Pois o que lle pasa ao fútbol de elite galego está claro. Durante anos e anos cambiouse a canteira polos cheques. As dúas principais cidades do país(en especial a herculina)quixeron estar no curuto
do fútbol sen alicerces. Cantos xogadores galegos tiveron cabida nestes dous clubes na última década...Alguén terá que respostar a tanto e tantos millóns de euros afundidos (ollo, moitos cartos foron públicos) e agora chega o tempo da resaca...Pero claro no medio das borracheiras de éxito só se ven as flores. País, país
Pasa que los rivales meten más goles. Y en el caso del Deportivo, además, que los de La Voz le tienen una manía (seguramente bien subvencionada) a Lendoiro que no pueden ni verlo y por eso montan "crisis" donde no las hay...
O do deportivo xa estaba cantado, non creo que La Voz teña tanto poder para que perda partidos, cartos, e credibilidade, o que lle pasa e pasará ao deportivo e o que lle pasou ao Liceo cando o levaba Lendoiro, que estivo arriba cando habia cartos e se gastaban asi que se as debedas empezaron a crecer marchou e deixou ao Liceo ao borde da desaparición, e co Depor fai o mesmo mentres houbo cartos as cousas ían ben pero agora que non os hai, acabará por marcharse. Coma sempre. Non esquezamos que o Depor e o Celta son empresas privadas e o que necesitan son bos xestores, e non os teñen os seus presidentes noutras empresas con eses resultados non duraban nin un telexornal, pero como di a famosa frase "o fútbol é así"
Isto é o que se chama unha mensaxe lúcida e orixinal:
"Pasa que los rivales meten más goles. Y en el caso del Deportivo, además, que los de La Voz le tienen una manía (seguramente bien subvencionada) a Lendoiro que no pueden ni verlo y por eso montan "crisis" donde no las hay..."
Gaviotero recoméndoche que leas o artigo de Marcelino F.Mallo sobre o Deportivo que creo que é bastante obxectivo.
É certo que La Voz métese con quen lle fode, pero non é a única que se mete con Lendoiro. Tamén o fai o Ideal, DxT Campeón, A Opinión... ou sexa todos menos o seu Diario Oficial que acaba de botar a Conchado. Ou algo lles saíu mal ou ían a por el.
Están tan nerviosos que xa se fostian entre eles.
De todos os xeitos gañar unha liga con recursos alleos é grandes fichaxes é como o que quixo Aznar, apuntarse a gañar unha guerra con Bush.
Se iso é o que a ti gústache Gaviotero, segue sementando ventos que recollerás furacáns.
Anda e que che leve o demo.
Menos mal que os coruñeses non votaron a Lendoiro para alcalde, porque se a Vázquez pónselle a parir polo tranvía, a "arielita", os farois do paseo marítimo, a Bandeira... Lendoiro sería capaz de converter a cidade nun complexo do Deportivo e un Olimpo para o Deus "César Augustus Lendoirus", é arruinaría aos coruñeses para saciar a súa sede divina, egocéntrica e presuntuosa.
A Lendoiro xa se lle viu o pelo cando botou a Arsenio, porque o botou. E fíxoo dun xeito tan canalla que lle puxo todos os obstáculos posibles para facer que dimitise. Pero Arsenio, xa sabéndose fora, tivo os ovos de deixar ese ano ao Deportivo de segundo, gañando os cinco últimos partidos de Liga e gañar a copa do Rei.
Un dez para Arsenio é unha merda en bote para Lendoiro.
Magnífico o artigo de Marcelino F. Mallo sobre o tema.
Moi lúcido, a ver se a tan "cacareada" reestructuración (obrigada?)que están a facer no celtiña ten en conta as observacións que se alí se comentan...
O que fan falta son bos xestores e basarse na canteira(pero antes hai que reestructurala)...
Nâo tenho a máis minima ideia de o quém é esse Marcelino Mallo,nâo será o XM Mallo que está agora a escrever em " La Opinión de La Coruña" ????, si é ele, este homem ja escreveu no El Ideal Gallego, nâo tem crédito algúm. Por certo e falando das ajudas das instituçoms aos clubes "privados"..... como é que entre o grupo de La voz de Galicia, La Fundación Santiago Rey, e o fraude do grupo del Ideal, que minteu pra foder dinheiro do governo Galego para crear um muséu no ano 2004, expoliarom 3.000.000 de euros,sem a publicidade da Xunta e sem publicidade da RTVG e Radio Galega,consellerias etc???? quál é agora a " Causa noble " para evitar que tanto o Sportivo ou Celta tenham ajudas do governo da Galiza???. ou eles nâo som privados!!!!, quál é o motivo para que os galegos tenham que dar dinheiro a este grupo de malandros???.
