Al-Qaeda é a escusa coa que o goberno estadounidense creou un comando especial para actuar en territorio africano, malia que atrás estarían intereses estratéxicos.
"Non hai axenda oculta", declaraba aínda esta semana para a BBC o comandante William Ward, xefe da Africom, a forza que os Estados Unidos habilitaron para actuar en territorio africano. Ante os temores expresados nos últimos tempos sobre a posíbel cobiza sobre os recursos naturais do continente, fundamentalmente o petróleo, Ward rexeitou as acusacións e expresou que a intención do goberno estadounidense ten que ver, en exclusiva, coas preocupacións pola "seguridade" no continente africano.
O novo mando militar para África deseñado polos EUA botou a andar este mes de outubro e non con poucos problemas. O goberno Bush non conseguiu a beizón dos executivos de Marrocos, Alxeria e Nixeria para aloxar as instalacións do que sería o cuartel xeral desta forza militar. Así, inicial e paradoxalmente, o Africom ten sede en Alemaña, á espera dunha nova localización que, finalmente, podería ser Liberia, onde semella que estarían dispostos a aceptar as condicións estadounidenses.
É que no Sudán teñen que disimular. Alí anda todo patas arriba e poderíalles pasar como no Afeganistán, qsue cando entraron a intervir semellóulles ben doado mais a realidade das revoltas son demasiado turbulentas para o Imperio.
Por outra banda é unha amosa máis, doada polos mismísimos USA da sua laboura sin tacha polo mundo adiante: sempre onde poida haber petróleo e intereses enerxéticos sin que ninguen chame por eles. Sen dúbida acabarán tamén corridos a gorrazos, e ó millor tamén no seu propio territorio. É un descaro descomunal de novo no mundo.