Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: normalizacion

6/Novembro/2008 /

Vimianzo queda sen servizo de normalización lingüística

A CTNL denuncia que o goberno municipal suprimiu o servizo e rexeitou as subvencións da Deputación alegando que non cubrían todo o custo.


Feijoo, esta quinta feira
23/Outubro/2008 /

Feijoo dispara, o Bloque terma e Touriño acalma

O líder do populares censura o "nacionalismo radical" do BNG no tema do galego, mentres que o presidente da Xunta pretende asumir o papel de conciliador.


15/Outubro/2008 /

Chámome Uxío Canedo, en castelán sería Eugenio Cañaveral

A Universidade de Vigo pon en marcha unha páxina que corrixe os apelidos e nomes castelanizados.


15/Outubro/2008 /

Faragullas normalizadoras para os concellos mentres segue adiada a planificación

A Xunta repártelles con criterios "pouco claros" 800 mil euros aos municipios, e segue sen crear o organismo planificador malia que había orzamentos reservados.


Edificio do TSXG
15/Setembro/2008 /

A Xunta recoñece que no eido da xustiza é onde menos se avanzou á hora de normalizar o idioma

Dende a Consellaría de Presidencia aseguran que nestes momentos xa se pode tramitar o 50% das accións xudiciais en galego.


14/Xullo/2008 /

A achega da tecnoloxía á dinamización lingüística analízase en Carballo

Durante tres días presentaranse ferramentas sobre a lingua e analizaranse aspectos como a alfabetización dixital.


11/Xullo/2008 /

Os escritores de Galeusca arrepóñense aos ataques contra a normalización

Autores cataláns, vascos e galegos publican un escrito contra o "Manifiesto por la Lengua Común" e fan un chamamento para que a cidadanía se sume ao documento.


Campaña de Política Lingüística
3/Xullo/2008 /

Política Lingüística recorda que o castelán "non é lingua ameazada" en Galiza

A secretaria xeral vén de presentar unha nova campaña para a promoción do galego: "En Galego tes todo por vivir. Tócache!".


1/Xullo/2008 /

Pereiro e Verino préstanse a unha campaña contra a normalización

Os asinantes do manifesto queren reformas legais para que o castelán sexa o único idioma esixíbel a calquera cidadán do Estado.


Logo da CTNL
26/Xuño/2008 /

Os normalizadores acusan a Xunta de renunciar ao Consorcio de Planificación Lingüística

A Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística anunciou que se dirixirá ao presidente para mostrar o seu "malestar".


17/Xuño/2008 /

Entregados no Barbanza os premios 'Borrasca' e 'Anticiclón' á promoción do idioma

Un informe sociolingüístico da Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización detecta un alarmante descenso da transmisión da lingua.


13/Xuño/2008 /

"Os dereitos lingüísticos dun galego desaparecen ao entrar nun cine"

Bieito Lobeira e Marisol López debateron no Parlamento a conta da presenza da lingua galega nos filmes proxectados nas salas comerciais.


3/Maio/2008 /

O Colexio de Avogados de Santiago pide esforzos a prol da lingua na xustiza

Nun comunicado, o colectivo profesional tamén se solidariza coa maxistrada Ana-López Suevos.


12/Abril/2008 /

O PPdeG exixe que se anule a obriga do galego nas oposicións do profesorado

López Besteiro cre que se pode dar o caso de que "en lugar de seleccionar os mellores docentes de física ou matemáticas, aproben os que mellor se expresen en galego”.


3/Abril/2008 /

Abren dilixencias contra unha xuíza por permitir o uso do galego

Unha vez que a emisora perdeu un xuízo por despedimento improcedente denunciou a maxistrada alegando que o seu avogado non entendía a lingua.


28/Marzo/2008 /

Xoguetes na nosa lingua, un camiño retorto

O debate sobre a dificultade para que os nenos xoguen en galego chegou este veners ao Parlamento.


18/Marzo/2008 /

Perto de 140 adegas van etiquetar en galego a colleita deste ano

En 2007 xa o fixeron un total de 115. En 2003 tan só o facían 15 das 440 adscritas ás cinco denominacións de orixe do país.


18/Marzo/2008 /

A CNTL impulsará o cambio da "desfasada" lei de uso do galego nas entidades locais

A creación do Consorcio de Planificación Lingüística tamén é meta en 2008 para a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua, CNTL.


13/Marzo/2008 /

O decreto para a normalización do galego no ensino é "papel mollado"

Afirman que a Consellaría de Educación non se está a preocupar dos incumprimentos que se dan na maioría dos centros.


18/Febreiro/2008 /

Anxo na terra coma... ¿na Xunta?

Un lector, Anxo Anta, fainos chegar un artigo sobre as dificultades para galeguizar o nome na Administración.






Locais:
GZ-Sete