Chega até o Brasíl o fedor desta banda de miserables, cheiram a porco
Xa vemos que non hai fútbol galego, mais ben equipos galegos con xogadores de outros mundos. Os galegos de calidade atópanse espallados polo mundo futbolístico e non houbo directiva galega que lle puxera testiculina para fichalos e apostar por eles. Isto xa deixou de ser un deporte: "É UN NEGOCIO".
O fútbol galego está no mesmo tipo de mans que ata hai un segundo estaba a Xunta de Galiza. Estaremos condenados a iso?
É un negocio, en non sei ata que punto corrupto. Dende logo é sospeitoso que se busque case sempre traer xogadores do máis lonxe posible, desperdiciando as posibilidades de xogadores galegos que logo, en moitos casos, triunfan fóra.
Tamén podería dicir que é un negocio non sei ata que punto limpo, claro.
4000 PERSOAS TAMÉN É NOTICIA
4000 persoas maniféstanse no oriente ourensán a pasada fin de semana demandando o trazado da a A-76.
Zapatero estará na Fonsagrada o sábado segudo informan todos os xornais o día de hoxe. Lamentamos que estas dúas noticias se vexan escurecidas en Vieiros pola elección da canción do verán.
Como nacionalista e de esquerdas lamento que este " presunto" xornal vaia camiño de converterse nun planfleto.
Bueno, yo creo que si nos referimos a fútbol gallego debemos hablar de futbolistas gallegos, no del Celta o el Deportivo, que tienen tanto de gallego como el Real Madrid o menos incluso¿ cuantos jugadores gallegos tiene el Deportivo? ¿Iago? que no juega nunca y seguramente lo cedan . En el Real Madrid está Salgado que por lo menos juega algo y es competente. Vamos que es más gallego el Madrid que el Depor.
Yo creo que debemos hablar pues de los futbolistas gallegos, donde el nivel es increíblemente preocupante. Creo que el Deportivo tuvo que potenciar la cantera cuando fué grande y mientras tenía dinero, pero en vez de eso se gastó el dinero en jugadores despreciables ( Manteca, Madar, Helder, Bonisell etc) y pagó precios prohibitivos por buenos jugadores. Ahora el club está arruinado y es prácticamente imposible que vuelva a ser un grande. Ellos se lo han buscado.
Es increíble lo poco productiva la cantera de un club que llegó a ser el tercer equipo de este país.
Por cierto, ¿ por que se le dió puerta a David? parecía un chaval válido, posiblemente el más destacado de la cantera del Deportivo en los últimos 15 años.
Eu penso que é moi difícil competir no fútbol hoxe en día sen un respaldo económico grande, xa sexa derivado do poder mediático ou xa sexa por ter detrás unha gran cidade e boas influenzas políticas (R. Madrid). Nada disto acontece nos clubes galegos que pra sobreviviren tiveron que asumir grandes riscos financeiros e estano a pagar
yo creo que el problema reside en el color del cesped ya que el balon ,al ser redondo se desliza por el campo con demasiada velocidad,(deberia ser ovalado) y los banquillos porterias
Ao fútbol galego pásalle que despreza a canteira. Que os dirixentes non saben de fútbol e ademais van aos clubes para promocionárense eles personalmente en moitos casos, cando non a beneficiárense economicamente, cousa que non sei mais imaxino. Así que se endebedan, fichan mal, deixan marchar os bos, desaproveitan magoentamente a canteira de xogadores, etc.
E, curiosamente, todos ou case todos os presidentes son de dereitas e nada galeguistas. Polo menos en Cataluña e Euskadi hai presidentes nacionalistas. Aquí non, aquí somos pailanes acomplexados ante Madrid.
Eu creo que os clubes galegos deberían aprender moito do que fan os clubes vascos, aínda que non só vascos, posto que existen outros, por exemplo o Sportin de Gijón, que coidan moito a canteira. Celta e Deportivo deberían ter no plantel máis da metade de xogadores galegos.
si cambiemos o balon xeonllo