Pasando folla da candidatura ante a Unesco que a indiferenza das administracións frustrou, Ponte nas Ondas concéntrase agora nun novo desafío: o sistema dos "Tesouros vivos da Eurorrexión".
Ademais da indiferenza de Madrid, que preferiu presentarlle á lista da Unesco para o patrimonio inmaterial as iniciativas do sur peninsular, o goberno luso dálle tamén as costas ao proxecto de Ponte nas Ondas.
As últimas propostas, gañadores dos certames e a Gala de encerramento, con presenza ademais de Ponte nas Ondas, danlle fin á Festa do Cinema Galego e Portugués.
O Ministerio de Cultura portugués convoca a Ponte nas Ondas para deseñar a estratexia e prazos de presentación da candidatura galego-portuguesa.
Malia que o director xeral da Unesco lle urxira hai xa meses a Touriño a mirar pola iniciativa galego-portuguesa, o primeiro empurrón chega desde o executivo luso.
O venres 6 Luar na Lubre (Galiza), Vozes da Rádio (Portugal) e Socorro Lira (Brasil) ofrecerán tres concertos no exterior do Verbum.
En poucos días estará con Ponte nas Ondas na VII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa. Lean aquí as reflexións da poeta brasileira e escoiten a peza "Samba de Galicia".
A emisión televisiva en tempo real a través de internet é unha das novidades este ano, co fondo da nova oportunidade para a candidatura do patrimonio.
Chega á súa XIV edición a xornada Ponte nas Ondas, que une a rapaces galegos e portugueses na defensa do patrimonio cultural común.
"Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas", velaquí unha fermosa peza que pon na rede Ponte nas ondas!
Desde Ponte nas Ondas subliñan o interese mostrado polo director da Unesco, Koichiro Matsuura, e piden que o Goberno colabore coa presentación da candidatura galego-portuguesa.
Nos vindeiros meses acollerá tres exposicións temporais, actos ao redor de Álvarez Blázquez e un encontro de 'Ponte nas ondas'.
Especialistas de varias universidades e institucións colaboran na reformulación da proposta em favor da inclusión das Tradicións Orais Galego-Portuguesas na futura lista indicativa da Unesco.
A asociación cultural transfronteiriza presentou o concurso, ao que se poden presentar pezas de vídeo de menos de cinco minutos.
Colectivos xuvenís de Galiza e Portugal asinaron unha proposta conxunta en favor da candidatura na Unesco do patrimonio inmaterial galego-portugués.
O próximo mes de xuño, por primeira vez, as asociacións xuvenís poderán participar en Ponte...nas ondas! sen necesidade de facelo a través dos centros educativos.
A asociación Ponte nas Ondas convoca a segunda edición dun concurso nado para estimular a recuperación e coñecemento do patrimonio inmaterial galego-portugués.
Ponte nas Ondas relanza a campaña para lograr o recoñecemento do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Velaquí un fermoso vídeo que lle será enviado á Unesco.
O pouco habitual consenso xuntouno a proposta que insta ao goberno español a presentarlle á Unesco xunto ao executivo portugués a candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas a Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
Vieiros da Escola recolle a iniciativa de Ponte nas Ondas en favor de que o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués sexa declarado pola Unesco coma "Obra Mestra da Humanidade".