O conselleiro Alfredo Suárez Canal considera que a colaboración dos cidadáns foi decisiva.
Entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, Galiza sufriu 1.011 incendidos que afectaron a 1.131 hectáreas. Logo de facilitar estes datos, o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, salientou que “é o mellor verán da historia dende que existe información sobre incendios (1995)”. Sinalou que a superficie afectada polo lume reduciuse un 95% fronte á media do período 1995-2007.
Suárez Canal recoñeceu diante dos xornalistas que as condicións meteorolóxicas axudaron pero considera que “non é o único que explica a evolución dos lumes este verán”. O conselleiro cre que foi decisivo o dispositivo da Xunta e os novos protocolos de actuación. Dende Medio Rural consideran que tamén se fixo notar a “colaboración” e a “concienciación” da cidadanía.
Porén, o conselleiro quixo ser prudente ao afirmar que aínda que xa pasou a estación máis perigosa, aínda queda “moito camiño por percorrer até final de ano” e lembrou que a protección dos montes é “unha batalla de todos”.
Este ano choveu muitíssimo, e logicamente nom ardeu muito monte. Se no próximo verao seco nom arde o monte, entom poderám as autoridades gabar-se do seu sucesso. No entanto soa ridículo.
Esses dados são comparáveis ao norte de Portugal, por exemplo, e devem-se unicamente a factores climatéricos, nada mais.
A bomba relógio que é o monocultivo do eucalipto está aí à espera para entrar em acção....é só uma questão de tempo!
Suárez Canal non é un mal conselleiro nalgunhas cousas, dende logo tentou facer unha política sobre o Medio Rural que antes non había, pero o de presumir de non haber incendios este ano é unha burrada, este més de agosto foi o máis chuvioso dos últimos 25 anos, recolléronse máis precipitacións ca en decembro do ano pasado, e a non ser que el se adique a facer meigallos tipo danza da choiva, non vexo en que afectou a súa política a escaseza de incendios. Hai comentarios que é mellor non facelos señor Canal.
Sendo o ano chuvioso ou non, que se reducira un 95% a superficie queimada respecto ó 95-07 é un bo dato.
"Este agosto foi o máis chuvioso dos ultimos 25 anos"
Isso é mentira foi o agosto do ano seguinte aos lumes.
Choveu tanto neste verán? NON.
A ver se a xente se enteira que Galiza non é somentes as provincias de Pontevedra e A Coruña. Polo que lemos na prensa seica algún medio vigués e coruñés pensan que o país remata na montaña da Dorsal Galega. Tamén a provincia de Ourense é Galiza.
Este verán foi moi seco nos meses de xuño, xullo e agosto na provincia. Non é que o diga eu. Son as estacións metereolóxicas as que recollen as precipitacións as que o din. Collin os datos de dúas estacións da provincia unha no oeste e outra no leste (supoño que o resto confirmará estes datos que podedes consultar en Meteogalicia):
Ourense recolleu 28,9 litros/m2 nos tres meses (20 en xuño, 2,7 en xullo e 6,2 en agosto). Viana do Bolo recolleu 18 litros (6,5 1,5 e 10). Para ser en tres meses completos esas cantidades son escasísimas. Aínda na chuviosa Santiago, neses tres meses tampouco foi unha cantidade tal alta 90,6 litros/m2 que supera moi pouco o 5% da precipitación anual media.
Así que o tempo metereolóxico non foi un factor excepcional que xustifique de por si a reducción dos incendios. Que ardera menos na zona costeira pola humidade? Pode, anque se fora só por iso, por que non ardeu prácticamente na reseca Ourense?
Ha,ha,ha..O noso querido jefe nom se cansa de dicir mentiras.O melhor dispositivo de defesa contra os incendios é o tempo, iso nom ha quem o discuta e gabarse de que é cousa súa pois lies,lies e lies.Terá feito coisas boas nom digo que nom pero com respeto ó servizo de incendios está tentando privatiza-lo coa criaçom da ETT SEAGASA, para fuxir do dereito administrativo e face-las contrataçoms digitais.quere facer o que nom fixo o PP en 16 anos porque seica os que levamos tanto tempo travalhando foi porque eramos militantes do PP uma deduçom de gente de muito experta.Enfim no Servizo de defesa contra incendios nom vai te-lo seu celeiro de votos.A gente que entrou a travalhar iste ano por Seaga era na súa grande maioría sem experiencia nemumha co que a sorte de que nom houbera lume foi dobre posto que ademais de nom arder o monte a dia de hoje nom houbo que lamentar vítimas pessoais.
