Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sen o seu consentimento

A Feijóo parécelle que o PP actuou "de boa fe" ao incluír veciños do Grove nas listas vascas

A Axencia Española púxolle unha multa ao partido por empregar nomes doutras persoas alleas a el nas eleccións municipais de 2007. A dirección do grupo popular vai recorrer.

Redacción / EP - 18:30 02/10/2008
O líder do PPdeG, Alberte Núñez Feijóo

O líder do PPdeG, Alberte Núñez Feijóo

Esta semana a Axencia Española de Protección de Datos (AGPD) resolveu poñerlle á dirección do PP unha multa de máis de 60 mil euros por incluír nas listaxes electorais do partido en Euskadi, nas eleccións municipais de 2007, os nomes de varios veciños do Grove (O Salnés) sen o seu consentimento.

Hai que axudar aos vascos
A dirección do Partido Popular decidiu recorrer a multa, e esta quinta feira o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijóo defendía esta postura. O popular galego dixo que o seu partido actuou "de boa fe" neste caso "en todo momento", polo que se amosou partidario da decisión de recorrer a sanción "cos argumentos que se teñan dende o PP de Pontevedra".

Porén, Feijóo quixo insistir en "lamentar o acontecido" se o partido "errou en algo", aínda que considerou que "axudar aos paisanos vascos é algo positivo, e isto non significa que haxa que facelo co escrupuloso cumprimento da lei". O líder dos populares galegos terminou avogando por que o seu partido acredite ante a opinión pública e a Xustiza "se cumpriu ou se desviou da lei".


0/5 (0 votos)

Comentarios (7)

papuxa70 #1 2/Outubro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os que roubam e enganham de boa fe¡¡¡¡Gentalhaaaa

mceleiro #2 2/Outubro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Não têm a mais mínima vergonha.

Galizoo #3 2/Outubro/2008 Galizoo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noxo!

Amaeo #4 2/Outubro/2008 Amaeo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Também som amigos dos narcos e dos proxenetas "de boa fé", e franquistas "de boa fé", e torturadores "de boa fé", e nom sei quantas cousas mais "de boa fé". Abofé.

Garrano #5 3/Outubro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E coa mesma boa fe estiveron durante meses tirandolle os trastos a protección civil de Ogrobe, que se fora tal fulano que fixo non sei que, que se fora tal outro. Se recapitulamos o proceso cando menos a nivel xornalistico podemos tomar boa nota da boa fe do PP. Cantas cousas coma esta farían de boa fe se poideran?

curruvello #6 3/Outubro/2008 curruvello
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Oes, e por que "de boa fe" non se anotaron nas listas Nuñez Feijoo, O fillo de Baltar, Rueda e todos os demais compinches?

teixugo #7 3/Outubro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!111

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete