Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: alvarez-blazquez


17/Maio/2008 /

O Día de Álvarez Blázquez

A Academia celebrará os actos centrais do Día das Letras a partir das 12.30 no Concello de Vigo. Especial de Vieiros Día das Letras.


15/Maio/2008 /

Unha luzada de estrelas para Álvarez Blázquez

Entrevistas a Celso e Alfonso Álvarez Cáccamo, reportaxes, vídeos e versións musicais de poemas do autor homenaxeado. Especial de Vieiros Día das Letras.


15/Maio/2008 /

O Día das Letras, na rede

Podemos atopar páxinas especiais nas webs dos centros escolares e mesmo un xogo interactivo de preguntas e respostas sobre o autor homenaxeado.


15/Maio/2008 /

Álvarez Blázquez, entre o rock e o hip-hop

O Concello do Porriño editou o DVD 'Palabras liberadas', no que se inclúen poemas musicados en estilos diversos: dende o rock, ao hip-hop, pasando pola música electrónica.


15/Maio/2008 /

Un disco para 'Colorín'

Eloi Caldeiro musicou once poemas de 'Roseira do teu mencer', nun disco dirixido especialmente aos pícaros.


18/Maio/2008 /

"Meu pai era un traballador de fondo, con poucas arelas de facenda; traballaba por amor á cultura"

O novelista repasa a relación de seu pai cos seus fillos e analiza a súa personalidade, salientando a forma en que realizaba o seu labor de xeito calado e silandeiro.


18/Maio/2008 /

"Para el a cultura non era un traballo de francotiradores, por moi talentosos que fosen, senón unha construción colectiva"

Celso Álvarez Cáccamo fala sobre a relación que mantivo seu pai co galeguismo histórico, e mesmo con Portugal e a Lusofonía.


15/Maio/2008 /

Unha fundación para o "buscador de tesouros"

Os fillos de Álvarez Blázquez poderían crear unha fundación para gardar o legado de seu pai, sempre que atopen os apoios suficientes.


13/Maio/2008 /

Álvarez Blázquez a ritmo de hip-hop

O Concello do Porriño e Consellaría de Cultura editan un DVD no que poetas e grupos musicais interpretan ao autor, dende o rock até a música electrónica.


6/Maio/2008 /

Conferencia de Xosé María Álvarez Cáccamo na UB

O escritor falará na Universitat de Barcelona de Xosé María Álvarez Blázquez, o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.


6/Maio/2008 /

Ler a Álvarez Blázquez nas bolsas do súper

Os supermercados do grupo repartirán bolsas coa imaxe e textos do autor, así como varios milleiros de exemplares de 'Santa Matriusca', de Iria López.


20/Abril/2008 /

Vigo recupera 'as palabras e os días' de Álvarez Blázquez

A mostra, situada na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa), inauguraráse o luns 21, e inclúe conferencias e recitais poéticos.


2/Abril/2008 /

Álvarez, apelido de poeta

Galaxia presenta a reedición de 'Canle Segredo', a grande obra de Álvarez Blázquez, xunto con 'Vento de Sal', o último libro de Álvarez Cáccamo.


1/Abril/2008 /

"Se te non durmes, vén o morcego..."

Eloi Caldeiro, director de SonsGaliza e líder de Brath, ponlle música aos poemas infantís de 'Roseira do teu mencer', que interpretará o 17 de maio.


23/Xaneiro/2008 /

Álvarez Cáccamo repetirá o discurso co que seu pai ingresou na RAG

No acto de homenaxe a Álvarez Blázquez tamén se lerá a réplica que orixinalmente lle realizara Bouza Brey, na voz do fillo deste, Fermín Bouza Álvarez.


17/Xaneiro/2008 /

O ano de Álvarez Blázquez

Ademais do libro editado por Toxosoutos, Galaxia e Xerais publicarán oito obras máis dedicadas ao autor homenaxeado.


17/Xaneiro/2008 /

"Se Álvarez Blázquez non é máis coñecido é porque vivía en Vigo e non en Santiago"

Publícase a primeira obra sobre Álvarez Blázquez no ano da súa homenaxe, 'Xosé María Álvarez Blázquez, 1915-1975', de Toxosoutos.


14/Xaneiro/2008 /

Álvarez Blázquez

Xa empeza a ser un clásico o libro de Clodio. E, claro, sempre que falamos do “libro de Clodio” referímonos, polo menos, ao penúltimo, porque hai que contar co traballo incansable deste prolífico irimego que se encontra desde hai décadas en plena madureza creativa e investigadora. A finais do mes de xuño a Real Academia Galega anunciaba que o ano 2008 ía ser o ano de Xosé María Álvarez Blázquez, e en setembro xa dispoñiamos do volume de Clodio onde non só repasa o camiño deste home que viviu entre libros, senón que ofrece textos e bibliografía máis ca suficiente para un achegamento serio á vida deste poeta, narrador, dramaturgo, filólogo, arqueólogo, editor e dinamizador cultural. Non é que sexa un descoñecido coma o era María Mariño, pero ata este ano a información media de calquera que non se interesase pola súa obra é a dunha vaga pertenza ao movemento neotrobadoresco. Temos todo este ano para saber máis cousas sobre este home, que segundo un dos seus tres fillos escritores, foi moito máis importante na nosa historia cultural do que todos, ata agora, cremos.


8/Xaneiro/2008 /

2008: Ano de Curros e Álvarez Blázquez

Tamén se falará de Voces Ceibes, e do 25 aniversario do Consello da Cultura e da Lei de Normalización.