A embarcación feminina de Galiza na Liga Euskotren imponse con superioridade ás de Biscaia, Guipúscoa e Cataluña na Ikurriña de Plentzia.
Cabo da Cruz conseguiu esta fin de semana a súa terceira vitoria da tempada en augas do Grove. Os de Boiro deron novamente mostra do seu potencial e xa marcan diferenzas considerábeis no liderado da Liga Galega de Traíñas. En segunda posición, xa a seis puntos, está o seu máis directo competidor: o Náutico de Vigo. 
  Ao igual que a semana pasada, o Cabo da Cruz foi de menos a máis e superaron finalmente na terceira volta en tres segundos (20:06.91) o tempo marcado polo equipo local, o Amegrove, levando para a casa a XXV Bandeira do Grove. 
  
XXV Bandeira do Grove 
1. Cabo da Cruz: 20:06:91 
2. Amegrove-Interrias: 20:10:41 
  3. Salgado-Perillo: 20:11:69 
4. Mecos: 20:16:03 
5. Náutico de Vigo: 20:25:18 
6. Ares: 20:30:12 
7. Chapela: 20:32:56 
8. Vilaxoán: 20:33:31 
9. A Cabana: 20:36:81 
10. Esteirana: 20:42:66 
11. Pobra: 20:45:66 
12. Vila de Cangas: 20:55:53 
13. Coruxo: 21:25:66 
14. Rianxo: 21:46:18 
  
Liga Galega de Traiñas 
1. Cabo da Cruz: 114 
2. Náutico de Vigo: 108 
3. Regatas Salgado-Perillo: 101 
4. Chapela: 100 
5. Mecos: 95 
6. Amegrove-Interrias: 85 
7. Vilaxoán: 68 
8. Ares: 58 
9. Pobra: 52 
10. Esteirana: 50 
11. A Cabana: 45 
12. Vila de Cangas: 40 
13. Coruxo: 17 
14. Rianxo: 12 
  
  Por outra banda, a embarcación de Galiza na Liga Euskotren, onde compite con Biscaia, Guipúscoa (Euskadi) e Cataluña, impúxose desde a primeira serie e dominou en todo momento a Ikurriña de Plentzia para pór xa tres puntos por medio con respecto ás guipuscoanas na xeral. 
  
Ikurriña de Plentzia   
1. Galiza: 10:51.62   
2. Guipúscoa 11:00.42   
3. Biscaia: 11:18.87   
4. Cataluña: 12:05.54   
  Liga EuskoTren 
1. Galiza: 15   
2. Guipúscoa: 12   
3. Biscaia: 9   
4. Cataluña: 4