a eles?

4)deixaría de subvencionar alugamentos que fundamentalmente encarecen a vivenda. Daría garantías aos propietarios para dificultar as prácticas do inquilino abusador (que tamén existe).
Coa medida 2, o prezo do alugamento baixaría.

5) e por suposto non quitaría os impostos que gravan as propiedades, nin a súa sucesión. Se pagas moito é que moito tes. A todo o mundo lle ferve o sangue se ten que vender dúas leiriñas das 20 que lle testaron os avós. Que pensen que se os avós teñen leiriñas é porque as medicinas lles foron de balde, ou case. Se tivesen que pagar a atención sanitaria, non chegaban a vellos con tantas leiriñas. Qui pro quo.

BonKarallan #2 29/Setembro/2007 BonKarallan

exterminar a raza humana.

É unha broma.

Mellor eliminar a propiedade privada dos pisos.

Alexa #3 30/Setembro/2007 Alexa

Non creo que a vivenda sexa un ben co que se deba poder especular. Para min é comparable á sanidade ou á educación. Todo o mundo debería ter acceso a estes servizos. A solución que propoño é a seguinte: ningún particular podería mercar ou vender un piso ou unha casa, esto sempre se faría a través dun organismo oficial que tasase o prezo de cada vivenda seguindo uns criterios moi claros. Se eu lle vendo un piso a este organismo, ti vasllo mercar polo mesmo prezo e non por varios millóns máis. Naturalmente, o construtor ten que sacar beneficios, pero só el, e non toda a cadea de intermediarios.
Tamén daría axudas ás familias con poucos recursos, e non aos novos por ser novos, ou ás mulleres por ser mulleres, ou aos inmigrantes por ser inmigrantes.

BonKarallan #4 30/Setembro/2007 BonKarallan

Hai moitas solucións. Non me parece mal a de Alexa. Unha vivenda non debería ser xamais un investimento. Non se debe deixar especular coas vivendas. Só deben ser adquiridas para o seu uso e se se necesitan vender, que sexa a prezo transparente, xusto e de mercado, sen exceder uns topes máximos.

Os extra-precios mediante diñeiro negro, deberían estar moi castigados penalmente, tanto para o vendedor como para o comprador. É unha fraude ao resto da poboación.

Que pensariamos dunha persoa que gardase alimentos no seu almacén. Aceite, por exemplo, e deixase á poboación sen ese alimento, só co único fin de que subise de prezo e así poder forrarse?

Que sería un ser denigrante. Pois coa vivenda tampouco se pode facer o mesmo.

Colazo #5 2/Outubro/2007 Colazo

Por que non se pon un límite as vivendas adquiridas por persoa(ou parella) nunha cidade? Por que non se lles obriga(multándoos) a alquilar(fixándolles un prezo máx.) aos propietarios de "x" pisos(senón os están cobrando xa en negro)?
En Galiza hai 229.360 vivendas baleiras(das 1.308.363 existentes), en Vigo 17.846 dun total de 122.538(Datos do INE no 2001). Co 14'56% dos pisos baleiros a quen lle pode sorprender o tráfico que temos en Vigo?

Brais #6 2/Outubro/2007 Brais

Eu creo que a solución está en gravar as segundas e terceiras vivendas. É dicir eu teño cinco pisos para especular no centro da Coruña. Pois, por exemplo, que por cada un, a maiores do que resido, me cobren 8.000 euros ao anos en impostos. Seguro que se reduce moito a especulación.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: