Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESUPOSTOS DO ESTADO

Os homosexuais que estiveron na cadea durante o franquismo poderán pedir unha indemnización

As solicitudes serán estudadas por unha comisión integrada por representantes dos ministerios de Xustiza, Interior e Economía e Facenda.

Redacción - 09:00 02/10/2008

Segundo as últimas estatísticas elaboradas por colectivos de gais e lesbianas, un milleiro de homosexuais foron encadeados pola súa perigosidade social. Agora, o Estado pagará indemnizacións a aqueles que o soliciten e acrediten que o seu paso pola cárcere se debeu á súa condición sexual. As cifras varían entre os dous mil euros para aqueles que permaneceron entre dous e seis meses en prisión e os seis mil para os que estiveron tres ou máis anos. Así se reflicte nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2009, que ven de presentar o ministro de Economía.

Esta normativa diríxese a aquelas persoas que foron enviadas á cadea en aplicación da Lei de 1953 que, á súa vez, modificou a Lei de Vagos e Maleantes de 1933, ou da Lei sobre Perigosidade e Rehabilitación Social de 1974. Ademais, no caso de que esa persoa falecese, a súa parella pode beneficiarse desta indemnización: ben por ser o seu conxugue, ben acreditando a convivencia até, polo menos, os dous anos anteriores á súa morte.

Será unha comisión presidida pola Dirección Xeral de Costes de Persoal e Pensións Públicas quen avalíe cada unha das solicitudes. Á súa vez, este órgano estará formado por representantes dos ministerios de Xustiza, Interior e Economía e Facenda.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Comentarios (3)

Tarelo #1 2/Outubro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estas indennizacións son unha miseria, tendo enconta que se trata de persoas inocentes encarceradas, e o tempo que o Estado tarda en compensalo, etc.. Se eu fora un dannificado, dirialles que meteran a indennización por donde lles colla.

Roi #2 3/Outubro/2008 Roi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Porqué teño que pagar eu cos meus impostos o que fixo un dictador ilexitimo fai 40 anos? Busquen vostedes responsabilidades persoais, que as hai. Coido que un tal Fraga ten algo que ver no asunto.

Sara_Mago #3 3/Outubro/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#2 Reconhece-se implicitamente que o actual regime é herdeiro do anterior (primeiro porque é assim, literalmente, e segundo porque Espanha é um continuum de destino en lo universal)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete