Reivindicación dunha "dobre nacionalidade, cultura e lingua", destacou o PP. Autogoberno con "amor a España", indicou o PSOE. E "autogoberno da nación dos galegos", propuxo o BNG.
"Soberanía Nacional" foi o lema da faixa portada á cabeza da manifestación desta plataforma, que transcorreu en Compostela entre a Alameda e a Praza do Toural.
O noso galeguismo "axuda, une e abre portas", defendeu o presidente do PPdeG durante o acto que o seu partido celebrou en Poio.
O secretario xeral do PSdeG expresou a súa convicción de que o país combina con éxito o "orgullo" polo autogoberno sen mirar "a España de lonxe".
Debullou o voceiro nacional do BNG as aspiracións de "liberdade e autogoberno da nación", nun camiño que, segundo subliñou, será máis rápido canto maior sexa a representación do BNG no próximo Parlamento.
"Galiza conmemora hoxe a súa forma de estar no mundo", comeza o manifesto dos socialistas para esta xornada, un día onde " os galegos recoñecémonos e reafirmamos a nosa dimensión de pobo singular e diferenciado, dentro da España plural e da Europa unida".
O Bloque estimulara xa á súa militancia e simpatizantes nas últimas semanas, con ducias de actos por todo o país. Ás 12h polas rúas de Compostela discorrerá a habitual manifestación, co discurso do voceiro nacional, Anxo Quintana, ao remate do acto.
Cunha longa precampaña xa lanzada, as principais formacións políticas aproveitan a xornada para insinuaren faragullas estratéxicas. Galeguismo "aberto", din defender desde o PP. Galeguismo "rigoroso e construtivo", apuntan desde o PSdeG. Desde o BNG chaman a "crer no noso país e nas nosas potencialidades".
"Trátase de poñer en marcha os instrumentos estatutarios e constitucionais", leu Alebrto Núñez Feijoo no manifesto oficial do PPdeG para este día, "de exercitalos con competencia e eficacia".
Cun chamamento "á conciencia do pobo galego", nun manifesto lido polo seu coordinador xeral, Xoán Gato, celebrou TEGA este mércores o Día de Galiza.
Arredor de tres milleiros de persoas participaron este mércores na manifestación convocada pola Plataforma Causa Galiza.
"Máis pronto que tarde", prognosticou o presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, a recuperación da aspiración da reforma do Estatuto de Galiza que na súa opinión garantirán as "forzas galeguistas". Ao tempo, pola súa banda, o vicepresidente da Xunta e voceiro nacional do BNG falaba do país que "quere ser unha nación con todas as súas consecuencias".
"Niso consiste a esencia do noso galeguismo, do galeguismo socialista: en crear día a día unha Galiza mellor, orgullosa de si mesma, responsable e capaz, cívica, libre, igualitaria e plural", destacou Emilio Pérez Touriño na súa intervención durante o acto do PSdeG en Rianxo.
Expresou este mércores en Compostela o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, a convicción de que "nunca tivemos tantas oportunidades de facer nación a diario".
"A defensa das nosas linguas propias xunto coas linguas maioritarias da humanidade é garantía de exportar a nosa cultura", dixo o presidente do PPdeG.
Avanzar na concienciación da importancia do autogoberno, incrementar afiliación e impulsar o apoio á formación cara ás próximas eleccións xerais son eixos clave que os nacionalistas queren destacar este mércores en Compostela.
Asumindo a convocatoria de Causa Galiza para este mércores, a Frente Popular Galega chama a "camiñar amodo para fortalecer esta vía recentemente aberta".
O secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, fará unha ofrenda floral diante do busto de Castelao.
A plataforma recentemente creada mide en Compostela a súa capacidade para, alén de adscricións políticas individuais, xuntar voces no traballo en favor da "autodeterminación do país".
Relanzamento de ideas, medidas de país, avaliación de forzas. As formacións políticas debullan os seus discursos políticos enchoupados de referencias galeguistas poucos meses despois de adiaren a reforma estatutaria. Hai un ano que aquel proxecto collía impulso por estas datas. As posicións diversas cara ao autogoberno quedan explicitadas outra vez este Día de Galiza.