Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: francisco-jorquera

hai 4 dias /

Jorquera pide "un plan ambicioso" no canto de medidas "a contagotas"

O voceiro do BNG no Congreso solicita propón que se redimensione o ICO, suxire reducir o IVE e insiste en que se favoreza a volta de Navantia á construción naval.


17/Outubro/2008 /

Sen acordo de socialistas e nacionalistas arredor dos orzamentos do Estado

A día de hoxe, os deputados do BNG votarían "non" no Congreso ás contas presentadas polo goberno español.


9/Outubro/2008 /

AENA xustifica en "dificultades territoriais" a falta de investimentos nos aeroportos

Fomento non acelerará as obras de Lavacolla para chegar a tempo das demandas do Xacobeo 2010.


10/Setembro/2008 /

Jorquera demanda máis investimento público para reactivar a economía

O portavoz nacionalista no Congreso pídelle a Zapatero un esforzo en investimento social e en economía produtiva.


28/Agosto/2008 /

Jorquera convida a Touriño a explicar "por que creou incerteza cando o país menos o precisaba"

Alén de congratularse pola confirmación de que non haberá adianto, o coordinador do BNG na executiva, Francisco Jorquera, insta o presidente da Xunta aclarar por que favoreceu un debate "inxustificado" na sociedade.


27/Agosto/2008 /

O BNG cualifica de "propagandística" a vista de Zapatero

Durante a presentación en Muros dunha exposición itinerante coa que o BNG repasa as principais medidas tomadas dende as áreas que goberna, Ana Pontón animou aos participantes a incrementar o seu apoio para que os cambios se consoliden.


25/Agosto/2008 /

Multas a esgalla mentres desatenden a seguridade viaria

A DXT rabuñou dos petos galegos algo máis de 32 millóns de euros en 2007. No mesmo período, e malia os recoñecidos déficits na rede de estradas, só investiu 3,1 millóns no ámbito da seguridade viaria


Anxo Quintana, en Vilalba
24/Agosto/2008 /

O BNG considera "unha falta de respecto aos maiores" as críticas do PSdeG

Os socialistas din que as festas para a terceira idade que organiza Vicepresidencia son "actos políticos".


29/Xullo/2008 /

Xuntanza de Jorquera con Zapatero: optimismo aínda que débiles compromisos

Investimento en infraestruturas e gasto social, moi especialmente os recursos para a lei de Dependencia, decidirán se o BNG apoia os orzamentos xerais do Estado.


28/Xullo/2008 /

Descentralización xudicial e ideas contra a crise, prioridades de Jorquera na xuntanza con Zapatero

O voceiro do BNG no Congreso tamén pedirá o compromiso do goberno español de abrir a outras forzas os pactos insinuados co PP a pasada semana.


23/Xullo/2008 /

Preocupación polos "pactos pechados" entre PP e PSOE

O BNG pide que se convide a outras formacións ao diálogo, despois de que os líderes de PSOE e PP acordasen a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, o Constitucional e rexeitar calquera diálogo coa ETA.


16/Xullo/2008 /

O BNG critica a metodoloxía das balanzas e pide a "territorialización dos tributos"

"Son un dato máis, pero non o referente", sinala o voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, para quen o financiamento autonómico require un debate máis amplo.


11/Xullo/2008 /

Aseguran que os residuos nucleares da foxa atlántica non se dispersaron

Un ano despois das denuncias sobre a inexistencia de seguimento regular dos residuos, o goberno español responde á fin sobre os programas de vixilancia na zona.


César Antonio Molina
9/Xuño/2008 /

O goberno español segue pechándolle a billa ao teatro galego

O BNG repróchalle ao Ministerio de Cultura, xestionado polo galego César Antonio Molina, que teime en discriminar os grupos do país no reparto de cartos.


28/Maio/2008 /

PSOE e PP votan xuntos contra o avance na laicidade do Estado

As proposicións non de lei de BNG e IU pedían revisar os acordos coa Santa Sede e retirar símbolos relixiosos de actos oficiais.


Francisco Jorquera
12/Maio/2008 /

As televisións portuguesas en Galiza, a debate no parlamento español

O BNG presenta unha proposición non de lei onde lle pide ao goberno español que lle conceda ao noso país un novo multiplex.


Francisco Jorquera
23/Abril/2008 /

Afondar no autogoberno e reformar a Lei electoral, "eixos" do BNG no Congreso

O voto en urna dos emigrantes e as competencias de Tráfico, Salvamento Marítimo, portos e aeroportos, así como do espazo radioeléctrico, principais obxectivos.


26/Marzo/2008 /

O BNG exixe a subdivisión do grupo mixto para darlle o si a Rodríguez Zapatero

Daranlle o seu apoio ou absteranse, ademais, en función de que haxa representación de Galeuscat nas mesas do parlamento.


15/Marzo/2008 /

“Cada vez que os votos do BNG sexan decisivos, Galiza sacará proveito”

O voceiro nacional do Bloque confirmou que dirixirá persoalmente a negociación co PSOE, malia que os contactos do día a día estarán a cargo de Francisco Jorquera.


20/Febreiro/2008 /

Candidatos ocultos, carteis en Arxentina e Guerra

A tres días da apertura oficial de campaña, os líderes das formacións políticas quítanlle aínda espazo aos candidatos reais a sentaren nos asentos do Congreso.






Locais:
GZ-Sete