Para os que insisten unha e outra vez no argumento dun tempo excepcionalmente húmido en todo o país. A realidade por veces é menos sinxela do que certos argumentos pregoan.
Verificade por vos mesmos o que choveu na provincia de Ourense neses meses. Despois, falade.
http://www.meteogalicia.es/gal...
Escollede resumos en táboas. Aí podedes escoller a provincia e dentro desta as estacións automáticas dispoñibles, o mes, etc.
Temos un país a hostia de variado en canto ao clima.
Há outros factores a ter em causa: humidade relativa do ar, sequência de dias com temperaturas elevadas, etc.
Como já disse num comentário anterior, em Portugal não houve medidas excepcionais e os resultados foram os mesmos.
A melhor e mais eficaz maneira de combater os incêndios é a fixação das populações no mundo rural e ter uma floresta diversificada, sobretudo com autóctones. Esta é uma medida que requer coragem política, visto que interfere com muitos interesses económicos, que vai dos pequenos proprietários ausentes, ao poderosíssimo lobi da indústria de celulose.
Quanto ao resto não passa de placebos que nunca irão impedir os incêndios em grande escala.
Pois vai ser que D. Alfred pensa que vive el só na Galiza. Tod@s os cidadáns galegos sabemos coma foi o verán. Nós tamén existimos, non o sabía? Mira que presumir de que este verán non ardeu..¡manda carallo! Ou eu non estaba eiquí ou vin chover a caldeiros.
Se co tempo que fixo chega a arder máis, non quero nin pensar se fixera un verán normaliño. Agora pretenderá vendernos a burra que foi polo seu éxito de crear o chiringo privado do SEAGA. Pregunten, pregunten aos traballadores diste chiringo que os tratou do pioriño con contratos lixo. Bueno, en fin, sería para compensar a vaga de lumes do 2006. Ise verán fixo un sol de carallo e ardeu a esgalla, pero D. Alfred entón ficou caladiño e botoulle a culpa a todo ao que se movía, agás a el que se enfrontou con moito valor; agochando a cabeza debaixo da á; as lapas que arrasaban o País. Aínda nos queda un chisco de memoria…sabía Vde.? Nise fatídico ano só intetou salvar a súa cabeza mal utilizando aos medios públicos que pagamos tod@. Mire D. Alfred queda moi mal pendurarse un mesmo as medallas,…non sería mellor que llas colgaran os cidadáns?
Tod@s nos sentimos ledos de que non ardese moito, pero non se esqueza que non foi percisamente pola súa boa laboura. Asi que, non nos venda a moto que xa tod@s somos maiorciños. ¿Si?
Premio á demagoxia para Vakaloura,outro dos afamados trols de vieiros que está collendo fama a costa de ladrar en contra de todo o que sexa BNG.
Representa o "¿oposto?" a Gaviotero e CIA pero a nivel de sandeces andan bastante parellos.
A competición acaba de comezar,quen da máis!?
#10 Reflexivo boa,pero inútil apreciación.
Os trols non se paran nos argumentos dos demais,nen sequera nos len. So ladran. De todas maneiras boa,vivo na outra punta de Galiza e desconhecia eses datos que da :)
O meu nunca será entrar en leas e ao trapo de niguén. En Vieiros cadanseu da a súa opinión libre. Afortunadamente non lle debo ren a ningún partido político. Polo tanto podo defender os meus propios ideáis. Nin ladro nin quero fama en ningún sitio. A diferenza é que falo; non ladro; e dou a miña opinón con total liberdade e non a calquer prezo. Non teño que posicionarme a favor nin na contra de ninguén. Só procuro informarme, contrastar esa información e logo reflectila eiquí. Recoñezo que non sempre o logro. Non me move ningún afán de protagonismo. Se así fora, adicaríame á política ou a lamecús de políticos. Se a alguén lle parecen sandeces falar con datos contrastados; por suposto que; se atopa no seu dereito e así hai que respetalo. No meu comentario non falo; “distinto de ladro”; na contra do BNG nin moito menos. Simplesmentes estou a dar unha opinión do xeito de actuar dun Sr. Conselleiro que ao meu entender non actuou correctamente. Tampouco lles teño que rendir pleitesía a ningún partido político nin a ningún membro do governo actual nin ao que lle precedeu.Non teño por que dicer o que os demáis queiran ouvir. Se alguén está condicionado para dar a súa libre opinión non é o meu problema, será o del. A liberdade existe sempre, pero eu non estou disposto a pagar o seu prezo.
