Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: portugues

30/Setembro/2008 /

Lula promulga o polémico Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa

O convenio unifica e simplifica a forma de escribir nos oito países que comparten lingua oficial. Os portugueses protestaron, porque muda un 2 por cento o seu léxico.


Rubén Cela e Vítor Dias
16/Xullo/2008 /

A programación para a mocidade achega Galiza a Portugal

Un curso multimedia de portugués é unha das actividades que promove o coñecemento entre mozos galegos e portugueses.


1/Xullo/2008 /

II edición do concurso literario "Contos no Mediterráneo"

O pasado 30 de maio comunicábase o resultado deste certame literario dirixido a estudantes de galego e portugués nos territorios de fala catalá.


5/Xuño/2008 /

Ao galego e ao portugués xa só os separa un 'clic'

A ferramenta, de código aberto, permite a tradución de textos e webs entre as dúas linguas, cunha base de datos de doce mil termos.


22/Xaneiro/2008 /

Aprende portugués de balde na rede

Xuventude impulsa un curso en liña para que a mocidade galega coñeza a lingua do país veciño.


29/Outubro/2007 /

O MDL apoia a campaña da AGAL a prol do ensino do portugués nos institutos

A entidade considera que a escolla como segunda lingua estranxeira traería importantes beneficios para o estudantado do país.


10/Outubro/2007 /

Os estremeños adiantan a Galiza no interese por aprenderen o portugués

Case o dobre de estudantes de portugués nas escolas de idiomas de Estremadura, onde alén do inglés é o máis demandado. A lingua lusa entra tamén con forza nos centros de Primaria e Secundaria e na universidade.


8/Outubro/2007 /

O portugués é a quinta lingua nas escolas de idiomas do país

Inglés, francés, alemán e italiano aparecen aínda por riba do portugués en canto a número de alumnos.


2/Outubro/2007 /

Aínda se pode estudar portugués na Escola Oficial de Idiomas de Compostela

A inscrición do primeiro ano vai permanecer aberta até o dia 10 de outubro. Os profesores agardan ter un éxito comparábel ao do ano pasado, cando se matricularon 60 persoas.


30/Agosto/2007 /

O portugués é a segunda lingua que máis medra en internet

O seu uso quintuplicouse nos últimos anos, mentres que o do castelán triplicouse ata alcanzar case o 9% do total de internautas


14/Agosto/2007 /

Estremadura abre 101 cursos de portugués, e Galiza?

No Open Vieiros, o internauta Neo opina que Galiza debería liderar a nivel estatal o fomento do ensino do portugués, malia que a realidade seica é outra...


5/Agosto/2007 /

O goberno de Timor Leste tenta recuperar o portugués

Os indonesios impuxeron durante a ocupación a súa lingua, que agora fala a meirande parte da poboación.


29/Xullo/2007 /

"Nos atrancos ao ensino do portugués están as consecuencias da non permisividade española"

É asturiano, pero xa leva un tempo vivindo na burbulla compostelá, falando galego con soltura e escribindo en varios medios de comunicación e en varias normativas a un tempo.


11/Xullo/2007 /

Polo portugués como segunda lingua estranxeira

O presidente da Associaçom Galega da Língua, Alexandre Banhos, achéganos esta carta dirixida ao persoal docente, especialmente ao profesorado de lingua.


20/Xuño/2007 /

Xa hai Youtube en portugués

O portal de vídeos lanza versións en oito novos idiomas e incorpora un milleiro de provedores de contidos


7/Xuño/2007 /

Fallo da primeira edición do premio literario "Contos no Mediterráneo"

O pasado 25 de maio entregáronse os premios deste primeiro certame literario dirixido a estudantes de galego ou de portugués nos territorios de fala catalá.


2/Abril/2007 /

Certame literario "Contos no Mediterráneo"

Espazo Galego e as facultades de Lletres e Traducció i Interpretació da UAB convocan un concurso de relatos que premia o estudo do galego e do portugués nos territorios de fala catalá.


2/Abril/2007 /

O primeiro tradutor libre portugués-galego estará listo no outono

Imaxin Software traballa nun sistema gratuíto baseado no OpenTrad. Ademais, xa triplicou os termos que se poden traducir entre español e galego.






Locais:
GZ-Sete