Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: r

11/Setembro/2008 /

Caixanova toma o control de R

A caixa de aforros paga 150 millóns de euros a Fenosa e faise co 66% da operadora, mentres que o Banco Pastor mantén o seu 9,9%


2/Agosto/2008 /

R seguirá en mans galegas: Caixanova faise coa participación de Fenosa

A operación, segundo o xornal 'Expansión' conta co apoio da Xunta.


21/Xullo/2008 /

R anuncia internet de 100 megas

Xa experimenta un sistema que multiplicará a capacidade da súa rede de cable nun breve prazo de tempo.


4/Xullo/2008 /

18.000 usuarios en 6 meses

Leva só 6 meses no mercado e o servizo de telefonía móbil de R xa chegou ás 18.000 altas de liña, o que supón, aproximadamente, a contratación dunhas 150 liñas diarias.


3/Xullo/2008 /

Os tres principais operadores móbiles puideron pactar subas, segundo Competencia

A CNC ve factíbel que Movistar, Vodafone e Orange acordasen subir o estabelecemento de chamada cando se obrigou a cobrar por segundos.


Tres dos móbiles que oferta R cos menús en galego
20/Maio/2008 /

A empresa R móstrase "optimista" ao respecto da demanda de móbiles en galego

A empresa de telecomunicacións R valora positivamente a venda de terminais con menús na nosa lingua.


8/Maio/2008 /

R lidera o crecemento das comunicacións no Estado

O operador galego medrou en clientes de telefonía fixa e de internet por riba do resto das empresas de comunicacións estatais.


16/Xaneiro/2008 /

R multiplicou por catro o seu beneficio neto en 2007

O director xeral da compañía cuantificou o éxito do lanzamento do servizo de telefonía móbil.


26/Decembro/2007 /

As boticas asinan un acordo con R para implantar a receita electrónica

O procedemento acabará coa incomodidade e inseguridade das prescricións en papel antes do remate de 2008.


21/Novembro/2007 /

R empezará a ofrecer telefonía móbil en decembro

A campaña da empresa galega de cable dirixirase, en principio, á súa clientela.


10/Outubro/2007 /

Os veciños de Cangas terán acceso a internet por cable antes de fin de ano

A operadora galega asegura que dará servizo a 6.700 fogares e empresas na vila do Morrazo


4/Outubro/2007 /

R di que xa ten o 64% da banda larga galega

O operador galego promete levar a súa fibra óptica a sete novos concellos coruñeses este ano. Ademais, tramita permisos noutras 16 localidades.


24/Setembro/2007 /

R cre que as wifis públicas “non son competencia”

Telefónica recorda o caso da rede de San Francisco, anunciada como a maior do mundo pero que acumula problemas de financiamento


1/Xuño/2007 /

Os clientes de R terán prioridade á hora de acceder aos móbiles que ofertará a compañía

A alternativa galega ás operadoras estatais comezará a traballar antes de que remate o ano cun investimento de 60 millóns


31/Maio/2007 /

Industria creará un sistema para medir a calidade dos accesos á rede

Galiza está dez puntos por debaixo da media estatal de conexións de banda larga. A Asociación de Enxeñeiros avaliará os avances das redes de Telefónica e R.


19/Abril/2007 /

Telefónica acapara a metade dos accesos a internet no país

A metade dos galegos que non se conectan porque “non lle ve utilidade”. O prezo e a falta de cobertura son outras barreiras.






Locais:
GZ-Sete