O Conselleiro máis valorado polos galegos e galegas, segundo unha enquisa dada por un xornal, é para algúns un mal conselleiro. Segundo estes últimos, eles non lle rinde pletesia a ninguen e menos ao Bng. Polo tanto todo que cheire a nacionalismo non lles gusta e menos sí é de Suarez Canal. Se lles nota tanto a xenreira que lle teñen, que non é nin obxetivo, nin neutro, son descalificacións constantes. A transformación do medio rural que está a facer este Conselleiro notarase, pese a quen pese. O acoso e derribo que tén por parte de CCOO non é nin sindical nin revindicativo. O estilo é de boicot continuo. Parabéns a Suarez Canal.
Haberá que ter coidado, pois a última vez que Suarez Canal presumiu de éxito contra os incendios... ¿sabedes o que pasou non?
Lagarto... lagarto...!
¡Estamos moi suspicaces!.O que eu creo é que os nosos políticos comezan a facer campaña,pero non deberan gabarse en demasía.O que non me parece tan normal,é facer censura ós comentaristas.Todos podemos decir o que pensamos sen ofender ós demais.¡LIBERDADE DE EXPRESIÓN!.
Nacionalismo y censura son todo uno. Los redactores de Vieiros, para dárselas de demócratas, han dejado en mano de sus secuaces la censura. Tan indigno como repugnante.
Gaivotero, de verdade que te fas moi repunante coas túas reiteradas e idénticas provocacións. Se queres criticar critica, pero con argumentos, non con insultos e desprezos que non levan a ningures.
Suárez Canal non é ningún mestrillo, senón un gran profesor de instituto de matemáticas, como acreditan todos os alumnos que recibiron as súas clases.
Pero o importante neste caso é o seu labor como conselleiro. É verdade que durante o primeiro ano tardou en espabilar, pero logo lle colleu o tranquillo. Visto na súa globalidade, o seu é un labor bo, mellorable como todos, pero bo. Un dos mellores conselleiros da actual Xunta.
A Galiza é reconhecida como Nação IRMÃ e estimada em Portugal.
Anxo Quintana e o Presidente da Republica de Portugal Cavaco Silva
http://br.youtube.com/watch?v=...
Quando será que o Estado espanhol deixa os galegos participarem nos jogos da lusofonia?
Veja o exemplo da China: http://br.youtube...
Eu penso que suarez canal puido fixio cousas mal,mais o menos tentou facer unha política nova no rural.Gaviotero censura é outra cousa,tenta participar nos foros de galicia-bilingue e proba se te deixan rexistar co nome en galego a ver se te deixan;ou escrebe em galego no marca....
Acoghonante noticia do gabinete de comunicación. Que chova!
O maior inimigo da luta contra os incêndios não é não chover, senão o aparato caciquil herdado do fraguismo e a conselharia "amiga" de Meio Ambiente.
Este conselheiro é o único que demostrou ter objectivos além dos votos e do aparato do próprio BNG.
Talvez definir claramente as competências ou até a total integração das conselharias de Meio Rural e Meio Ambiente poderia ser a solução à autêntica guerra e políticas radicalmente opostas que estão a fazer. Quando Meio Rural faz, Meio Ambiente desfaz.
O grande erro de Suárez Canal é ampliar as zonas agrícolas em montes, muito caras, quando se está a abandonar áreas tradicionalmente agrárias e plenamente produtivas; junto com políticas de reforestação com pinheiros realmente desafortunadas. Mas há milheiros de empresinhas de roturação de montes e reforestação que vivem disso. Haverá de romper essa dinâmica e planificar racionalmente a agricultura e o território, com a sustentabilidade e a ecologia de fundo.