Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: venezuela

O presidente venezolano, Hugo Chávez
26/Novembro/2008 /

Venezuela: Logo da calma vén o trebón

Tanto nas filas do chavismo como nas da oposición comezan os movementos internos de cara ás lexislativas e ás presidenciais. 2009, ano sen comicios, vai ser decisivo no futuro panorama político.


24/Novembro/2008 /

O chavismo mantén ampla vantaxe entre os venezolanos

Coa máis alta participación nuns comicios locais, a oposición consegue 4 das 17 gobernacións e apaña a alcaldía de Caracas.


23/Novembro/2008 /

Venezuela vive unhas eleccións que poden marcar o seu futuro

Chávez aspira a consolidar o seu poder, mentres a oposición pretende gañar nas zonas economicamente máis influíntes.


David Nieves, na súa intervención en Baiona o pasado domingo
15/Outubro/2008 /

Insultan o cónsul de Venezuela durante os actos do 12 de outubro en Baiona

O representante venezolano foi increpado por unha persoa do público polo seu discurso no Día da Resistencia Indíxena.


José Vivanco, de HRW
19/Setembro/2008 /

Venezuela confirma a expulsión do director de Human Rights Watch

Acúsano de violar a Lei de Inmigración e Estranxeiría ao entrar ao país con visa de turista e emitir opinións políticas. Non é aprimeira vez que HRW ataca o proceso revolucionario.


15/Setembro/2008 /

Hugo Chávez merca un millón de computadores portugueses que "aguantan bombardeamentos"

O presidente de Venezuela demostrou na televisión a resistencia do portátil deixándoo caer enriba da mesa.


As protestas violentas contra Evo Morales provocaron a morte de oito persoas
12/Setembro/2008 /

Chávez: "O embaixador ianqui en Caracas ten 72 horas para marchar"

En solidariedade con Bolivia polo conflito con EUA. Brasil e outros gobernos tamén ofrecen apoio a Evo Morales. A violencia continúa no país andino.


Chávez e Livingstone, nunha visita do primeiro a Londres
28/Agosto/2008 /

O ex alcalde de Londres asesorará a candidatos do PSUV en temas urbanísticos

Ken Livingstone reuniuse esta cuarta feira co presidente Hugo Chávez de cara ás eleccións locais do 23 de novembro.


Ingrid Betancourt e Álvaro Uribe
3/Xullo/2008 /

Rescate ou liberación?

O Exército puido aproveitar a vontade das FARC para pór en liberdade a Betancourt e os outros 14 retidos, e vendelo como unha vitoria de Uribe.


Manifestación en apoio ao acordo humanitario entre o Goberno colombiano e as Farc. © Xurxo Martínez Crespo
3/Xullo/2008 /

"Non son claras condicións de liberación de retidos polas FARC"

Alerta de que a liberación se presentará como un triunfo de Uribe e, ao igual que Evo Morales, considera que a operación puido ser unha liberación voluntaria por parte das FARC.


20/Xuño/2008 /

O galego Farruco Sesto, substituído como ministro de Cultura de Venezuela

O seu sucesor, Héctor Soto Castellanos, salientou a "política de inclusión e desconcentración da actividade cultural" levada a cabo estes anos.


Ken Livingstone e Hugo Chávez
26/Maio/2008 /

O novo alcalde de Londres evita renovar o acordo petroleiro con Venezuela

O convenio, asinado polo seu antecesor, Ken Livingstone, permitiu ofrecer descontos no billete de bus a 250 mil persoas con baixos ingresos.


David Nieves
27/Maio/2008 /

"En Venezuela hai colas para mercar leite porque agora os pobres pódeno pagar"

Analizamos cos representantes do goberno venezolano no noso país algúns dos temas máis polémicos da Revolución Bolivariana.


Karina
21/Maio/2008 /

A líder das FARC que desertou esta semana nega ligazóns de Chávez coa guerrilla

Ademais, o ex presidente do parlamento colombiano Emilio Martínez Rosales, afín a Uribe, foi detido por presuntos nexos cos paramilitares.


28/Abril/2008 /

A maior siderúrxica venezolana volverá a propiedade estatal

Chavéz ameaza coa "expropiación" se os actuais propietarios teiman en esixir cinco veces máis do que o executivo está disposto a ofrecer.


Iván Márquez
19/Abril/2008 /

As FARC cualifican o TLC de "grillón da escravitude moderna"

A Axencia Bolivariana de Noticias entrevista a Iván Márquez, integrante do Secretariado da guerrilla.


8/Marzo/2008 /

Un apertón de mans entre Uribe, Chávez e Correa ponlle fin á crise

Os presidentes de Colombia, Venezuela e Ecuador comprométense a traballar a prol da paz.


6/Marzo/2008 /

Malia o acordo, Ecuador esixe unha condena internacional firme contra Colombia

Correa reuniuse esta quinta feira con Chávez que retou a Uribe a denuncialo no TPI. Este último comprometeuse "a non repetir" unha operación coma a do sábado.


4/Marzo/2008 /

Uribe denunciará a Chávez ante o Tribunal Penal Internacional

O presidente colombiano acusa o seu homólogo de Venezuela de "patrocinar o terrorismo" e "financiar xenocidas".


4/Marzo/2008 /

"Uribe fomenta a actividade terrorista; non lle interesa o proceso de paz"

O representante venezolano en Galiza comenta para Vieiros os últimos acontecementos do conflito armado en Colombia.






Locais:
GZ-Sete