Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: fotografia

hai 5 dias /

Latinoamérica no obxectivo dun fillo do exilio

Federico Fernández Ackermann, un dos grandes fotógrafos latinoamericanos actuais, e participante no secuestro do Santa María, presenta esta semana en Galiza unha escolma de imaxes.


17/Outubro/2008 /

Existiu outra Palestina

A exposición 'Palestina antes de 1948' amosa a realidade dun país moderno e cosmopolita antes da creación do Estado de Israel.


18/Setembro/2008 /

PhotoGalicia: Cinco exposicións para cinco cidades

A segunda edición do programa trae a Galiza as obras de W. Eugene Smith, Gabriele Basilico, Javier Vallhonrat e a galega Victoria Diehl.


16/Xullo/2008 /

Finou o fotógrafo Virxilio Viéitez, o mellor retratista da realidade dunha comarca

Tiña 77 anos e moraba en Soutelo de Montes. As súas imaxes foron difundidas nos 90 por unha filla. Destacan as que retratan parentes que volvían da emigración con agasallos.


25/Xuño/2008 /

Escolma de muros europeos con historias? Non. Isto é fotografía

Portas e fiestras que foron eliminadas; pero non borradas. Que pode máis, a vontade humana ou a permanencia axudada polo seu amigo o tempo?


4/Xuño/2008 /

"Caso Pechado", a ollada de Cé Tomé en portas e xanelas tapiadas

O artista vigués inaugura a mostra de fotografía na Galería Sargadelos de Barcelona.


13/Marzo/2008 /

Anulado o xuízo a dous cataláns que non puideron usar a súa lingua

O Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional entende que se vulnerou o dereito de defensa de Enric Stern e Jaume Roura.


28/Xaneiro/2008 /

Documentando a memoria da guerra

A galería Sargadelos de Barcelona expón unha mostra de fotografías sobre a última guerra líbano-israelí.


23/Xaneiro/2008 /

Exotismo e realismo na Iberia decimonónica

Fotos de 1862 e 1863, os comezos da fotografía profesional. Son tamén os inicios da competencia entre pintura e fotografía?


14/Decembro/2007 /

Xurxo Lobato e as sombras do franquismo

A mostra recolle 45 imaxes de represaliados galegos durante a época da ditadura.


12/Decembro/2007 /

O activismo visual de Martha Rosler

Fica dende os 60 en primeira liña da batalla dos xéneros. E veu ao CGAC para corresponder a exposición vixente sobre arte feminista coa súa obra serodia, outra volta fotomontaxes do privado coa política exterior dos EE UU. Nin crenza humanista nin tampouco cinismo contemporáneo, Martha Rosler pídelle aínda ás imaxes intersticios pensantes, reflexividade e novos valores de uso, alén do museo. Unha entrevista de Aurelio Castro con fotografías de Tamara de la Fuente.


19/Novembro/2007 /

Manuel Valcárcel explica en Compostela o seu traballo 'Nómades'

O fotógrafo monfortino achégase este martes 20 até a Centro Sociocultural Caixa Galicia para falar sobre as imaxes recollidas nesta exposición.


17/Novembro/2007 /

Vivir e crear baixo a ameaza da destrución total

Despois de Hiroshima, que? A pregunta global para reflexionar sobre a arte dos anos 40 e 50.


31/Outubro/2007 /

Ferramentas para fotografías

Varios programas facilitan a busca e a edición de imaxes na rede


10/Outubro/2007 /

Presentan ideas innovadoras no Salón da Foto de París

Entre as novas características funcionais propostas polos fabricantes, están o detector de sorriso ou o retardador con captación de movemento


'A familia bem, ghrasias', de Natalia Devesa
29/Xuño/2007 /

Unha fotografía "das de antes" gaña o certame LGTB Aturuxo

O certame é unha iniciativa da Federación de Asociacións de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais de Galiza con motivo do día do Orgullo, coa colaboración do Centro Quérote e coa produción da Concellaría de Cultura e da Dirección xeral de Xuventude e Solidariedade.


20/Xuño/2007 /

Xa existe o flickr.gal

Natureza, corpo, memoria e olladas de cor e esperanza vertebran este Unha imaxe para o galego, procura de actualización para os referentes visuais de noso.


13/Xuño/2007 /

Cinco artistas do país expoñen a súa fotografía en Francia

As creacións percorrerán o sur do país galo nunha mostra itinerante até o ano que vén.


2/Xuño/2007 /

Galiza Global

Manoel envíanos unha imaxe tirada na Plaça d'Alvaro Cunqueiro, en Nou Barris.


"En galego: prohibido"
19/Maio/2007 /

Tíralle unha foto pola lingua!

Participa no concurso "Unha imaxe para o galego". E se lle pegas ao vídeo, mellor aínda. Agardamos tamén as túas microcreacións.






Locais:
GZ-Sete