Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOBE ATÉ OS 8,9 MILLÓNS DE EUROS

O orzamento da Casa Real non entende de crises

As dificultades económicas non se fan notar por igual en todas as partes do proxecto de Presupostos Xerais do Estado defendidos por Solbes.

Redacción - 19:05 30/09/2008
O goberno español continúa respectando os intereses da súa coroa

O goberno español continúa respectando os intereses da súa coroa

A casa real non sufrirá o vindeiro ano as consecuencias do mal momento que están a atravesar as economías asentadas no centro do sistema económico-financeiro mundial. Así, a partida orzamentaria adicada á familia real española ascende a 8,9 millóns de euros, o que supón un aumento porcentual do 2,7% con respecto aos 8,66 que terán recibido ao final deste ano 2008. Este crecemento de 240 mil euros contrasta co austero proxecto de lei para os Presupostos Xerais do Estado que o ministro de Economía presentou este martes.

Dentro das Altas Institucións do Estado, onde figura a Casa Real, o maior aumento rexistrarao o Consello Xeral do Poder Xudicial, que verá como o seu orzamento sobe un 5,8% para colocarse en 76,84 millóns de euros.

Conxélanse os salarios dos altos cargos

Outro indicador da delicada situación que afecta á economía española é o feito de que os salarios dos altos cargos se manteñan no ano 2009 iguais que neste 2008. Esta conxelación afectará ao presidente do Goberno estatal, así como a vicepresidentes e ministros, entre outros.


2,5/5 (8 votos)

Comentarios (17)

carxeva #1 30/Setembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Había que conxelalos a todos e eu case non chego a fin de mes... Manda truco!!!

zemalves #2 30/Setembro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Nunca entendi a razão porque os povos de Espanha, aceitaram um Rei que lhes foi imposto pelo assassino Francisco Franco! A Espanha de hoje é quase um caso unico em todo o Mundo, tem um Chefe de Estado, eleito por um voto!

Vakaloura #3 30/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu tampouco nunca chegarei a entender o porqué de que unha Xefatura dun Estado veña imposta pola vía vaxinal e non polo Sufráxio Universal dos votos. Polo demáis, cando os do común non chegamos nin ao vinte de cada mes, a Familia Real Española, non entende de crise. A isto chámaselle uns orzamentos austeiros e solidarios.¿non? Seguen a mexar por nós e temos que dicer que chove. ¡Pois manda carallo! Non sei que tipo de solidariedade é ista.

Vakaloura #4 30/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Perdoen os Sres. leitores pola reiteración, pero debo facer un pequeno inciso. "Agora rematará dicindo....por qué non calades?"

baltar69 #5 30/Setembro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

bueno, anque é vergonzoso e preocupante que co único voto do xeral ferrolán este cabaleiro se endilgue, el e a súa tropa, tamaño belizco que tanto adornaría a miña libreta da caixagalicia, tanto ou máis doloso me parece que toda a gleba de alcaldes, concellais, diputados proviciais, autonómicos, do congreso dos lións de madrí e da moi noble europa nos fagan o furado e nos vendan cada día cá milagrosa receita de que son votados libremente por electores que os premian pola súa valía de forma democrática. era boa si colara!!!
postos a roubarme, case prefiro que o faga o delfín do melífluo caudillo ( epañoles, en etos momentos en que contruímo una epaña donde lo parásito no encuentran acomdo... )que o alcalde do pobo ou o diputado provincial, mecagonamaiqueospariu. por que unha cousa é que te rouben pola xenerosidade de deus e outra que te roube o tipo ao que lle acabas de dala túa confianza en forma de voto.

xoselado #6 30/Setembro/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Bueno, eu non non considero que o Rei fose imposto por Franco.A constitución foi refrendada pola maioría do pobo e aceptada por case todas as forzas políticas.Non houbo ruptura e si continuismo do réximen.Pero o meu comentario vai en preguntar se alguén sabe a fortuna que fixo en tampouco tempo este home?

Vakaloura #7 30/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#5 Poida que non che falte algo de razón no que dís sobre os alcaldes, concelláis, deputados, etc. e que nos vendan o agasallo da súa valía democrática. Pero coido que, polo menos, a toda ista calaña de tropa sempre nos quedará o dereito ao patalexo e de non ir a votalos ou facelo en branco. Co Xefe do Estado nin tan siquer tivemos o dereito a ise patalexo. Foinos imposto...ou non?

Carlinhos #8 1/Outubro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#6 Deixas-me "gelado", xoselado; De quê de maioria e de que "povo" falas? Que era o "povo" de 1978, falas do povo EJpañol alienado, analfabeto politicamente e aterrorizado pola única alternativa possível segundo os herdeiros de Franco, nomeadamente outra "guerra civil", falas da burguesia catalá pouco interessada numha inexistente alternativa nom revolucionária; da burguesia basca que mantivo as suas estruturas no exílio e na clandestinidade e aos que nom deixaram participar na redacçom e nom foi aprovada ali . Todas as forças políticas!? Quando foi legalizada a UPG? Quando deixou (ou deixará) de ser criminalizada?
Dum PCE de Carrillo que passaria polo aro (se lhe deixassem) dum governo-CIA com Carrero Blanco?
Se falas desses "povos" e trinta anos depois concluímos que tes a reaccçom toda, perdom!.. a razom toda, as cousas pouco mudarom e se houver novo referendum no Estado aprova-se Monarquia, OTAN e pena de morte a terroristas e enfermos mentais e Galiza a primeira. E nós, os "inteligentuais" de Vieiros discutindo entre nós sobre a quadratura do aro da Coroa Espanhola...

remexendo #9 1/Outubro/2008 remexendo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Cando naceu unha das borbonas, a filla do Felipe, a Comisión Executiva do BN Gas envioulle unha mensaxe de felicitación á Casa Real

trapalleiro #10 1/Outubro/2008 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un goberno con tanto enchufado, con tanto amiguismo, como non ía ir encabezado por algo tan obsoleto como unha monarquía de graza divina e inzada no seu posto polo dictador predecesor? é así, unha vergonza, e non lle fagades unha caricatura porque a multa é máis grande que a neglixencia dun xuíz... manda carallo.

ecoe #11 1/Outubro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É que o Pasado volve para estrelarse na tua cara!!!

Qué proporción da población en idade electoral participou no refrendo prostitucional? De ésa (a que participou) cánta está falecida xa, e cánta dou a aprobación (o SI)?

Hai que facer contas, polo menos cos números (digo eu).

Nunca saímos do mesmo burato, sempre hai que volver sobre os mesmos asuntos, oi!?

Gaviotero #12 1/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

El incremento del presupuesto está en todo caso muy por debajo del IPC y bastante por debajo de lo que nos van a costar los sobresueldos de los altos cargos jalejos.

Esta Monarquía, símbolo de la Unidad de la Nación Española a la que pertenece la Comunidad Autónoma de Galicia, sigue siendo infinitamente más barata que cualquier Monarquía o Presidencia de la República de países europeos como el Reino Unido, Francia o Italia.

piorno #13 1/Outubro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Artigo sobre o papel do rei no golpe do 23-F:
http://www.nodo50.org/unidadci...

Un rey, golpe a golpe (versom em PDF, em catalám e espanhol):
http://www.kaosenlared.net/not...

Para #6 xoselado:
Nessa biografia nom autorizada fica bem explicado como umha das monarquias mais pobres da Europa passou em poucos anos a ser umha das mais ricas do mundo.

alboiando #14 1/Outubro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

morte a el-rei!

zemalves #15 1/Outubro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

xoselado! Que alternativas tinham os espanhois? Ou votavam aquela constituição ou ficava tudo como estava!Isso não é democracia, é chantagem!Que ninguem tenha duvidas, que o Rei só é Rei porque o Franco o quis!

maleiro #16 1/Outubro/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Reis, raíñas, urdangarines, cristinas, elenas, froilanciños, felipiños, marichalares etc. etc. etc.
PÓÑEDEVOS A TRABALLAR E DEIXADE DE CHUPAR DO BOTE.
Que non se lle dé nin un euro.

OBSERVADOR #17 1/Outubro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como que "presupostos"?????

aaaaaiiiiii que cruz!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete